Agenda
Desayuno grow con Mario López Guerrero: "alcanza tus objetivos"
📍 TRYP Santiago Hotel
Hora: 10:00 Un hotel. Una mañana. Un desayuno. Un método. Conoce el método GROW que impulsa a millones de personas en el mundo a conseguir lo que se proponen. Usted será capaz de: Fijarse sus propios objetivos Ser consciete de lo que le está pasando para no alcanzarlos Encontrar las soluciones Tomar sus mejores decisiones El método GROW es una herramienta de garantía de creciemiento profesional y personal. Desayuno y MASTER CLASS Temporalización: 3horas
Imos á Banda!
📍 20.00 Auditorio de Galicia
Imos á Banda! Con obras de Reed, Talens, Couceiro e De Meij
AMOR FLEXIBLE
📍 21:00 Teatro Principal
Nesta vida todos queremos algo. Tristán quere a Eva. Eva quere os cartos de Tristán. Piluca viaxar a Cabo Verde co seu noivo Bembé. E para que todos consigan o que queren, os mozos teñen que casar antes de que Tristán descobra o segredo de Eva. Para isto as mulleres urdirán un divertido plan que poderá custarlle a vida ao rapaz. É unha comedia de rabiosa actualidade, cercana e amable, que profundiza nas relacións familiares e de parella. Coa excusa dos sete pecados capitais como eixo da estructura falamos da idealización do amor. Da crixe, e como esta afecta aos novos modelos familiares onde as nais teñen que ir vivir cos fillos. Da vida a partir dos sesenta anos e das segundas oportunidades. Dos que non se renden. Dos que buscan a felicidade. Falamos da muller galega loitadora, que vai na procura dos seus soños por lonxe que estes se atopen. Da maternidade. Do desexo de ser nai e da dificultade de educar aos fillos. E todo isto dende a óptica que mellor se achega ao público, o humor. Contamos neste proxecto coa colaboración dunha das mellores e máis queridas actrices do panorama galego. Umha muller cunha carrera chea de éxitos e personaxes inesquecibles. Dende a alcaldesa de Portozas de "Mareas Vivas" a viuva de "A vida por Diante". Estamos a falar de Mela Casal. E como o talento é a base dos nosos proxectos, completamos o reparto cos que foron os dous nenos prodixio da TVG. Guillermo Carbajo, o rapaz de "Pratos Combinados" e Tamara Canosa, a cativa de "Mareas Vivas". Un reparto de luxo para un divertido espectáculo que coida con atención ata os máis mínimos detalles escenográficos, lumínicos e musicais, creados polos mellores profesionais da escena galega. Alex Sampayo é un director e realizador coñecido principalmente no sector audiovisual, no que leva traballando máis dunha década.
Ernesto Sevilla en Falabaratos
📍 21:00 Teatro Principal Rúa Nova 21
O mellor do mellor de Ernesto Sevilla, o seu espectáculo máis completo, para visitar por primeira vez Santiago de Compostela. Non faltes á cita cun dos mestres do humor sub-realista. Subdirector, actor, guionista e realizador de 'Muchachada Nui' e "Museo Coconut". Ernesto Sevilla é un dos cómicos máis coñecidos da 'stand up comedy' española. É un dos responsables do éxito 'Chanante'. colaborou en numerosos programas de televisión, como 'Buenafuente' ou 'Cuatrosfera'. Para Muchachada Nui interpreta a personaxes como Marcial Ruíz Escribano, ou o pai do pequeno Rappel.
TÉ CON KANT
📍 Zona C (Bonaval)
20.30 (domingo 19.30) María Caparrini e Marta Pérez son Theodora Kraus e Johana Gottfried; dúas mulleres ilustradas de clase alta nadas en 1750 e 1748 respectivamente na cidade de Königsberg na Prusia Oriental, hoxe en día rebautizada como Kaliningrado. Coetáneas de pensadores, matemáticos e filósofos como Inmanuel Kant, Rosseau, Voltaire, Motesquieu, Johann George Hamann, Lessing, Leonhard Euler, David Hume... viven e sofren a discriminación de non ter acceso á universidade por ser mulleres. Que é Té con Kant? UN ESPECTÁCULO DIFERENTE: CREACIÓN, HUMOR E MANIPULACIÓN DE RECORTABLES. Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía. Estas dúas mulleres ilustradas ante a inxustiza acometida polo propio sistema, de non ter acceso á universidade, e como herdeiras das primeiras feministas da historia durante o medievo francés como Christine de Pisan e Olympia de Gouges, deciden nunha das súas reunións nos salóns de mulleres da súa época, un acto de revelación: travestirse para ter acceso a algo que a historia lles roubou e que merecen por dereito propio, isto é: acceso ao saber.
