Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

Xoel López
21 MARZO 2014

Xoel López

📍 Teatro Principal

Horario: 21:30 Tras su paso este verano por algunos de los principales festivales de nuestro país, Xoel López continúa presentando su último disco, Atlántico (Esmerarte 2012), el primero editado con su propio nombre, y el más personal hasta la fecha, con gran éxito de público y crítica. Venta de entradas: www.ticketea.com / A Reixa Tenda

Neil Halstead + Kezia
19 MARZO 2014

Neil Halstead + Kezia

📍 20:30 Teatro Principal

O músico británico Neil Halstead, figura do folk rock actual, achégase a Santiago de Compostela, acompañado de banda, na que será a súa primeira visita a cidade. Líder de grupos emblemáticos das dúas últimas décadas, coma Slowdive e Mojave 3, recreará na seu concerto no Teatro Principal o debut homónimo The Velvet Underground & Nico. Abrirá o concerto Kezia. Para visualizar a visita podemos pensar nun triángulo cos seguintes vértices. No primeiro situamos ao músico británico, cuxa dilatada carreira evolucionou constantemente, pasando de capitanear a Slowdive, unha das bandas máis importantes de shoegaze dos 90 a converterse con Mojave 3 en referente da chamada americana británica, coma se do fillo dun matrimonio entre Gram Parsons e Nick Drake se tratase. A súa carreira en solitario despegou coa disolución desta última formación e dende entón son xa tres os traballos que asinou co seu nome. No segundo vértice temos un dos albumes clave do século XX. Unha obra rompedora que revolucionou as sonoridades da música popular contemporánea e que se mantén coma referencia para creadores de todo o planeta. Dise de ‘The Velvet Underground & Nico’ que todo aquel que o mercou formou unha banda, pode que sexa certo, pero o que é indiscutible é que a obra auspiciada por Andy Warhol, teno todo para ser un clásico: a rabia rockeira e aspiracións literarias de Lou Reed, a afinidade polas disonancias de John Cale, os fraseos de Sterling Morrison, os ríxidos ritmos de Maureen Tucker e coma enigmático complemento, a voz da alemá Nico. E todo cunha das portadas máis recoñecibles da historia do rock, a do plátano, asinada por Warhol. A obra dos de Nova York resulta unha magnífica elección por parte de Neil Halstead á hora de render tributo a un clásico do rock, xa que confronta o sosegado estilo do músico británico cunha obra chea de tensión e claroscuros á que extraerá todo o seu potencial acompañado dunha excelente banda. Abrirá o concerto, Kezia, británica debutante, que cun estilo que oscila entre o folk e o blues polo camiño do country, será o contrapunto perfecto ao que se nos virá encima. E pechando o triángulo temos ao ciclo Baixo a vide. Concertos con Denominación de Orixe, unha proposta que une a música máis actual e a cultura vinícola galega. Deste xeito, varias adegas das diferentes denominacións de orixe de Galicia acollen uns concertos moi especiais, no que xa participaron artistas destacados tanto a nivel nacional como internacional, como Señor Chinarro, Xoel López, Robyn Hitchcock, Damien Jurado ou Laetitia Sadier entre outros.

Simón descobre o Jazz
16 MARZO 2014

Simón descobre o Jazz

📍 12.30 Teatro Principal

recomendado: a partir de 7 anos 'Simón descobre o Jazz' é unha obra musical narrada que conxuga a literatura coa música. Marcada por un forte carácter didáctico, a historia está baseada no conto homónimo do escritor Quinito Mourelle "A Jam de Simón", con música orixinal e arranxos do compositor Roberto Somoza.

FÉMINA SAPIENS
15 MARZO 2014

FÉMINA SAPIENS

📍 20:00 Sala Agustín Magán (CSC Santa Marta)

sábado 15 y sábado 22 marzo Fémina Sapiens é un só teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens (ou se, pola contra somos máis proclives á involución) e onde se cuestiona a linguaxe e o rol imposto á muller desde a propia decisión da bipolaridade Muller-Homo. Muller Sapiens é ‘unha’ personaxe que tenta buscar e analizar cal é ese elo perdido que todo ser racional coñecido posúe ao redor das súas decisións morais.

