Agenda
PEQUENOS ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS
📍 21:00 Teatro Principal
Unha historia de amor entre un mozo e unha moza que se coñecen cando ela vai a un comercio e pide un orzamento para mercar unha cantidade desproporcionada de pintura rosa; namóranse cando rouban un Papá Noel luminoso da decoración pública do Nadal, e pasan unha crise de parella cando veñen de sacar todos os cartos do banco. É evidente que nos enganan e nos manipulan. Só interesamos como consumidores ou como votantes, que é o mesmo. Como podemos cambiar esta situación? Pasando á acción. Tomando a revancha pola nosa conta. Non seremos quen de darlle a volta ao sistema, pero podemos darnos pequenos caprichos. Como? Levando a cabo pequenos ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos. Premios María Casares 2013. Mellor texto orixinal. Mellor actriz protagonista Un espectáculo cómico-político-absurdo baseado nuns textos escritos a partir dun proceso de investigación e creación colectiva, protagonizados por dous personaxes que deciden emprender accións de protesta de xeito privado e individual para expresar o seu desacordo con institucións públicas e privadas ante as cales non atopan outro medio de manifestarse, aínda que con estas iniciativas non vaian solucionar "nada". Unha comedia romántica situada nun contexto de accións revolucionarias e construída a través de diálogos cargados de connotacións políticas, que reflicten o ambiente de descontento e a necesidade de cambios sociais que vive unha gran parte da poboación a nivel europeo. Unha estética orixinal que recrea o universo dos xogos da nosa infancia: o escenario está inzado de clicks de Famóbil, e os actores van vestidos e caracterizados exactamente igual ca dous deles, mentres manexan billetes do monopoly, un Papá Noel roubado da iluminación de Nadal, unha cinta de correr, etc... Unha posta en escena multidisciplinar que incorpora soporte audiovisual, de xeito que os actores empregan unha cámara como se fose unha lupa de gran aumento, para que o público poida ver os clicks ampliados nunha pantalla no fondo do escenario. Unha maneira de que os PEQUENOS ACTOS se convertan en grandes acontecementos.
Guadalupe Plata
📍 21:30 Sala Capitol
Guadalupe Plata son o grupo español de blues-rock do momento. O seu son lémbranos o blues máis tóxico, áspero e polvorento fusionado co feitizo que transmite o cante jondo, outra das paixóns da banda de Úbeda. O 2013 foi o ano do seu terceiro disco, de novo sen título, e a confirmación en escenarios de España e América dunha das bandas máis exquisitas e orixinais da actualidade.
DIANTE DO ESPELLO
📍 21:00 Teatro Principal
Dúas mulleres en cadanseu cuarto de hotel a noite ou madrugada antes do seu “gran día”. Sarah está a preocuparse polos últimos detalles, nerviosa porque nunhas horas vai estrear a súa primeira gran obra na capital. Ruth está na cidade para presentarse a unha proba de selección a mañá seguinte e pensa na súa familia: nos seus fillos e o seu marido. Os seus pensamentos só se ven entorpecidos polo ruído de cadanseu teléfono que, a modo de chamada para público, soa tres veces para avisar da aproximación da vida. Diante delas unha parede de espello cómplice e silenciosa, coa que falan, na que se miran, na que escriben e que as vai espindo pouco a pouco. A medida que avanzan as palabras vaise apreciando que teñen máis en común do que parecía. Pemio Abrente de Textos Teatrais 2013preestrea: presentación e coloquioUt-Tópico TeatroReparto: Vanesa Sotelo e Yelena MolinaDirección: Fran Godón
Desarrollo de técnicas de control sobre MagicQ
📍 Cidade da Cultura, Santiago de Compostela (A Coruña)
Este taller de dos jornadas será impartido por Ben Díaz, y comprende diversas técnicas de manejo sobre sistemas MagicQ, así como distintos trucos para la programación de iluminación orientada a eventos en directo con cierta complejidad. MagicQ es una de las plataformas de control más versátil y potente del mundo, diseñada para gestionar iluminación y vídeo en directo. A través de su software gratuito y distintas opciones de hardware, Chamsys ofrece un sistema completo y funcional para su aplicación en espectáculos, eventos de todo tipo y también en entornos audiovisuales como el cine o la televisión. TEMARIO: - Metodologías de trabajo para MagicQ aplicadas a teatro, espectáculos y eventos - Trucos para la asignación de parámetros y técnicas rápidas de control sobre aparatos - Programación compleja con tiempos sobre cues, cue-stacks, playbacks y ejecutores - Control de pixel-mapping, vídeo y audio FECHAS Y HORARIOS: Sábado 17 de Mayo de 2014, de 10:00h a 14:00h y de 16:00h a 20:00h Domingo 18 de Mayo de 2014, de 10:00h a 14:00h y de 16:00h a 20:00h Más información y venta de inscripciones en: http://www.planetanamec.com/
Candido Pazó en Falabaratos
📍 21:00 Teatro Principal Rúa Nova 21
Falabaratos con dous actores e cómicos galegos. Programa doble en Falabaratos: Candido Pazó presenta as súas 'Candideces' e Celso F. Sanmartín unha particular visión de historias da tradición oral galega e europea, 'Os contos non son conto'. Cándido Pazó Candideces: A comedia, as historias, os contos e as lerias de Cándido. Máis que un monólogo. Un diálogo. Co humor, a emoción, a curiosidade, a evocación... Celso F. Sanmartín Os contos non son conto: Contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e europea, na que temos arte e parte, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre. Cun toque contemporáneo para non gardalas coma pezas de museo.