No More Lies + Gram Poder
📍 21:00 Zona C (Bonaval)
No More Lies, trío formado por Santi García, Màxim Triviños e Roger Ortega- ofreceranos unha dose de post-hardcore revitalizante. Inicia o concerto o grupo de pop-rock psicodélico de Santiago de Compostela, Gram Poder. No More Lies saca o seu cuarto disco. "In the shade of expectation" será o seu título e a primeira referencia en 8 longos anos en que tivémonos que conformar con escoitar en bucle "41º46.5'N 3º1.9'E". A banda regresa con máis forza que nunca. O trío mesturou a súa última obra en Estocolmo xunto a Pelle Gunnerfeldt (Randy, Refused, Fireside, Starmarket ou The Hives).
SONDESEU
📍 20:30 Auditorio Novagalicia Banco
Coa edición do seu cuarto disco, 'Danzas Brancas', Sondeseu confirma a consolidación dun proxecto no que espectáculo e virtuosismo camiñan da man. Froito dunha experiencia didáctica levada a cabo no Departamento de Música Tradicional e Folk da Escola da Artes e Oficios de Vigo (actual ETRAD), nace Sondeseu como a primeira orquestra estable de Europa con repertorio folk: unha formación de corenta músicos que interpretan música tradicional de Galicia arranxada especificamente para una ampla variedade de instrumentos: zanfonas, arpas, gaitas, voces, percusións, violíns, bouzoukis, contrabaixo e requintas. A súa irrupción no panorama folk, na edición de 2004 do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, foi referendada por unha enorme aceptación entre os públicos más heteroxéneos, tanto de España como de Europa. A combinación de instrumentos tradicionais e outros procedentes do folk dá lugar a un timbre único, tan característico desta formación como a enerxía que se desprende do escenario e que, invariablemente, acaba contaxiando á audiencia. Ademais de Ortigueira, cómpre destacar no seu currículo os concertos no CeltFest de Cork (Irlanda, 2005 e 2006), no festival Etnohelmántica (Salamanca), Helsinki Music Centre, Intercéltico de Lorient (Bretaña, 2006 e 2009), Expo-Zaragoza 2008, Celtica Aosta ou Teatro Circo Price. Sondeseu encabezou entre 2010 e 2012 o Proxecto ENFO (siglas en inglés da Rede Europea de Orquestras Folk). Auspiciado pola Axencia Europea para a Educación e a Cultura (EACEA) e orientado á constitución en Europa de novas orquestras de música folk, este programa levou á formación a Italia e Finlandia. En decembro de 2013 Sondeseu Orquestra Folk de Galicia levou a cabo en Vigo presentación do álbum Danzas Brancas, o seu cuarto traballo discográfico. Sondeseu Orquestra Folk de Galicia está dirixida por: Rodrigo Romaní. Director executivo de Sonde-seu Orquestra Folk de Galicia. Dirixe a sección de arpas. Anxo Pintos. Director da sección de zanfonas. Xosé Liz. Coordinador das seccións de Requintas e Bouzoukis. Alfonso Franco. Responsable da sección de violíns. Francisco Javier Feijoó, “Chisco”. Director da sección de canto da Orquestra. Xaquín Xesteira. Director das seccións de percusións e gaitas.
Leiva
📍 21.30 Sala Capitol
Desde hace años Leiva busca la fórmula, ese Santo Grial que permite, al que lo posee, crear canciones que permanecerán vivas hasta la eternidad en la memoria popular. Pólvora no es el siguiente disco de Leiva en solitario, es un capítulo fundamental en su carrera. Venta de entradas: Taquilla Mediaset, Red Ticketmaster y A Reixa Tenda en Santiago.
Miss Caffeina
📍 22:00 Sala Capitol Calle de Concepcion Arenal 5
Gira GPS
PABLO SEOANE TRÍO
📍 21:00 Teatro Principal
O pianista ferrolán Pablo Seoane presenta "Inópia", o seu terceiro disco co Pablo Seoane Trío, formación que lidera dende 2002. Un feixe de composicións orixinais articuladas dun modo case vexetal, como variacións duns poucos e breves temas, fíos que circulan, aparecen e desaparecen ao longo do traballo enteiro e que funcionan, en fin, como detonante dun exercicio de aberta improvisación colectiva. Pablo Seoane nace en Ferrol en 1968, estuda música e filoloxía inglesa en Coruña, Salamanca e USA (Wake Forest, NC). Desde hai mais de quince anos desenrola unha intensa actividade como pianista e compositor en distintas formacións xeralmente vencelladas ao jazz e a improvisación libre (dentro e fora da península ibérica). Ten composto música para teatro e levado a cabo tarefas docentes en diversas institucións (recentemente, no Conservatorio de Ferrol, por exemplo). Entre as súas últimas actividades figuran a xestión das jams-sessions semanais de improvisación libre no Café El Puente (en Compostela, xunto a LAR Legido) e a dirección, en colaboración con Javier Turnes, duns multidisciplinares "Encontros de Filosofía e Música. Pensar a voces" que se celebraron en Cee no outono del 2012. Cabe destacar tamén, no último ano 2013, a publicación dos discos "La Bambola Malata" (mestura de ópera de peto e improvisación libre, xunto a LAR Legido e a artista plástica Lúa Gándara) e "Abisal" (piano e cuncos tibetanos, con Gabriela Acosta). L.A.R. Legido, percusionista, investigador sonoro e profesor de batería. Nado en Valladolid en 1975. Recibe a súa formación en Madrid no Taller de Músicos e no CEDI, e, en Boston no Berkelee College of Music. Traballou durante tres anos coa orquestra de Improvisación libre FOCO. Colaborou con escultores coma Oscar de Paz ou Jorge de León, compañías teatrais coma “La Danaus”, proxectos de danza como a compañía “La Inesperada”. Entre os seus múltiples proxectos está o seu traballos con ADN, S.E.M. Big Band, Abe Rábade Trío, Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón, o trío Sumrrá e o proxecto Aquófono Galicia. José Manuel Díaz, contrabaixo, nace en Matanzas, Cuba. Estudou contrabaixo na Escola Nacional de Música de Habana e no Instituto Superior de Artes. Participou en diferentes proxectos dende a música clásica ata o Jazz (Enrique Pla, Sexto Sentido, Alejandro Vargar Cuarteto). Xa en Galicia participou no proxecto galego-cubano 'Descarga ao Vivo'. Ten tocado co grupo Marful e forma parte do grupo da cantora Guadi Galego.
