Agenda
Capas
📍 19:30 Teatro Principal
O acto de ser anfitrión é un acto recuberto de capas. Chegar, atoparse e estar dispostos a partir... unha forma de vida. Convidámosvos a entrar entre cheiros de casa e sons de memoria, a compartir as nosas ilusións, a gozar de momentos brillantes, catastróficos, íntimos ou sinceros. Unha volta ás nosas orixes cun transfondo de xenerosidade lévanos a descubrir os nosos segredos e os nosos mundos, desposuíndonos das capas que nos cobren para ensinar o noso ser.
Quique González en el Compostela Rock
📍 21.30 Sala Capitol
El pasado mes de octubre, con la intención de mostrar el proceso vital de las canciones, Quique González publicó 'Delantera Mítica, Obra Completa'. Tras su gran éxito en otras ocasiones, Quique vuelve a Galicia en una nueva cita de su gira tras recibir el galardón al "Mejor Disco del 2013" en los premio Rolling Stone. Venta de entradas: Red Ticketmaster y taquilla del Teatro Principal (18h-21h de martes a sábado) / A Reixa Tenda
Iniciación al control de iluminación sobre MagicQ
📍 Cidade da Cultura, Santiago de Compostela (A Coruña)
Este taller de dos jornadas será impartido por Ben Díaz, y ofrece una introducción a los conceptos básicos del sistema así como una descripción detallada de las distintas metodologías de trabajo para operarlo en directo. MagicQ es una de las plataformas de control más versátil y potente del mundo, diseñada para gestionar iluminación y vídeo en directo. A través de su software gratuito y distintas opciones de hardware, Chamsys ofrece un sistema completo y funcional para su aplicación en espectáculos, eventos de todo tipo y también en entornos audiovisuales como el cine o la televisión. TEMARIO: - Introducción a MagicQ: Descripción básica del sistema. - Comparativa inicial respecto a otros sistemas de control: Avolites, ETC, Wholehog, MA. - Tutorial básico: Patch, paletas, control de aparatos, cues, playbacks. - Simulación del directo: Visualizador interno, opciones de cue stack, ejecutores. FECHAS Y HORARIOS: Sábado 3 de Mayo de 2014, de 10:00h a 14:00h y de 16:00h a 20:00h Domingo 4 de Mayo de 2014, de 10:00h a 14:00h y de 16:00h a 20:00h Más información y venta de inscripciones en http://www.planetanamec.com
Chove!
📍 Zona "C"San Domingos de Bonaval 1
Sábado 3 maio 2014 17:30 18:30 Domingo 4 maio 2014 17:30 18:30 O amparo dos paraugas, brincar nas pozas e charcos, o divertido da choiva... todo o que é causa dela e que tanto nos gusta: a herba, as árbores, as flores, as hortas, alimentos, as paisaxes verdes, etc. Dúas personaxes que ensinan ao público con xogos, bailes e enredos que cantidade de cousas nos trae a choiva, antes e despois de que ela veña ou marche. En fin, referímonos á choiva positivamente e non a condenamos porque cando chove non podemos saír, xogar, ....!!