AMANCIO PRADA
📍 21:00 Teatro Principal
A Rosalía de Federico é un diálogo escénico de Amancio Prada con dúas das voces máis esenciais e conmovedoras da poesía española: Federico García Lorca e Rosalía de Castro. “Levo a Galicia no corazón porque nela vivín e soñei moito”, dixo un Lorca admirativo do país de Rosalía, ao que viaxou en 1932 e en cuxo idioma escribiu os seus 'Seis poemas galegos'. Xa na súa primeira mocidade o poeta de Granada evocara, nunha dolente salutación elexíaca á súa irmá en tristeza a poeta de Padrón, aquela presenza desafiante fondura que o acompañaría o resto da súa vida. Sobre unha idea orixinal de José Luís Gómez, Amancio Prada reconstrúe luminosamente as pegadas que polos camiños sen tempo da poesía conducen ao reencontro co ausente, a presenza de canto vincula á terra e as persoas coa memoria dos seus soños. É o facerse cargo do destino dos outros, a alianza cos humildes entendida como unha bela opción de estar no mundo, o que outorga unha asombrosa vixencia ao mandato das súas palabras. Neste recital Amancio Prada aborda composicións inéditas ata hoxe no seu repertorio: a figura simbólica de Federico e Rosalía, de novo en viva voz, ante a paisaxe crítica dunha máis que común conciencia. Amancio Prada voz, guitarra e zanfoña Cuco Pérez acordeón Dirección Carlos Aladro Itinerario poético Juan Carlos Mestre Deseño de iluminación Carlos Marquerie Deseño de son I. Hita Espazo escénico Marco Herreros Produción executiva Margarita Taibo Un espectáculo producido por Camaina Producións Artísticas sobre unha idea orixinal de José Luís Gómez, en coprodución co Teatro Español de Madrid e coa colaboración da Consellería de Cultura dá Xunta de Galicia.
O FEO
📍 21:00 Teatro Principal
Catrocadeiras, novas caras no teatro galego. Lette considérase unha persoa normal. Traballa duro como enxeñeiro e goza dun matrimonio apracible e sen sobresaltos. Mais un día descubre unha terrible verdade: é espantosamente feo. Así comeza O Feo de Marius Von Mayenburg, unha comedia que dun xeito divertido e mordaz denuncia a nosa obsesión pola beleza e polo éxito, obrigándonos a reflexionar acerca do que realmente nos define como persoas hoxe en día. Compañía: Catro Cadeiras Elenco: Machi Salgado, Manuel Polo, Xoán Abreu e Laura Campos Dirección: Juan Carlos Corredoira
Técnicas de gestión para profesionales free-lance
📍 Cidade da Cultura, Santiago de Compostela (A Coruña)
En un entorno ameno y simplificado, Juan Verdes imparte este taller de dos jornadas orientado a profesionales, donde podrán descubrirse distintas técnicas empresariales destinadas a aumentar la productividad y optimizar recursos. El curso está especialmente pensado para técnicos de imagen y sonido, artistas gráficos y profesionales del mundo del espectáculo que quieran incrementar el rendimiento económico en su área de trabajo y controlar sus gastos. TEMARIO: - Desarrollo de una idea empresarial utilizando el modelo Canvas. - El proceso de creación de una empresa y primeros pasos para su puesta en marcha. - Nociones básicas para la gestión de la actividad profesional. - Trucos y técnicas útiles aplicadas a distintos oficios. FECHAS Y HORARIOS: Sábado 10 de Mayo de 2014, de 10:00h a 14:00h y de 16:00h a 20:00h Domingo 11 de Mayo de 2014, de 10:00h a 14:00h y de 16:00h a 20:00h Más información y venta de inscripciones en http://www.planetanamec.com
Boo Boo Davis
📍 21:30 Sala Capitol
Boo Boo Davis, un supervivinte, pertence ás últimas xeracións de músicos que escriben e tocan o blues baseado na experiencia de primeira man dunha vida dura no delta do Mississippi, onde naceu en 1943. Desenvolveu a súa forte voz e os seus inquebrantables e sentidos bramidos recreándose nos cantos que escoitou naqueles campos de neno; unha voz que ao longo dos anos impactou e estremeceu a audiencias de todo o mundo. O veterano James “Boo Boo” Davis lanzará en marzo o que será o seu noveno disco e por primeira vez recalará en Compostela para amosar o verdadeiro “raw power blues” do Mississippi. Codetickets, A Reixa Tenda, Miranda, Discos Elepé (Vigo), salacapitol.com