Standstill
📍 21.30 Auditorio Novagalicia Banco
SON Estrella Galicia presenta en colaboración co Concello de Santiago no marco do Ciclo Compostela Rock a Standstill. Chegan con Cenit, o espectáculo no que presentan ‘Dentro de la luz’, o seu sétimo disco, o cuarto en castelán. Eles falan del así: “E a sensación ao acabalo é a de facer, posiblemente, o noso mellor disco. Quizais é pronto para valoralo, aínda que é unha sensación que, desde logo, non se ten sempre. En calquera caso, a intención nun principio foi, simplemente, atopar, con poucos e claros elementos, o noso son a día de hoxe, e facer un disco compacto con iso (parece unha obviedade pero, por exemplo, co anterior "Adelante, Bonaparte" era case o contrario). As cancións eran máis luminosas, a "banda" máis incorporada que nunca ás composicións, as letras e o momento a comunicar, sen dúbida, menos melancólico, máis vitalista... A sensación xeral foi de estar, de feito, revitalizados. Os elementos cos que queriamos xogar resultábannos estimulantes: moitas voces, moitas percusións, sintetizadores (non hai ningún baixo no disco)... e entendemos que, dalgunha forma, podiamos buscar o noso son no contraste entre a nudez/pureza da voz humana (coral incluída), e unha instrumentación esencialmente fría, sintética e atropeladora; parecíanos que podía defender ben uns textos que, en esencia, falan dunha alma que se busca a si mesma e un mundo (herdanza cultural, herdanza familiar, etc...) con fins propios, que interfire constantemente nese camiño. "Dentro de la luz", debido a importantes cambios persoais, e a diferenza de discos anteriores, pregúntase como esa herdanza interfire tamén e quizais sobre todo no amor; no sentido e lugar que este ocupa nas nosas vidas. O disco está cheo de preguntas directas ou indirectas nesa dirección. Na medida na que un é capaz de (re)coñecerse a si mesmo, pode pór o amor no lugar adecuado e, en definitiva, ser capaz de amar. O disco acaba sendo, nese sentido, unha celebración por atopar a esa outra persoa. Ábrese así un ton e unha perspectiva nova: de renacemento, de esperanza e de espiritualidade no sentido mais amplo da palabra. Dalgunha forma, esa reivindicación de pureza, e esa loita contra os fundamentos conservadores e materialistas, por chamalos dalgunha maneira, apela a unha especie de revolución pendente, mais solitaria, profunda e difícil. Todo iso podería emparentar "Dentro de la luz" con "Memories Collector" (2003), ou "Vivalaguerra" (2007) enerxética e conceptualmente, pero esta vez nun campo de batalla que pasa a ser un mesmo, en lugar dese suposto mundo exterior.”
Festival SantiAutor 2014
📍 Pub Sonar, Rúa Mazarelos, 4-5
El Festival SantiAutor llega ya a su quinta edición. Para celebrar estos cinco años de un certamen ya consolidado, se programaron ocho conciertos en la Sala Sónar. El primero se celebrará el 28 de febrero y tendrá como protagonista un artista joven compostelano, Fredi Leis. El 8 de marzo será la vez del violinista madrileño Marino Sáiz, mientras que el 15 de ese mismo mes actuará Xabier Díaz, una de las voces más autorizadas del panorama musical gallego. El siguiente concierto será el de Luis Ramiro, uno de los referentes de la noticia música de autor española, el 22 de marzo. Cerrará el programa del mes, el día 22, la cantante cántabra Gastelo. El certamen se completará en abril con otros tres conciertos, el primero de los cuáles será el del cantautor catalán Rafa Pons (5 de abril). Para el 12 de abril se preparó un concierto doble a cargo de Rozalén y Paco Cifuentes. Esta edición 2014 del SantiAutor concluirá con el esperado concierto de Marwan.