Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

Semana Santa en Santiago
30 MARZO 2015

Semana Santa en Santiago

📍 Santiago

En la web oficial de Turismo se explica todo el programa religioso de la Semana Santa en Santiago Aquí tienes la dirección http://www.semanasantasantiago.com/

Mofa e Befa en Teo
27 MARZO 2015

Mofa e Befa en Teo

📍 A Senra, Café, en Teo

A SENRA CAFÉ CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO COA REPRESENTACIÓN DE 'SHAKESPEARE PARA IGNORANTES' Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Quico Cadaval representarán esta obra no Centro Cultural Pontevella en Pontevea, a partir das 22.00 h. Haberá servizo gratuito de autobús desde Santiago, ida e volta, con saídas desde a Bodeguilla de San Roque, a Bodeguilla de San Lázaro e Cacheiras Entradas: - 10 euros comprando con antelación as entradas en A Senra Café, Bodeguilla de Santa Marta, Bodeguilla de San Roque e Bodeguilla de San Lázaro - 13 euros comprando as entradas no despacho de billetes do Centro Cultural Pontevella de Pontevea

Grampoder
26 MARZO 2015

Grampoder

📍 Ultramarinos Compostela

Os Grampoder actúan o xoves 26 no Ultramarinos Compostela, venres 27 na Reserva en Carballo e para rematar, unha sesión vermú en Casa Castillo, en Betanzos.

Ler contos con difererentes sabores  da nosa lingua
26 MARZO 2015

Ler contos con difererentes sabores da nosa lingua

📍 Biblioteca Ángel Casal

A Biblioteca Pública "Ánxel Casal" organiza junto com a AGAL a atividade "Ler contos com diferentes sabores da nossa língua", a próxima quinta-feira, 26 de março, às 17h30 na Sala Infantil (a entrada é livre até completar a capacidade da sala). Nesta atividade participarão pessoas de Angola, Brasil, Portugal e a Galiza para ler contos dos seus países. Angola: Sara Vongula Brasil: Vivian Rangel e Márlio Barcelos Galiza: Ainda pendente de confirmação Portugal: Joana Martins Joana Martins finalizará a atividade com um ateliê para que as crianças galegas conheçam melhor o léxico galego-português.

125º aniversario da Escola Mestre Mateo
25 MARZO 2015

125º aniversario da Escola Mestre Mateo

📍 Casa do Cabido

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo presenta na Casa do Cabido unha mostra conmemorativa dos 125 anos do centro. A exposición, realizada polos estudantes da especialidade de Arquitectura Efémera como proxecto do curso, reúne pezas e material antigo, xunto cunha selección de obras realizadas polos alumnos nas diferentes especialidades ao longo destes anos. Así, poden contemplarse esculturas feitas en materiais diversos, pezas repuxadas, estilismos de moda, xoias, fotografías, vídeos, instalacións de arquitectura efémera e unha variedade de produtos deseñados polos alumnos.

Alma Afrobeat Ensemble
21 MARZO 2015

Alma Afrobeat Ensemble

📍 Casa das Crechas

A Casa das Crechas acolle este sábado un concerto de Alma Afrobeat Ensemble, un grupo internacional fundado en Chicago polo guitarrista Aaron Feder e agora afincado en Barcelona. Parten do afrobeat para levalo a un terreo que coquetea co Jazz, Rap, Funk, e outros estilos africanos como o Soukous ou M'Balax. Os seus concertos son unha festa continua de enerxía, baile e cambio social.

Campeonato Gallego de Coctelería
21 MARZO 2015

Campeonato Gallego de Coctelería

📍 Hostal de los Reyes Católicos

Juanjo Fernández, presidente de la Asociación Galega de Barmen, Diego Mosquera, vicepresidente y Adrián Villa, tesorero nos presentaron el campeonato gallego de barmen que este sábado por la tarde tendra lugar en el Hostal de los Reyes Católicos, con entrada abierta al público. Un certamen en el que se conocerá el mejor barman de Galicia y en el que también se verá un concurso de coctelería flairtending. Los barmen destacan el alto nivel en Galicia y destacan el gin tonic como el cocktail más solicitado

