Agenda
Roberto Sobrado e o seu 'Atlas de anatomía'
📍 Salón Teatro de Santiago
Roberto Sobrado grupo presenta o seu novo disco: Atlas de anatomía cun feixe de convidados especiais. Ademais, farán unha pequena homenaxe a Os Resentidos coa presenza de varios membros da banda, entre eles, Antón Reixa. As 21.00 horas en Salón Teatro
Enocións by Ribeiro
📍 Cidade da Cultura
A Denominación de Orixe Ribeiro e Pepe Solla suman forzas na segunda actividade do programa Enocións by Ribeiro, que vaise celebrar o 11 de xuño na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago. Pepe Solla ofrecerá catro creacións gastronómicas preparadas para harmonizaren cos viños da D.O. Ribeiro e as emocións vividas durante a realización do Camiño de Santiago. A presentación dos viños virá da man da catadora e directora de 5 Sense Wine, Cristina Alcalá. A música non faltará, a través dunha sesión de DJ Analís, e os asistentes poderán coñecer a exposición Camiño. A orixe cunha visita guiada en grupos reducidos.
A Jigsaw, dúo de Coimbra
📍 Fundación SGAE
A Jigsaw, dúo de Coímbra, presenta o seu último traballo, ‘No True Magic’, hoxe 11 de xuño dentro do ciclo Compostela Rock. Será na Fundación SGAE ás 21.00h. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00 h), no teléfono 902 434 443 ou na web entradas.abanca.com. Teñen un prezo de 5 euros anticipada e 7 euros o día do concerto. A revista francesa Les Inrockuptibles afirmaba en 2012 que A Jigsaw era unha banda á que era obrigado seguir. En 2014 esta revista sitúaa á altura de Tom Waits e Leonard Cohen e advirte que non se perda de vista ao dúo de Coímbra. E non é para menos: despois de tres anos e tras a edición do seu derradeiro traballo de estudio, os multi-instrumentistas Jorri e João Rui presentan o seu novo álbum NO TRUE MAGIC. As raíces continúan sendo o folk, o blues, a literatura e un concepto: a inmortalidade. Despois da perda da inocencia e da creación da identidade, A Jigsaw agora fainos referencia a aceptar os termos da nosa mortalidade. TRUE MAGIC foi composto e gravado no Blue House Studio (Coímbra) por A Jigsaw e mesturado e masterizado por João P. Miranda no Attack-Release Studio (Portalegre). Jorri e João Rui asumiron unha vez máis a produción deste traballo xunto á execución musical dos case 20 instrumentos diferentes que se utilizaron.
Concurso 'Feito a Man'
📍 Santiago de Compostela
Feito a Man é un festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que pretende xerar sinerxias entre os espazos singulares da cidade e a creación artística. Durante o mes de agosto, Feito a Man deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades artísticas de diverso xénero: Música- Cabaret- Instalacións- Performance- Teatro- Dj´s… Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación. CONCURSO -Deberase presentar un deseño que será a camiseta de este ano do Feito a Man. Esta será de cor negra ,a dúas tintas máximo. -Os deseños deberanse mandar a este correo wencesworld@gmail.com. -En formato JPEG a un mínimo de 300 ppi. - Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen. - Un mesmo autor/a poderá presentar o número de deseños que queira. - No cartel figurará rotulado: Feito a Man 2015 - O premio serán 150 eu . -O xurado deste concurso valorará a orixinalidade dos deseños, así como a súa eficacia comunicativa e o impacto e a calidade do deseño. - As modificacións que teñan que introducirse no deseño a posteriori de cara a sua impresión faranse co seu autor. -A data límite para a presentación de deseños é o 1 de Xullo de 2015
Uxía & Narf
📍 Salón Teatro de Santiago
Dous grandes da música galega, Uxía e Narf, presentan hoxe no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 21 horas o seu primeiro disco conxunto: ‘As baladas da Galiza imaxinaria’, dentro do ciclo ‘Sons’ do Concello de Santiago de Compostela. Neste traballo Uxía e Narf funden os seus repertorios nun disco conxunto que incorpora clásicos destes dous autores e tamén temas novos, como ‘Onda soante’ ou ‘Cantiga do neno da tenda’, e outros coñecidos pero inéditos, como ‘Encontrarte’ e ‘Nana de Zemambiquo’.
Curso de Iniciación ao Running
📍 Santiago de Compostela
A Fundación USC Deportiva organizará o vindeiro mes de xuño en Santiago de Compostela o I Curso de Iniciación ao Running e Técnica de Carreira. Adquirirán coñecementos sobre o adestramento e a adecuada práctica deportiva dos corredores orientado ás carreiras populares de entre 5 e 12 km e a súa preparación, así como métodos de adestramento, técnicas de carreira e estiramentos. O curso, destinado a corredores noveis maiores de 16 anos, dividirase nun bloque teórico e outro práctico, de 6 horas cada un. O bloque teórico terá lugar os días 8, 10 e 12 de xuño e o práctico, o 16, 18, 25 e 30 de xuño. O curso estará impartido por Xavier Castro e Xiana Guerra, ambos licenciados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e especializados no adestramento deportivo e no atletismo. Todos os interesados en participar nesta actividade deberán formalizar a súa inscrición a través da páxina web da FUNDACIÓN USC DEPORTIVA www.fundacionuscdeportiva.org. O prezo do curso é de 90 € e as prazas son limitadas (máximo 20 participantes) polo que se recomenda realizar a reserva de praza o antes posible xa que se respetará rigorosamente a orde de inscrición para a súa adxudicación. Pódese ampliar información sobre esta e outras actividades da Fundación USC Deportiva a través da páxina web www.fundacionuscdeportiva.org.
