Agenda
Paseo pola danza
📍 18:30 Sala Agustín Magán (Santa Marta)
recomendado: a partir de 6 anos / familiar Espectáculo didáctico de danza impartido por Leodán Rodríguez e por Isabel Sánchez no Centro Sociocultural de Santa Marta na Sala Agustín Magán. Leodán Rodríguez comezou a súa etapa de formación dancística na Escola Vocacional de Arte de Guantánamo, en 1989, onde realizou estudos de danza moderna e folclórica. Posteriormente, continuou a súa aprendizaxe na Escola Nacional de Danza de Cuba e en 2003 obtivo a licenciatura en Artes Danzarias polo Instituto Superior de Arte de Cuba, como intérprete e coreógrafo. Durante estes anos, formouse con profesionais da danza como Ladislao Navarro, David Zambrano, Marianela Boan, Eugenio Barba, Minako Seki e Dominique Mercy, entre outros.
Los Secretos en Íntimo e Acústico
📍 21:00 Novagalicia Banco Auditorio Preguntoiro 23
Coa formación ao completo, por primeira vez introducirán novos instrumentos nunca antes utilizados nos seus concertos, como un caixón flamenco, un baixo acústico, un piano clásico e guitarras acústicas de 6 e 12 cordas, conseguindo crear unha atmosfera elegante e diferente cargada de novas sensacións musicais que sen dúbida serán apreciadas polos seus fans. LOS SECRETOS COMO NUNCA ANTES SE HABIAN VISTO Durante os meses de decembro a marzo, Los Secretos realizarán unha serie de concertos únicos en formato acústico. Con arranxos especialmente ensaiados para este formato, repasarán as súas cancións máis emblemáticas, así como as novas obras do seu último disco. Para esta serie de concertos, escolléronse pequenos recintos onde a acústica e a proximidade co público sexa unha prioridade.
Vanesa Martín
📍 21:00 Sala Capitol
El tercer disco en la carrera de Vanesa Martín demuestra bien a las claras porqué esta joven malagueña se ha convertido en una de las cantantes-compositoras más admiradas del panorama de la música en español de los últimos años, despertando pasiones entre todo el mundo. Venta de entradas: www.salacapitol.com y www.ticketea.com / A Reixa Tenda
ROI CASAL
📍 21:00 Teatro Principal
O compositor e cantante galego, considerado unha das referencias da música galega actual, mostrará unha versión moito máis pop da que nos ten acostumados, onde se seguirán a combinar elementos da tradición como a arpa céltica, a zanfona ou o bouzouki xunto coa modernidade na produción musical á que nos ten acostumados. Roi Casal e a súa banda presentarán en vindeiras datas o seu terceiro traballo discográfico, logo do éxito da xira que acaba de rematar con máis de 50 concertos e 10.000 discos vendidos só en Galicia. Con este novo disco, Roi Casal, acompañado da voz de Silvia Ferre e do resto de integrantes da banda, trasladará ao público esa ambición que o caracterizou dende o seus comezos. Unha sonoridade que segue a transmitir a forza e personalidade propia que o diferenza no panorama musical actual.