Josito Porto en Falabaratos
13 MARZO 2014

Josito Porto en Falabaratos

📍 Zona C (Bonaval, 1)

jueves 13, viernes 14, sábado 15 y domingo 16 de marzo jueves 20, viernes 21, sábado 22 y domingo 23 de marzo 20.30 y 19.30 los domingos Monólogo traxicómico no que o actor Josito Porto interpreta a curiosa e polifacética vida de Matías Houseman, un home gris que racha coa súa monótona existencia para vivir todo o que soñou vivir. Matías Houseman chega a ser estrela da música, futbolista de primeira división, monologuista cómico, mafioso, líder espiritual e incluso presidente do goberno, entre outras moitas actividades e profesións polas que vai pasando durante a duración do espectáculo. Matías Houseman quixo vivir mil vidas, pero esqueceuse de vivir a máis importante... a súa. O espectáculo, de ton principalmente humorístico, está marcado pola variedade, intrínseca na maneira de vivir do personaxe arredor do que xira a peza. Esta variedade permite non só un dinamismo escénico evidente, acentuado polas cancións interpretadas en directo, a transformación física e os monólogos cómicos, se non que ademais obriga ao público existente a trasladarse a outros espazos sen ter que moverse da butaca (…)"As mil vidas de Matías Houseman" pretende, en definitiva, durante pouco máis de unha hora, somerxer ao espectador nun mundo de variadas situacións no que, ademais de divertirse cos avatares do personaxe, teña cabida unha reflexión sobre un tema tan de actualidade na sociedade contemporánea como é a nosa relación co mundo a través dos espazos virtuais polos que transitamos cada día e ata que punto poden substituir ou non o noso contacto coa realidade "real" (José Prieto)

HOY: EL DIARIO DE ADÁN Y EVA
13 MARZO 2014

HOY: EL DIARIO DE ADÁN Y EVA

📍 21:00 Auditorio Novagalicia Banco

Hoy: El Diario de Adán y Eva: é un relato cómico curto que Mark Twain escribiu en 1893 e que conta, desde o punto de vista de Adán -alter egode Twain-, o encontro e a convivencia, non sempre fácil, no Paraíso. Miguel Ángel Solá ensinoulle un día a novela de Twain á súa muller, Branca Oteyza, e eles e Manuel González Gil inventaron unha historia sobre a radio de finais dos anos cincuenta, cunha parella de locutores que se despide, logo dun ciclo radiofónico, cunha lectura da obra de Twain. Aquela lectura enlazábase con outra historia actual. Versión: Blanca Oteyza, Miguel Angel / Productor: Jesús Cimarro / Director Miguel Angel Solá

Silvia Superstar Dj Set, Eme Dj
13 MARZO 2014

Silvia Superstar Dj Set, Eme Dj

📍 21:30 Sala Capitol

En tiempos de cambio surgen propuestas inesperadas. Nace Electric Club, un nuevo concepto de fiesta indie-rock para la noche compostelana. Electric Club se presenta como lo alternativo a la alternativa. Lo que de verdad importa es que en Electric Club se aglutina la vertiginosa vitalidad de los grandes festivales, la energía y personalidad de los clubs que frecuentas, los dj’s más excitantes y excitables, experiencias visuales cinemáticas... 7€ (+ gastos) anticipada / 10€ taquilla. Puntos de venta: A Reixa Tenda, Fraguel Rock / RK2 (24h) / novagaliciabanco.es / www.salacapitol.com Oferta anticipada estudiantes: 5 € + gastos (presentando documento acreditativo)