FANFARE CIOCARLIA
📍 21:00 Teatro Principal
Fanfare Ciocarlia é unha orquestra xitana de metais provenientes dun pequeno pobo no noroeste de Romanía chamado Zece Prajini. A súa enerxía e enxeño conquistaron os escenarios de todo o mundo. Ao herdar a súa profesión de músicos e os seus instrumentos dos seus pais e dos seus avós, toman cada concerto como unha competición na que teñen que demostrar porque chegaron ao lugar destacado no que se atopan hoxe e porque se converteron nos responsables de manter vivo o verdadeiro espírito desta música. Cando a Fanfare Ciocarlia sobe ao escenario o público pode estar seguro que o que vai escoitar é autentica e verdadeira música xitana (“gypsy music” ou ” balkan music” como se fixo internacionalmente famosa) Esta formación provén do pequeno pobliño , Zeca Prajini, no noroeste de Romanía. É neste lugar illado do mundo, situado nun val semioculto pola bruma, ao que se accede por camiños sen asfaltar, apenas transitados, que ocupan familias de gansos e de cabalos, é alí, onde aínda hoxe viven unhas oito familias de xitanos que se dedican á agricultura ao xeito tradicional dos campesiños sometidos ao ritmo de cada estación climática. Este illamento mantívolles sen moitas noticias do mundo exterior durante a época comunista pero á vez permitiulles conservar intacta a antiga tradición otomá de acompañar con orquestras de metais (brass bands), desfiles militares, as vodas e os funerais, algo que no resto de Romanía practicamente desapareceu. Un día apareceu por alí un mozo alemán, apaixonado pola música, que se convertería no súa descubridor e que hoxe é o seu produtor, Henry Ernst. Así foi como en 1997 Fanfare Ciocarlia (Ciocarlia significa "canto de alondra"), conquistaría Europa , volvendo tola a unha audiencia na que convivían punks con crista, skins coa cabeza rapada, amantes do jazz, do funk, da world music ou simples afeccionados en busca de música que soe auténtica. Ata chegaron a actuar nos sagrados templos da música clásica. Os membros desta formación, aínda que só falan un dialecto local do "romaní" (idioma xitano), utilizan a linguaxe internacional da música e é que a música de Fanfare Ciocarlia é algo novo que non existía antes. Os discos da Fanfare Ciocarlia introduciron os ritmos balcánicos nas pistas de baile dos clubs de todo o mundo e os espectadores responden ao poderoso "funk balcánico" convertendo os concertos en auténticas festas. Así sucedeu tamén en Norteamérica, Xapón e Australia. KAIRA MUSICA. Ese ritmo vertixinoso que rompe e racha, a forma de colocar a súa boca e os seus beizos na boquilla do instrumento, o son suave e áspero á vez das súas trompas, fanos completamente diferentes a calquera outra orquestra de metais do mundo. Calquera que presencie un concerto deles pode asegurar que non viu nunca tocar a ningunha fanfarra como o fan eles. Paralelamente ao éxito obtido entre os críticos especializados e os medios en xeral Fanfare Ciocarlia participaron en varias películas de cine (“Contra la pared” de Fatih Akin, Princes Amongst Man , Borat, ou “Crimen Ferpecto” de Alex de la Iglesia) ademais de ser sampleados, copiados e imitados por centos de dj's, artistas rebotados do rock e do indie, directores de cine en paro e fanfarrias da competencia. A súa radical interpretación de clásicos da música occidental como o tema central do "Agente Secreto 007” ou o tema "Caravan"de Duke Ellington mostran a súa capacidade para poñer o seu selo naquilo que tocan. A Fanfare editou ata a data oito discos discos, a maioría deles colocados nos primeiros postos das listas de world music. O próximo será o noveno co título “Devil’s Tale” . Na Fanfare Ciocarlia se confronta co guitarrista canadense Adrian Raso, virtuoso do jazz. Ademais participaron en dúas superproducións musicais como “Gypsy Queens & Kings” que xuntou no mesmo escenario aos mellores músicos xitanos e "Balkan Brass Battle" que enfrontou cara a cara aos rumanos coa coñecida orquestra serbia ” Boban i Marko Markovic Orkestar ” nunha pacífica liorta musical que recorreu os máis prestixiosos festivais internacionais. En España déronse a coñecer no inesquecible espectáculo “El Tiempo de los Gitanos” no que se intercalaban entre os inesquecibles Taraf de Haidouks, Esma Redzepova e Los Gitanos de Rajastán. O seu DVD “Brass On Fire” foi sinalado pola revista especializada "Songlines" como un dos documentais musicais máis innovadores.