ANTIHEROICA
📍 Zona C (Bonaval)
8,9, 10, 11 mayo 15, 16, 17 18 mayo 20.30 (domingos 19.30) Vanesa Sotelo dirixe a nova producción de Ut-Tópico Teatro. -Que é un antiheroe? -É como un heroe pero con todo o mundo en contra. Como se fose un álbum de humanidades, en Antiheroica as historias dos antiheroes toman os corpos dos dous únicos habitantes dun espazo impersoal, pechado e infinito. A morte, a herdanza, a soidade e o tempo son algunhas das claves universais e eternas sobre as que se constrúe esta proposta na que a morte e a resurrección fían as escenas na espera de atopar un sentido que nunca chega. Unha paleta de cores na que se mestura o riso coa tristura, a sorpresa co predicible e onde mesmo hai cabida para a tenrura, a comprensión, o sufrimento ou a grima. Unha sucesión de antiheroes que pasan por diante do espectador e que o animan a entrar nun xogo dinámico no que calquera pode atoparse. Reparto: Fran Godon e Toni Salgado / Dirección: Vanesa Sotelo / Iluminación: Fran Godón / Duración: Aprox. 65' o 70 '
The Dream Syndicate
📍 21:00 Sala Capitol
Despois de máis de 2 décadas separados, en setembro do 2012 Steve Wynn e os seus secuaces chegaban a España para dar o seu primeiro concerto desde 1988 e conmemorar o 30 aniversario do seu aclamado disco de debut ‘The Days of Wine and Roses’, xuntáronse de novo para dar unha sería moi limitada de shows que foron memorables. Tras o éxito da súa volta aos escenarios, en 2014 comezan unha xira moi exclusiva que unicamente pasará por 4 cidades españolas, 10 en toda Europa. Será a 1ª vez que o público galego poida gozar dunha das bandas de rock americanas máis influentes dos 80.
MISTERIO CÓMICO
📍 21:00 Teatro Principal
Teatro do Morcego volve cunha nova versión de misterio cómico ou orixinalmente misterio bufo, texto de Darío Fo co que acadou dous premios Compostela no ano 92 ao mellor actor para Celso Parada e mellor director para o director portugués Júlio Cardoso, volve con motivo de celebra-lo XXV aniversario da fundación da compañía, creada en 1988 como Morcego escola de Teatro e no 1989 como CIA profesional. Escrito na súa primeira versión en 1969, continuamente representado e modificado en función da resposta do público, Misterio bufo está considerado xunto con “ Morte accidental dun anarquista” a obra máis importante de Dario Fo. Deste xeito, “Misterio bufo” a carón de “Morte accidental dun anarquista” , é o texto de Fo máis representado prácticamente en tódolos países e linguas do mundo, e, ao mesmo tempo, o máis odiado e combatido desde as altas instancias vaticanas. Fo quere contar a verdadeira historia, a do pobo, a que foi sempre marxinada pola cultura oficial, manipuladora e hipócrita. Indignado pola terxiversación que os popes culturais fixeron deste feito como doutros temas, reivindica o verdaderio coñecemento dun elemento esencial da cultura italiana, como é a súa tradición oral e escrita de teatro popular.De feito di: «Máis que un longo paso cara atrás, dei un salto mortal ao revés, no sentido de que evitei rastrear as orixes con actitude de arqueólogo. Procurei tamén o medieval que asoma en Moliere e na Comediada Arte, en toda esa riqueza o que estes comediantes fixeron da lección medieval de entreter ao público». Nas introducións ás diversas escenas da obra, Fo deixa moi clara a diferencia entre a cultura aristocrática, elitista e allea á realidade, e a extraordinaria forza comunicativa desa cultura popular que en toda a súa vida de autor, actor, director, de artista comprometido na fin, non se ten cansado de invocar, reivindicar e reinventar para falar de temas do noso tempo. Dirixida por Julio Cardoso e interpretada por Celso Parada.