Festival Atlántica 2014
11 MARZO 2014

Festival Atlántica 2014

11 de marzo       19:00. MERCEDES PEÓN. Conferencia Inaugural. Consello da Cultura Galega       22.00. MARIA DA PONTRAGHA. Pub Atlántico 13 de marzo       17:00-19:30. CLARA HADDAD. Obradoiro de narración oral. CSC DE SANTA MARTA       21:30. CÁNDIDO PAZÓ. O Decamerón. Auditorio do CSC da Ramallosa. Teo 14 de marzo       17:00-19:30. CLARA HADDAD. Obradoiro de Narración Oral. CSC de Santa Marta       18.00. BARRY MANLEY. Obradoiro de Narración Oral. O Chouzo. Vigo       18:00. BONI OFOGO. O león Kandinga. Mediateca do Grilo. Cacheiras, Teo       20:00. BONI OFOGO. África Erótica. Museo do Pobo Galego       20:30. SOFÍA MAUL. Borriquita de Belem       22:30. BARRY MANLEY. An Seanachai Roadshow, contos de Irlanda (en castelán). De Catro a catro. Vigo 15 de marzo       11:00. Encontro de directores de Festivais para a creación dunha plataforma Internacional. Hostal dos Reis Católicos       17:00. CLAUDIA FONSECA. Cantos no colo para bebés e familias. Fundación Granell       17:00. Maratón de contos para nenos e nenas. Museo do Pobo Galego       18:00. RAQUEL QUEIZÁS. Nanocontos. Fundación Granell       19:00. CLAUDIA FONSECA.Cantos no colo para bebés e familias.. CSC das Fontiñas       20:00. Maratón de contos para adultos. Museo do Pobo Galego 16 de marzo       20:00. BARRY MANLEY. Contos en inglés. Espazo por confirmar       20:30. BONI OFOGO. África Erótica. Modus Vivendi 17 de marzo       18:30. QUICO CADAVAL. Por amor de Deus. Contos pola zona vella de Compostela.     Saída desde a igrexa de San Fiz, xunto ao Mercado de Abastos.       20:00. NICOLÁS MEZZALIRA. Modus Vivendi.       20:00. BARRY MANLEY. An Seanachai Roadshow, contos de Irlanda.(castelán) Casa das Crechas 18 de marzo       18:00. MARÍA DA PONTRAGHA. Biblioteca da Casa dos Comúns. Os Tilos, Teo.       19:00. SOFÍA MAUL. Bordaleiras. Fundación Granell.       20:00. NICOLÁS MEZZALIRA. Aula de Cultura do Mercado de Abastos. 19 de marzo       XOSÉ LUÍS BERNAL -FARRUCO-. Personaxes pintorescos na Compostela dos ’60. Horario por confirmar.       20:00. CELSO F. SANMARTÍN. Modus Vivendi       20:00. CLAUDIA FONSECA. Borriquita de Belem 20 de marzo       21:00. XURXO SOUTO. Contos do mar de Irlanda. A Nave de Vidán 21 de marzo       19:00. AVELINO GONZÁLEZ. Contas ou cantas. CSC de Conxo       21:00. QUICO CADAVAL e NARF. Obrigado!. Teatro Principal 22 de marzo       17:00. Sesión Infantil cos narradores do Festival. Auditorio de Galicia -Sala Mozart-       20:30. VICTORIA SIEDLECKI. Relatos Eróticos. Auditorio de Galicia -Sala Mozart-

JULIO CÉSAR
9 MARZO 2014

JULIO CÉSAR

📍 20:00 Auditorio Novagalicia Banco

O Auditorio Novagalicia banco acolle unha traxedia de Shakespeare "Jullo César" dirixida por Paco Azorín. Esta exitosa produción estreada no Festival de Mérida conta cun reparto estelar encabezado por Mario Gas, Sergio Peris-Mencheta, Tristán Ulloa. Cayo Julio César, político e militar romano, viviu e morreu fai máis de dous mil anos. Con todo, a controversia sobre as circunstancias da súa morte chegou ata hoxe cunha nitidez asombrosa. Gran parte da súa popularidade debémoslla sen dúbida a William Shakespeare quen, a principios do século XVII, xa intuíu que tras ese nome escondíase un personaxe con maiúsculas e unha historia de ideais e traizóns de primeira categoría. Así pois atopámosnos ante dous alicerces fundamentais da política e da cultura universal, convertidos xa en mitos e que aquí aparecen como un tándem indisoluble: Julio César e William Shakespeare. Si o primeiro caracterizouse polas súas luces e sombras, polo seu carácter imprevisible e a súa técnica militar irrefutable, o segundo caracterizouse por converter en ouro (ouro literario, está claro) todo o que tocaba, incluída a historia do noso protagonista. Podemos afirmar sen ser pedantes que Shakespeare non inventou nada. Con todo soubo alcanzar un voo poético e dramático xamais coñecido ata entón (e quizá xamais superado...) a través da reinterpretación de materiais biográficos xa existentes. Dicir que Julio César é unha obra de gran actualidade resulta unha obviedad, posto que todas as obras dos grandes xenios en xeral, e de Shakespeare en particular, o son por definición. REPARTO: MARIO GAS, Julio&César / SERGIO PERIS-MENCHETA, Marco Antonio / TRISTÁN ULLOA, Bruto / JOSÉ LUIS ALCOBENDAS, Casio / AGUS RUIZ,Casca / PAU CÓLERA, Decio / CARLOS MARTOS, Metelo/ PEDRO CHAMIZO,Octavio

