Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

Depedro
30 ENERO 2014

Depedro

📍 21:00 Teatro Principal Rúa Nova 21

Jairo Zavala (Depedro) edita o seu terceiro disco, álbum produto das súas viaxes por todo o planeta con temáticas centradas en problemáticas locais.

'The telephone' de Menotti
29 ENERO 2014

'The telephone' de Menotti

📍 11:00 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións

A Real Filharmonía de Galicia interpretará a ópera 'O teléfono' de Gian Carlo Menotti que é unha divertida parodia que fai unha crítica, a xeito de farsa, sobre a carencia de comunicación nas relacións humanas. A estrea da ópera tivo lugar no Hecksher Theater de Nueva York o 18 de febreiro de 1947.

"En construcción" de Tristán Ulloa
26 ENERO 2014

"En construcción" de Tristán Ulloa

📍 20:00 Novagalicia Banco Auditorio Preguntoiro 23

En construción é un texto que combina o humor (as diferenzas de costumes), a crónica crítica (as sucesivas humillacións, os traballos cada vez peores), a alegría (os brotes de solidariedade, como un sol repentino) e unha melancolía crecente, que alcanza a súa culminación na preciosa escea da última conversa telefónica, co toque conmovedor do gato chinés.

Glub Glub
26 ENERO 2014

Glub Glub

📍 17:00 18:30 Zona "C" San Domingos de Bonaval 1

Caramuxo teatro presenta de novo o que fora o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado en Galicia. Unha montaxe para nenos de 6 meses a 3 anos acompañados por adultos. 'Glub, glub' conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para disfrutar cos fillos da primeira viaxe polo mundo do teatro.

Martín Varela presenta 'Manifesto'
25 ENERO 2014

Martín Varela presenta 'Manifesto'

📍 20:00 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións

MANIFESTO s. m. (Do latín “manifestus”): Escrito onde unha persoa dá a coñecer a súa ideoloxía ou as súas intencións. Aparicións, desaparicións, transformacións e teletransportacións de persoas, seres mitolóxicos, animais e mesmo espectadores!

Sumrrá
25 ENERO 2014

Sumrrá

📍 21:00 Teatro Principal Rúa Nova 21

En pleno proceso de xestación do seu quinto album, Sumrrá acomete a gravación audiovisual dunha xornada ao vivo. O xenuino trío de jazz galego documentará o seu paso polo Teatro Principal de Compostela, para deixar inmortalizada unha noite máxica e única, coma todas as citas Sumrrá. O sábado, 25 de xaneiro, Sumrrá inmortalizados, ao vivo, en Compostela...

Diana Navarro
25 ENERO 2014

Diana Navarro

📍 20:30 Auditorio Novagalicia Banco Preguntoiro 23

'A miña voz buscaba o vento para tocar o seu oído', o vento de Neruda como vehículo no seu namorado poema 20. A Diana só lle facía falta ese vento para dar na diana. A súa voz buscando un vento favorable para tocarnos os oídos do corazón. De feira en feira, como cada nena do Sur que se entrega á Copla para vivir nos escenarios, revoloteou o dragón que dorme na súa gorxa, inasequible ao desalento.

David Guapo
25 ENERO 2014

David Guapo

📍 22:00 Sala Capitol Calle de Concepcion Arenal 5

David Guapo es seguramente uno de los mejores showmans de España y, sin lugar a dudas, el de mayor proyección. En muy poco tiempo ha pasado de ser un perfecto desconocido a ser un fenómeno de masas que tiene incluso una entrada en Wikipedia. Si eres de otro planeta y no lo conoces, seguramente querrás saber un poco más acerca de él. Venta de entradas: red ticketea.com y A Reixa Tenda

Dorian Wood
24 ENERO 2014

Dorian Wood

📍 21:00 Teatro Principal Rúa Nova 21

Para comezar o ciclo Sons 2014 e como froito dunha nova colaboración co Festival Sinsal, o Teatro Principal acollerá a presentación do argelino de orixe costarricense Dorian Wood, que paseará o seu arrebatador carisma polos escenarios nun tour de dez concertos nos que entenderemos por que, como el dí, non está aquí para consolarnos. Porque o seu é someter ao público, enfrontalo, a unha especie de 'apocalypse, now' en clave pop.

Santi Millán
23 ENERO 2014

Santi Millán

📍 20:30 Teatro Principal Rúa Nova 21

Santi Millán Live! é un monólogo cheo de humor, sexo, música onde a improvisación e as notas musicais son a clave do éxito. Un espectáculo de humor ao máis puro estilo do showman máis divertido, polifacético e irreverente do panorama nacional. Santi Millán Live! conta coa colaboración do cómico revelación Javi Sancho. Un alumno avantaxado de Santi que acompaña ao anfitrión co seu show por toda a súa xira nacional.

BYE BYE HONEY
23 ENERO 2014

BYE BYE HONEY

📍 Salón Teatro Rúa Nova 34

"Bye, Bye, Honey" é un espectáculo de teatro musical de clase baixa, denominado así polo entorno social no que se desenvolve a historia "Bye, Bye, Honey" é un espectáculo duro, ácido e descarnado, como o lugar onde está ambientado e como a vida dos personaxes dos que fala, pero tamén como na vida, no espectáculo hai tempo para o humor, para o amor, e por suposto, para a música e as cancións interpretadas en directo. "Bye, Bye, Honey" ofrece unha galería de personaxes que se moven nun mundo poucas veces trasladado ós escenarios. Un mundo que existe cerca de nós, pero que rara vez temos a ocasión de contemplar en profundidade, fóra de tópicos e arquetipos. "Bye, Bye, Honey" conta a historia de Marta, unha rapaza de barrio, que non é un anxo nin é un demo, e que cando decide deixar a súa casa e a súa familia emprende un camiño incerto e perigoso, rodeada por todas partes de "Lumpen, pachanga e rock´n roll".

Taller sobre seguros
23 ENERO 2014

Taller sobre seguros

📍 Delegación de ADICAE GALICIA en Santiago de Compostela

Asegurados, ¿pero seguros? Taller para aprender a contratar un seguro de forma fiable y que a la hora de la verdad, las compañías aseguradoras no nos la jueguen. En la Delegación de ADICAE GALICIA en Santiago de Compostela, este jueves 23 de enero a las 19:30. Entrada libre y gratuita. Inscríbete en santiagodecompostela@adicae.net o llamando al 981.94.13.97