AVESTRUZ EN TERRA ALLEA
📍 21:00 Teatro Principal
Estrea absoluta da compañía compostelana Berrobambán. Quen máis, quen menos, cando nos decatamos de que os soños a miúdo non se fan realidade e de que nos volvemos persoas totalmente diferentes ás que nos imaxinabamos chegar a ser, sentímonos coma as avestruces en granxas galegas, tan lonxe dos seus espazos naturais. Ese desacougo de non saber se este é o noso lugar e o noso tempo é a materia do noso espectáculo: «Avestruz en terra allea». Señoras e señores, sexan benvidas e benvidos ao cabaret do desacougo. Con música e con humor ata as preocupacións que levamos dentro da alma poden verse desde outro punto de vista. Porque diso se trata, de falar do que nós somos, aquí e agora, pero sen darlle máis trascendencia a esta idea do que xa ten. Esquecimos moito do noso pasado para poder avanzar cara ao futuro, cando en toda viaxe debemos levar algo de equipaxe. Esquecimos o xogo. Esquecimos a risa. Esquecimos mirarnos no espello e rir das nosas enrugas e da nosa expresión triste e seria. Pero para iso está o teatro, para poñer a vida en escena, para recuperar a equipaxe e darlle un novo uso, e para iso está o cabaré, para non darlle moita importancia ao que facemos. Autora Paula Carballeira (adaptación a partir de Contatrás) Elenco: Paula Carballeira, Nuria Sanz e David Loira Dirección Chiqui Pereira
Tres mestres do clasicismo
📍 18:30 Auditorio de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia interpretará a obertura As Hébridas de F. Mendelssohn, a Sinfonía nº 44 de J. Haydn, e a Sinfonía nº 36 de W. A. Mozart. O concerto estará dirixido por Piero Lombardi. Este concerto enmárcase dentro do ciclo 'CONect@ coa RFG' que se puxo en marcha este ano, dirixido a público infantil e familiar.
Babylon Parranda Fest
📍 21:00 Sala Capitol
No te pierdas este festival itinerante, que llega a tu ciudad para hacerte cantar, bailar y dejarte con la boca abierta. La Raíz y Bongo Botrako, los 2 grupos con mayor proyección y energía de España junto a Calavera Collective, el colectivo de Dj’s y Vj’s más loco y original. Una fiesta que te hará gozar con las mejores novedades y con los temazos de siempre! 11€ (+gastos) anticipada / 14€ taquilla venta de entradas: goo.gl/4P7dJl / Red ticketmaster / Carrefour / Halcón Viajes / FNAC
Rulo y la Contrabanda
📍 21:00 Teatro Principal
“Rulo y la Contrabanda” sóbense ao tellado das cancións acústicas. 5 músicos, 17 instrumentos, unha coidada escenografía, outra volta de torca na súa carreira... Unha montaña rusa de sensacións que non deixará indiferente ao espectador. Case dúas horas encadeadas dun show preparado exclusivamente para esta xira. Nel soarán temas de todos os seus discos en formato acústico, os máis coñecidos e tamén outros que habitualmente non soan nos concertos eléctricos. Neste show os músicos non deixan de interactuar co patio de butacas. A nova xira teatral de RULO tralo éxito de "Cancións espidas" que fai dous anos esgotou as entradas en 9 das 11 cidades nas que desembarcou. Pasen, vexan... e sobre todo: escoiten. Patty, guitarra Fito, guitarra Mario, teclado Txarlie, batería Rulo, voz e guitarra
B REAL(CYPRESS HILL)- XZIBIT- DEMRICK
📍 21:00 Sala Capitol
Grandes estrellas del mundo musical aterrizan en la Sala Capitol, haciendo realidad un sueño para todos los amantes del HIP HOP. En una de las fechas más deseadas de su gira Europea, B REAL líder de CYPRESS HILL y XZIBIT, acompañados de YOUNG DE , promesa angelina apadrinado por DR DRE y EMINEM, nos harán disfrutar con todos los sentidos de un concierto que, sin duda, será irrepetible en el que/// repasarán todos sus ÉXITOS y presentarán el proyecto conjunto SERIAL KILLERS #BOMBAZO/// AFORO LIMITADO. Artistas Invitados: COMANDO KATANA (Adelanto del nuevo álbum). NORWESIDE (Sago, Judah, Charlie Tzara). ///ENTRADAS ONLINE/// Hiphop-tickets.com, Sala Capitol.com (Limitadas) ///PUNTOS DE VENTA/// Santiago de Compostela: CulturaUrbana, A Reixa Tenda, Teatro Principal. A Coruña: Newyorkstylo Coruña, Galifornia. Vigo: Cuatro Elementos Ourense: Cuatro Elementos
Catas de Butaca
📍 Galopín Santiago, Fernando III O Santo
Jueves 27 de marzo, Bodegas M. Formigo Jueves 10 de abril, Bodegas Tábula Jueves 8 de mayo, Bodegas Albamar Plazas limitadas.