Mamá Cabra
9 MARZO 2014

Mamá Cabra

📍 Teatro Principal

MAMÁ CABRA - Cartas que veñen e van 12.30 recomendado: 2-7 anos venda entradas: Teatro Principal (18-21h. de martes a sábado e o día do espectáculo a partir das 11h.) Un día quixémoslle escribir unhas cartas a uns personaxes moi singulares que presentamos neste espectáculo Cartas que veñen e van, e pensamos: “Mellor que cartas de papel, ou electrónicas, ímolas facer musicais. Aforramos papel e gasto de luz. E ademais, servirán para que os nenos e as nenas tamén as canten e as bailen con nós”. A eles gustoulles. Esperamos que a ti tamén. Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. Nos seus espectáculos sempre hai unha canción para falar da importancia de comer de todo, de bailar, de cantar... MAMÁ CABRA - Bicos de música 18.30 recomendado: 3-11 anos Bicos de música é un espectáculo dirixido, como é habitual, aos máis pequenos da casa, que contén cancións para bailar, viaxar, cruzar a rúa... Apoiándose nun guión cómico no que cada un dos músicos pasa a desenvolver un diferente rol, conseguen que as presentacións e as interpretacións sexan moito máis divertidas. Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. Nos nosos espectáculos sempre hai unha canción para falar da importancia de comer de todo, de bailar, de cantar...

JABIER MUGURUZA en Íntimo e Acústico
8 MARZO 2014

JABIER MUGURUZA en Íntimo e Acústico

📍 21:00 Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) Rúa Valle Inclán

'Beste Hogei', o novo disco de Jabier Muguruza como cantautor ofrécenos 10 novos temas, como nunha clara declaración de intencións; declaración de seguir adiante, de seguir traballando na canción de autor. O novo disco de Jabier Muguruza, o que fai o número 12 da súa carreira como cantautor, cando se cumpren 20 anos desde que a iniciou. Aínda que a alusión ao aniversario é obrigada, Jabier non nos ofrece un disco recopilatorio de vellas cancións. No seu caso, non hai billete para a nostalxia. optou por ofrecernos outros 10 novos temas, como nunha clara declaración de intencións; declaración de seguir adiante, de seguir traballando na canción de autor. Non é casual que o título sexa 'Beste Hogei' ('Outros Vinte') en clara alusión -en tempos tan complicados para a música e a cultura-, á vontade de continuar, sen cesar na loita por publicar cancións e defendelas en directo. Trala importante repercusión do disco anterior (máis de 40 concertos no País Vasco e fóra del, chegando a Polonia, EEUU, Marrocos, Francia...), Muguruza ofrécenos unha obra na liña daquel 'Bikote Bat': por unha banda, textos intimistas, escritos polos colaboradores habituais, e por outro, as súas composicións persoais... e o piano de Mikel Azpiroz, arroupando as melodías de Jabier. Non podía faltar a voz de Mireia Otzerinjauregi, habitual en todos os discos do cantautor publicados os últimos anos. E ademais, unha lista de colaboradores de luxo, como querendo aportar ao aniversario un aire especial de celebración: a cantante galega Uxía, Gorka Benitez ao saxo, Joseba Tapia á trikitixa, Chris Case á trompeta, Xabier Zeberio ao violín... Neste vinte aniversario, Jabier Muguruza ofrécenos a todos e a todas un agasallo elegante e fermoso: 'Beste Hogei'.

CURRICULUM VITAE
8 MARZO 2014

CURRICULUM VITAE

📍 21:00 Teatro Principal

Curriculum Vitae é unha comedia sobre entrevistas de traballo na que asistiremos, a través da invisible   cuarta parede dunha oficina, a esas “curiosas” escenas que teñen lugar entre dúas persoas, cando unha delas está sendo xulgada pola outra para acceder a un posto de traballo. Humillación, enchufismo, ineptitude, mala hostia, abuso... vanse sucendendo nas cinco pezas que compoñen a obra para mostrar a crúa realidade do mundo laboral. Iso si, todo contado dende o humor, que é a mellor forma de contar as cousas serias. Redrum Producciones de Alex Sampayo, Borja F. Caamaño, José Prieto, Diego Ameixeiras, Manolo Cortés, Avelino González e Araceli Gonda Mónica García, Guillermo Carbajo Alex Sampayo  dirección