WHY GO
📍 20:30 Zona "C"San Domingos de Bonaval 1
WHY GO é unha banda viguesa con máis de dez anos de historia ás súas costas. Neste 2014 presenta o seu segundo álbum chamado "Kara", onde se mesturan de xeito especial diversas áreas artísticas. Baixo o formato de libro-cd, unen ás súas mans as artes da ilustración, o relato curto e a música, para expresar unha serie de sentimentos universais para as xentes do mundo actual. Acompañados polas ilustracións da artista moldava Natasha Lelenco, a banda realiza a súa correspondente Banda Sonora Orixinal (BSO) onde predomina a variedade de matices e texturas musicais dentro do xénero rock experimental.
Bart Davenport
📍 21.30 Capitol Club - Santiago de Compostela
A Reixa Tenda, toda una institución en música en Galicia, colabora con el ciclo 'Baixo a Vide' con la oportunidad de traer a Santiago a Bart Davenport, el genial bardo de Los Ángeles. Lo disfrutaremos en un acogedor Capitol Club en el que estará acompañado de su banda y presentando su nuevo y esperado trabajo del que se puede escuchar un adelanto vía Pitchfork. Entradas a través de A Reixa Tenda y Ticketea
Jardín de la Croix
📍 20.30 Zona C (Bonaval)
Jardín de la Croix é una banda instrumental, formada no 2006 en Madrid, que practica unha mestura entre o Post Rock, Math Rock e Rock Progresivo. Dende a súa formación, a banda publicou 3 discos, o último deles en febreiro do 2013 titulado «187 Steps to cross the Universe». Os 4 temas que forman este disco, homenaxean a vida do inventor e enxeñeiro croata Nikola Tesla, explorando situacións vividas e facetas da súa vida cotián. O disco foi gravado nos estudos "Sadman Estudios" en Madrid baixo a man do galego Carlos Santos y masterizado por Jens Bogren (Fascination Street). Tódolos seus discos pódense descargar e escoitar gratuitamente. Ao longo destes 8 anos compartiron escenario con bandas de gran renome internacional coma: Russian Circles (USA), This Will Destroy You (USA), Caspian (USA), God Is an Astronaut (UK), Baroness (Usa), Graveyard (Ger), And So I Watch You from Afar (UK), Maybeshewill (UK), Scale the summit (USA), The Ocean (Ger), Amplifier (UK); e tamén outras bandas nacionais coma Toundra e Adrift. Neste 2014 publicarán 1 videoclip, 2 live studio, continuarán coa presentación do disco e seguirán co proceso compositivo do seu 4 albume; preparando un 2015 cheo de grandes novas coma unha xira europea e a publicación deste mesmo albume. Veñen a Galicia por primeira vez na súa traxectoria xa consolidados coma unha das grandes bandas do panorama underground nacional e cun potentísimo son en directo a base de frenéticos tappings e trocos de ritmo electrizantes.
Moondogs Blues Party e Carlos Childe & The Slave Rhythms
📍 21:00 Sala Capitol
Cita dobre ineludible co blues galego: os coruñeses Moondogs Blues Party e Carlos Childe & The Slave Rhythms chegan a Santiago para presentar senllos novos traballos discográficos. As dúas bandas móvense con comodidade entre o blues, a psicodelia, o folk, o rhythm & blues ou o jazz melódico. Dúas apostas seguras do blues “made in Galicia”… calidade sen paliativos.
Actuación de Funkatro
📍 Cervecería Merlego. C/ Aungustia, 22. Compostela.