Manquiña & Tony Lomba en Falabaratos
📍 21:00 Teatro Principal Rúa Nova 21
Tony Lomba e Manuel Manquiña uníronse nun espectáculo musical para (re)inventar o underground elegante e invitarnos a viaxar á España dos setenta, un país namorado das suecas, de Benidorm e da música melódica. A banda sonora de MÚSICA LIXEIRA está composta por cancións que xa son eternas e que marcaron a toda unha xeración. De Sam Cooke a Nino Bravo e de Las Vegas a Benidorm. Pero este é tamén un musical con argumento e personaxes. Unha historia de éxitos e fracasos que será narrada co estilo iconoclasta e salvaxe de Manuel Manquiña. Tony Lomba é o crooner máis xenuíno e persoal que nunca pisou un escenario en Galicia. Manuel Manquiña é un cómico punk, un conservador furioso incapaz de non converter unha verdade nunha barbaridade. Agora están xuntos e queren contarnos as súas vidas. Si vostede é amante da música e non lle dá medo a verdade, debería escoitalos. Chegaches á hora. Levades esperando demasiado os que queriades este cocktail de enxeño, mestría, tolemia e arte sen cortapisas. A fórmula xa está creada e funcionou. Tardaredes en repoñervos dun espectáculo que rodará ininterrompidamente por un éxito asegurado. As bestas uníronse e vanvos a facer gozar como nunca o fixestes...
A MAMMA
📍 Zona C (Bonaval)
26, 27, 28, 29 30 de marzo 2, 3, 4, 5, 6 abril 20.30 (domingos 19.30) Estrea absoluta da comedia de Lino Braxe. Dirixida por Eduardo Alonso, “A Mamma”, é a historia da xeración dos culpables de que as cousas estean como están. Por iso, é a historia dun fracaso daqueles que deixaron pasar por diante todas as oportunidades de rectificar. Membros destacados desa xeración fixeron que agora esteamos nun calexón sen saída. Esa xeración que educou aos seus fillos na abundancia e na liberdade e, agora, todo iso vólvese en contra. Fillos mal preparados para a crise e excesivamente preparados para nada. Volvemos cun espectáculo unipersoal. Non soamente é por cuestións de crises e falta de apoios para afrontar proxectos, que tamén, é porque este xénero sempre nos interesou: “Feirantes”, “Campo Sur”, tamén de Lino Braxe ou “A tixola polo mango”, de Lola Correa, representan momentos nos que a nosa compañía asumiu este tipo de espectáculos. Este será, pois, o cuarto. Despois de facer espectáculos durante anos, de repartos numerosos, sentímonos na necesidade de abordar proxectos máis pequenos. En “A Mamma” seguimos conectando directamente o noso teatro coa realidade máis próxima e inmediata, como aconteceu coas últimas producións: “Último cowboy” e “Linda and Freddy, ilusionistas”. Con Lino Braxe temos traballado en máis dunha ocasión, e temos montado outros textos deste singular autor. Únenos a el un sentido responsable de tomalo todo con ironía e retranca. Por iso, cando fomos coñecedores de que traballaba nun texto sobre a vida dunha muller loitadora que, nos últimos días da súa vida rememora con estraña lucidez os tempos pasados e os presentes deste pobo tan castigado, puxémonos en contacto co autor para levar a escena a súa peza. De todo isto, e de algunha cousa máis, fala “A Mamma” de Lino Braxe que Teatro do Noroeste presenta coa intención de insistir na crise de valores que nos ocupa, con ironía, con retranca, pero con sinceridade.