Paula Carballeira no III Festival Atlántica
18 MARZO 2015

Paula Carballeira no III Festival Atlántica

📍 Dado Dadá

III Festival Atlántica: O mércores 18 teremos unha nova función gratuíta, desta volta no CSC de Fontiñas ás 18:00 h, a cargo de Magda Labarga e Patricia MacGill. E  ás 21:30 h, , novamente no Dado Dadá, contaremos coa presenza, entre outros, de: Paula Carballeira, José Campanari, Ana Carreira, Avelino González,  e Charo Pita, que nos amenizarán a velada coa “Noite do Espectador”, adicada especialmente aos amantes do cine. E xoves 19 faremos a clausura do Festival con 3 espectáculos ben diferentes: - Primeiramente, ás 18:00 h, no Museo do Pobo Galego, Antonio Reigosa, Avelino González, Pavís Pavós, Ángeles Goas, Charo Pita e Rafa Quintiá, homenaxearán coas súas contadas a Galicia Encantada , no seu 10ª aniversario. - Máis tarde, ás 20:00, será Magda Labarga quen nos achegue, na Zona C, o seu espectáculo “Falar con estraños”. - E, para rematarmos esta xornada tan especial, gozaremos cos “Jogos da vida”, de Ana Lage, e  atracaremos este III Atlántica ata o ano que ven cun inesquecible peche de Festival na Nave de Vidán, no que mesturaremos contos e cantos, e danzas e risas a esgalla, das 22:00 h en diante . * Lembramos que no CEIP de Pedrouzos (Brión)  os rapaces seguen  navegando  polo Atlántica cos narradores do Festival: o mércores con Magda Labarga, e o xoves coa contadora portuguesa  Ana Lage;  iniciativa  que está a espertar moito interese entre o colectivo de pais e educadores doutros centros, e que repetiremos, con toda seguridade, en vindeiras edicións. http://festivalatlantica.com/ 

Ciclo de Novos Intérpretes
16 MARZO 2015

Ciclo de Novos Intérpretes

📍 Facultade Xeografía e Historia

XVII CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES DA ASOCIACIÓN GALEGA DA LÍRICA TERESA BERGANZA  9º Concerto   ROSANA DOMÍNGUEZ REY  soprano, RUI GRENHA  guitarra. Con obras de BACH, MOZART, DONIZETTI, BARBIERI, SCHUMANN, RAVEL, TURINA, PAREDES, SANZ e GUERAU   O Ciclo de Novos Intérpretes 2015 da Asociación Galega da Lírica entra no seu tramo final co penúltimo concerto, o noveno, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) o luns 16 de marzo ás 20.00h.   A soprano Rosana Domínguez abre o concerto cun variado programa con canción española, unha composición sacra e arias de ópera e romanzas de zarzuela.   Próximo concerto luns 23 marzo (clausura) Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)  

II Feria Caravaning Compostela
13 MARZO 2015

II Feria Caravaning Compostela

📍 Área Central

Hoy sábado se celebra la “II Feria Caravaning Compostela” en la Plaza de Europa, en donde los aficionados a esta práctica podrán ver más de cincuenta vehículos, entre caravanas, autocaravanas y carros-tienda, de las empresas más importantes y las marcas principales del sector del caravaning de Galicia. Este evento también pretende servir para descubrir entre las personas que no la conoce esta forma de ocio apta para todos los presupuestos. Su horario es de 11:00 a 20:00 horas y se podrá visitar hasta este domingo 15.

White Bats
12 MARZO 2015

White Bats

📍 Zona C, Santo Domingo de Bonalval 1

Hora: 20.30 A irrupción de White Bats (Madrid, 2014) na escena indie provocou reaccións inmediatas e efusivas. O mundo estaba a esperar aos Morcegos Brancos e o seu impecable primeiro EP "White Bats". Constrúen magníficos temas, deseñando un son tenso e expansivo, actualizando na escuridade unha actitude consistente e solemne, rebosante de estilo. Estarán acompañados do pop electrónico de Músculo!.

III Festival Atlántica
12 MARZO 2015

III Festival Atlántica

📍 Santiago de Compostela

Nesta primeira xornada  as contadas terán lugar no Dado Dadá, o xoves 12 de marzo ás 20:30 h. (“Contos Raianos”, con José Luis Gutiérrez “Guti” (Zamora) e ás 22:00 h. (“Os inocentes”, con Francisco “Quico” Cadaval). José Luis Gutiérrez “Guti” é  gaiteiro, cantador, bailador e, sobre todo, contador das historias tradicionais que pasean pola memoria colectiva. Francisco “Quico” Cadaval (Galicia), recoñecido narrador de Ribeira, lembra na súa contada que: “A inocência é umha das cinco maneiras de chegar á verdade. A inocência é umha das cinco maneiras de "nom saber". O prezo de cada contada  independente é de 6€; nesta xornada inaugural ofrecemos a posibilidade de asistir ás dúas por so 10€. As entradas pódense mercar por anticipado na Libraría Couceiro (o horario de atención ao público é de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 20.30 h.), e  media hora entes de cada función no propio local. Na nosa páxina web podedes acceder a toda a información do espectáculo: http://festivalatlantica.com/