La formación Funkatro que lidera el bajista Álvaro Muras actuará en la celebración de los diez años que programa la cervecería Merlego de Santiago de Compostela. Una noche musical con cuatro músicos donde se podrán escuchar nuevos temas del grupo, variedad de estilos dentro de la fusión que practican y alguna que otra improvisación. Será el: Miércoles 23 de abril. Álvaro Muras Funkatro Cervecería Merlego 23:00h. Entrada libre C/ Angustia, 22. Santiago de Compostela Un saludo y gracias por la atención prestada. www.alvaromuras.com www.fusionarte.eu
LA ODISEA
📍 21:00 Auditorio Novagalicia Banco
A persoal lectura de Rafael Álvarez do clásico de Homero. A Odisea é un proxecto que se integra nunha liña de traballo sostida durante anos seguindo o estilo propio do "actor solista", tradición europea que se remonta aos xuglares antigos e cuxo expoñente máis prestixioso é o premio nobel Dario Fo.. Nota do AutorA Odisea segue o impulso de espectáculos como Lazarillo de Tormes, El Quijote ou El evangelio de San Juan. Sobre a base dun referente clásico de ampla difusión cultural ofrécese ao público unha lectura renovada dos mesmos motivos antigos, tratando de extraer os valores contidos neles, nunha época na que a información, ás veces, menoscaba o sentido e a orientación final do coñecemento. Como sempre estas preocupacións latexan debaixo dun esquema sinxelo que fai do espectáculo directo, vivo, popular e nun constante manexo do humor como fío condutor o relato. A Odisea incorpora a música en vivo con instrumentos tradicionais antigos que remiten ao contexto musical de Oriente, Turquía, Bizancio e a India: táboa Hindú, pedais, Citar, notas sostidas, etc.. A Odisea presentará un mundo fantástico para un público que non ten tempo para ler estes textos pero que está ávido deles no marco dos grandes festivales do teatro clásico deste país. O espectáculo estará conectado desde a perspectiva e o punto de vista da Deusa Palas Atenea, verdadeiro artífice das aventuras de Ulises a través da súa orixe de retorno a Ítaca, Ulises aparece como un instrumento eficaz para que a deusa despregue a súa acción e a súa enerxía no mundo: a transformación do instinto primario que leva ao home (a Ulises) á violencia, nunha forza positiva e civilizadora que a conduce á paz. Atenea é deusa da Paz, a Sabedoría, a Misericordia e patroa da Democracia. A luz, a escenografía, a música e o ritmo da comedia que pretende unificarse neste espectáculo coa prosodia clásica e unha adaptación do texto que traballou sobre as versións dos máis prestixiosos helenistas deste país. A Odisea pretende extraer os valores simbólicos implícitos no relato e prodigalos cunha linguaxe alcanzable ás pretensións do teatro popular.
NACH
📍 21:00 Sala Capitol
NACH tennos afeitos a viaxar pola cidade a ritmo de rap. Os seus seis albumes musicais e a súa dilatada traxectoria profesional, de máis de 15 anos, aválano. Nesta ocasión, a viaxe continúa... Pero agora NACH proponnos un vehículo distinto e, aínda que o decorado segue sendo a cidade, fonte de inspiración, regresa escoitando novas partes da alma, deixando oco á introspección, sen regras preconcibidas nin rimas enxauladas en ritmos ou esquemas determinados. NACH, con esta nova entrega, demóstranos a súa multidimensionalidade como artista e invítanos a compartir a súa viaxe a través do SLAM ou, o que é o mesmo, a través da poesía oral interpretada. LOS VIAJES INMÓBILES supón un voo sen motor, coa palabra como impulsor das emocións e coa música como catalizador das sensacións. Unha intensa viaxe cara ese, ás veces, esquecido e maltratado interior pero que non require rozamento nin esforzo físico. Aquí colle a existencia, o amor, a esperanza, a frustración, o medo e infinidade de sensacións, sempre coa cidade como telón de fondo. O peso compositivo da música corre a cargo do pianista MOISÉS P. SÁNCHEZ acompañando así cunha gran calidade e sensibilidade especial a todos os recitados deste disco. Trátase dun traballo que vén demostrar, de novo, a polivalencia creativa de NACH, desmarcándose de calquera etiqueta ou tendencia pechada e demostrando que, máis alá de tribos, de culturas e de modas, é un artista que flúe sobre as augas da máis candente actualidade sen perder o amor pola poesía de formatos máis clásicos. Porque en toda a súa amplitude e grandeza, NACH é un artista da palabra.