Agenda
Cass McCombs
📍 20:00 Salón Teatro Rúa Nova 34
O artista norteamericano chega a Santiago de Compostela para presentar o seu flamante novo traballo “Big Wheel and Others”, que supón o séptimo na súa imparable traxectoria e que de novo edita Domino Records, fogar de populares e prestixiosos grupos coma Franz Ferdinand ou Artic Monkeys.
Teatro infantil en portugués
📍 18:30 Salón Teatro Rúa Nova 34
Un espectáculo musical onde un actor e un músico teñen a misión de presentar un recital de poesía, pero acaban por mergullarse nun universo infantil de brincadeira e de aprendizaxe, no mundo secreto e onírico das palabras e dos números. Inventan códigos, personaxes imaxinarios e xogos, mentres os poemas se liberan da cabeza do neno Manuel. O espectáculo está dirixido a público infantil e escolar, e poderá ser presentado ao público xeral.
Strikeback + Mutant Squad + Display of Power
📍 Sala Capitol Calle de Concepcion Arenal 5
FUCK YOU! GET THRASHED! 2014 ha llegado. El sábado 18 de Enero, a las 20:00h, en la sala Capitol de Santiago D.C., tienes una cita con el mejor ThrashMetal gallego. DISPLAY OF POWER, la auténtica banda tributo a Pantera desde 2002, requiere de tu presencia en este festival para la grabación en vídeo de su nuevo espectáculo. MUTANT SQUAD y STRIKEBACK presentando nuevo material completan el cartel. Entradas: A Reixa Tenda y TNT en Santiago / Cervezoteca Malte, Katattoomba, Zink Tattoo en A Coruña / Kenlla Tattoo en Ferrol / Bar Bizarre en Vigo
Metamovida inaugura Compostela Rock 2014
📍 20:30 Sala Capitol Calle de Concepcion Arenal 5
Con este concerto arranca o Compostela Rock 2014… unha das propostas máis singulares que se poden ver na actualidade en Galicia, a da orquestra Metamovida, agrupación que non adoita ofrecer moitas actuacións polo que non se pode deixar escapar esta oportunidade. Como preámbulo, poderemos escoitar tres bandas cuxos membros forman parte da orquestra Metamovida: Unicornibot, Cró! e Guerrera.
Da Vinci tiña razón!
📍 Teatro Principal Rúa Nova 21
14 euros / 8 euros (anfiteatro) oferta de lanzamento: 10 euros (ata o 20 novembro) 12 euros (presentado a entrada do espectáculo Os tres desexos, contos de Topor de Quico Cadaval) Nova producción de Excéntricas ‘Da Vincia tiña razón!’ do dramaturgo Roland Topor. Nestos tempo que corren de pesimismo este é un espectáculo para facer rir que non deixará a ninguén indiferente. A última locura de Excéntricas.
Zapatos
📍 10:30 12:00 Zona "C" San Domingos de Bonaval 1
Regresa Caramuxo Teatro co teatro para bebés ¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha xoven rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa bela bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.
Festival 'Implícate!
📍 20:30 Teatro Principal Rúa Nova 21
‘Implícate! Noite de música e palabra solidaria’ é un festival que organiza Implicadas/os no Desenvolvemento na temporada de Nadal. Trátase dunha cita anual coa cultura e a solidariedade, xa que é un espectáculo no que se intercala música, teatro, danza e literatura, con audiovisuais sobre o traballo que leva a cabo Implicadas no Sur e en Galicia.
Os tres desexos
📍 21:00 Zona "C"San Domingos de Bonaval 1
Contos de Topor de Quico Cadaval
Paula Rojo inaugura Íntimo & Acústico 2014
📍 20:30 Salón Teatro Rúa Nova 34
A cantautora asturiana no seu novo traballo combina baladas convencionais con cancións nas que sobresaen arranxos tomados da música que ama, a mesma que practicaba Johnny Cash. Todo iso envolto nunha voz doce e moi xuvenil, a que corresponde aos seus 22 anos.
El pequeño Verne
📍 18:00 Teatro Principal Rúa Nova 21
O Pequeno Verne é unha obra de teatro infantil cunha peculiaridade, a unión de dúas técnicas teatrais de forte impacto visual: a milenaria técnica do Bunraku e Luz Negra. Os personaxes (marionetas) son de papel maché, goma espuma, pinturas fluorescentes e outros trucos... Estes son manipulados coa técnica do Bunraku, que consiste en mover estas enormes marionetas mediante varas que guiadas polos manipuladores exercen o movemento do moneco. Isto, unido á Luz Negra permite ao manipulador a maxia da invisibilidade, é o que dá vida e absoluto protagonismo aos monicreques, chegando ao esperado efecto visual e a unha gran sorpresa para o público en cada acción. FICHA ARTÍSTICA Dirección: Raúl Amores y Ricardo Cristóbal Manipuladores: Raúl Amores, Ricardo Cristóbal, Aitor Presa, Javier Del Arco, Zoe Sepulveda Música: David Bueno la compañía
Real Filharmonía de Galicia dirixida por Manuel Hernández Silva y al piano Martina Filjak
📍 21:00 Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións
Horario: 21.00 Programa Edgar Elgar Saúdo de amor Paul Hindemith Os catro temperamentos Franz Schubert Sinfonía núm. 4 en do menor, D. 417 “Tráxica”
Isi e Patricia Vázquez
📍 21:00 Teatro Principal Rúa Nova 21
Volven as Noites de retranca a un dos seus espazos preferidos: o Teatro Principal de Santiago. Volven cun novo show, nunca visto con anterioridade coa presenza de Isi e Patricia Vazquez.