Novo disco de A Roda
📍 Bertamiráns
O grupo folk A Roda presentará o seu novo disco en Bertamiráns o vindeiro sábado 6 de xuño “Outra volta de roda” resume a traxectoria musical da banda viguesa con trece pezas reeditadas
Curso sobre as Illas Atlánticas
📍 Vigo
Estas xornadas iniciaranse o vindeiro día 6 do mes de xuño ata o día 12 no Centro de Visitantes do PNMT Illas Atlánticas de Galicia, no Edificio Cambón en Vigo O obxectivo é deseñar estratexias de sustentabilidade para o Turismo nos Parques Nacionais; formar e sensibilizar aos actores locais implicados, aos xestores dos espazos e doutras administracións relacionadas co turismo, entre outras. O curso terán unha duración de 37 horas e o número de prazas e de 25 persoas e a matrícula é gratuíta
Monólogo de Rober Bodegas
📍 Sónar, calle Mazarelos 4-5
MONÓLOGO DE ROBER BODEGAS SÁBADO 6 DE JUNIO 22:30H. ENTRADAS ANTICIPADAS EN A REIXA TENDA 6 € TAQUILLA 8 € Más información: A REIXA y SÓNAR
Casa da Troia
📍 Rúa da Troia, 5, 15704 Santiago
O Museo Casa da Troia volve abrir as súas portas durante o verán, dende este venres día 5 e ata finais de setembro. Ao longo do mes de xuño e ata mediados de xullo poderá visitarse os venres e os sábados; os venres en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 22:00 horas polas tardes e os sábados de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. O resto do verán o museo abrirá no seu horario habitual. Ofrécense percorridos guiados en galego, castelán ou inglés pola antiga pensión de estudantes que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa célebre novela de 1915. E tamén se manterán as xa habituais visitas dramatizadas, de xeito que revivirá a figura de Dona Generosa, a patroa da vella pensión estudantil. No mes de xuño e ata mediados de xullo estas visitas teatralizadas terán lugar os venres ás 11:00 e ás 21:30 horas e os sábados ás 11:00 horas. Poden concertarse visitas para grupos chamando ao teléfono do Museo: 981 585 159.
'O principio de Arquímedes'
📍 Teatro Principal
A obra de Teatro do Atlántico ‘O principio de Arquímedes’ que tivera que ser posposta por motivos de saúde do elenco, poderá verse finalmente o xoves 4 de xuño no Teatro Principal. As persoas que tivesen xa as súas entradas adquiridas para o venres 27 de febreiro, non teñen que facer nada xa que esa entrada será válida para a nova data; os que a adquirirán para o 28 de febreiro teñen que pasar polo despacho de billetes canxeala pola nova entrada que lle será reasignada na mesma butaca ou, de non ser iso posible, na máis próxima. Os que polo cambio de data non queiran asistir á función poderán devolver a entrada. ‘O principio de Arquímedes’ Os pais duns alumnos de clases de natación infantil, preséntanlle queixas á directora do centro sobre o inadecuado comportamento dun monitor que abrazou e bicou a un cativo coa intención de tranquilizalo do susto provocado por ter que prescindir do “salvavidas”… O conflito non deixa de medrar… Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces, de que puidera tratarse dun pederasta. A sospeita –provocada por un feito con tantos argumentos para que sexa fundada como para que sexa absolutamente infundada -, medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, polo que parece, xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade.
Cacharelas de San Juan
📍 Santiago
As solicitudes para as cacharelas poderán presentarse desde o 1 de xuño ata as 14:00 horas do 17 de xuño e deberán ir acompañadas dun plano de situación no espazo público tanto da cacharela como dos demais elementos instalados. Na zona urbana, as cacharelas non poderán superar os 3 metros de perímetro nin o metro de altura, mentres que no rural poderán alcanzar ata 6 metros de perímetro e 3 de altura, cunha separación cos edificios, árbores e mobiliario de 12 metros, agás no ámbito urbano. A normativa advirte tamén da precaución pola proximidade de redes de enerxía e materiais inflamables, así como da prohibición de queimar produtos derivados do petróleo, aerosois ou calquera outro que desprenda fume tóxico. No caso de situar as cacharelas en lugares públicos enlousados, será preciso protexer o pavimento cunha capa de area de 10 centímetros. Está expresamente prohibida a celebración de cacharelas nalgúns puntos de grande importancia patrimonial como as prazas do Obradoiro, Quintana, Toural, San Martiño Pinario, Cervantes, Inmaculada, Mazarelos, Irmán Gómez e Santo Agostiño. A hora límite para a celebración será as 3:30 horas da madrugada, tal que como establece a normativa da Xunta de Galicia no tocante a festas e romarías populares. Así mesmo, deberase cumprir a normativa para a prevención do consumo de alcohol a menores de idade e, ao remate, os responsables das cacharelas deberán limpar o espazo autorizado e coidar que as cinzas queden totalmente apagadas. Estas normas fanse extensivas para a celebración de todo tipo de actos durante todo o mes de xuño.