Agenda
Iván Ferreiro
📍 21.30 Sala Capitol
Inventar un Mundo toma su tiempo. Quizás el mismo que dejar que el Mundo te invente a ti. Eso es lo que le ha pasado a Iván Ferreiro en los tres años transcurridos desde su último trabajo de estudio. Ha vivido un Mundo. Un proceso. Una historia. Un viaje. Un disco es un mundo. Un nuevo disco, un nuevo mundo. Este nuevo disco de Iván Ferreiro, un nuevo Iván Ferreiro. Venta de entradas: Red ticketmaster.es / Halcón Viajes / Fnac / Alcampo Santiago / Centros Carrefour / Marca entradas.
Sede de Mal
📍 21:00 Teatro Principal
Unha comedia musical sobre o lado escuro da vida. Humor, teatro, música ao vivo con blues e rock and roll "á galega" cos dous dos personaxes mais importantes da escena galega dos últimos anos. Logo do seu éxito en Matalobos e de xirar con Gaivotas Subterráneas, Luis Iglesia B. e Xabier Deive dan renda solta ao seu lado mais salvaxe e divertido e presentan SEDE DE MAL unha comedia a 12 cordas sobre o lado escuro da vida … Sinónimos e sinónimas estes dous anónimos quedaron sen vacacións para ofrecerlle o seu público unha comedia da vida ,unhas ensinanzas evanxélicas,un ” leit motiv ” para non ser un pinpin !!! Ou queredes ser pinpins ??? Unha produción co selo de calidade de BONECA LARETA que chega da man de CULTURACTIVA. Dirección: Pseudonimo. Autores: Carlos Santiago, Luis Iglesia B. e Xavier Deive. Elenco: Luis Iglesia B. e Xavier Deive. Produción: Boneca Lareta. Duración: 70 minutos. Público: Adulto. Técnica Teatral: Comedia e música en directo
CORASONS
📍 21:00 Teatro Principal
O ciclo Sons'14 acolle o concerto de presentación de CoraSons, un proxecto audiovisual e literario da editorial Kalandraka. Unha numerosa selección dos artistas involucrados en CoraSons participará neste especial concerto que se celebrará mércores 12 de febreiro no Teatro Principal de Santiago. Con textos do colectivo CoraSons e fotografías de Isabel Leal, este proxecto artístico reúne fotografía, música e documental, con intérpretes galego-lusófonos latexando unidos nunha lingua común. Sentimento, ledicia e liberdade nun libro-cd-dvd que agroma do amor. Confirmaron a súa asistencia en Santiago: Xoán Curiel, Najla Shami, Uxía, Aline Frazäo, Sergio Tannus, Carlos Blanco, Isabel Leal, Rui David, Budiño, Luanda Cozetti, João Afonso, Norton Daniello, Magín Blanco “… Corações de Galiza, Portugal, Brasil e Angola pulsando, batendo e emocionando na mesma lingua con «sotaques» diferentes” [Fragmento do limiar, de Uxía] CoraSons é unha experiencia artística que xurdiu nas redes sociais e inicialmente materializouse nunha exposición de fotografías de Isabel Leal e nun recital coa participación de varios músicos na Casa das Crechas de Santiago de Compostela. A ese encontro seguiulle un concerto celebrado na Illa de Arousa ao que se sumaron máis de 40 intérpretes e que se plasmou nun documental gravado por Paco Abelleira. Agora, da man de KALANDRAKA, o proxecto que dirixe Uxía convértese nun libro-cd-dvd con 19 temas e cunha película de hora e media. Cada imaxe conta unha historia feita canción. A natureza, a vida cotiá, a arquitectura, as sombras, a xeometría ou a imaxinación son os escenarios que se recrean partindo da forma e da simboloxía do corazón. Mais, lonxe do enfoque romántico, CoraSons trata sobre a afectividade, os sentimentos, as emocións, a amizade, e reivindica latexarmos unidos. Músicas quentes para tempos xélidos, corazón-coraza para tempos incertos. “Cada imagem conta uma história, um momento irrepetível, adquirindo múltiplos sentidos, para quem contempla. Recriar, improvisar, jogar com os reflexos e com a desfocagem, procurar a geometria da minúcia, desafiar as sombras e a magia, ousar a poesia e a simplicidade, dar à luz cor e metáforas…” [Fragmento do limiar, de Isabel Leal] “Unha mostra, encontros, química, música… E amizade, por cima de todo a amizade… e a lingua común” [Fragmento do limiar, de Carlos Blanco] “… Este documental musical pretende deixar constancia desta historia. Una historia diferente. Una historia única. Una historia de amizade” [Fragmento do limiar, de Paco Abelleira]
Nashville Pussy en el Compostela Rock
📍 21.00 Sala Capitol
En el 2014 se embarcan en una nueva gira europea para presentar su nuevo disco que los traerá a Santiago en su única fecha en el Norte del la peninsula. “Up the dosage” hace el octavo disco grande en su discografía y por lo demás no ofrece demasiadas novedades en una carrera marcada por la constancia. Las continuas referencias al profundo Sur americano y su lado más “paleto” (redneck) y los riffs más infernales de boggie metal se dan la mano para que la fiesta continúe una vez más. Venda entradas: Ticketbox.es ,Teatro Principal (18-21h., de martes a sábado), A Reixa Tenda, Miranda, Portobello (A Coruña), Elepé (Vigo)
Pica pica
📍 18:00 Novagalicia Banco Auditorio
O Auditorio Novagalicia Banco acolle o novo espectáculo de teatro musical Bailando de Pica Pica. Nesta ocasión as festas chegan ao pobo dos amigos de Pica Pica, onde bailarán e cantarán novos temas infantís e algúns éxitos dos 80 como: Bailando, Tómbola, La Mané, El baile de la fruta o Viajar en tren, entre moitos outros.
Vaia banda! Odaiko Percussion Group e Banda Municipal de Música
📍 12:30 Teatro Principal
A integración dos instrumentos de percusión no contexto das agrupacións clásicas, orquestra ou banda, achega unha infinidade de timbres que dan cor e variedade a un espectáculo no que as posibilidades da percusión son case ilimitadas. Obras clásicas reinterprétanse en termos percusivos ofrecendo unha nova escoita que de seguro non deixara ao público indiferente.
ANDREA MOTIS & JOAN CHAMORRO GROUP
📍 21:00 Teatro Principal
Esta nova artista, Andrea Motis, canta cunha grande personalidade e ademais, toca o saxo e a trompeta. Do seu bo facer ten gran parte de responsabilidade o seu mentor Joan Chamorro. O traballo que está facendo este saxofonista (entre outros instrumentos) veterano do jazz catalán desde a Sant Andreu Jazz Band, a big band máis nova de Europa, é sensacional. Andrea Motis. Nada en Barcelona fai 18 anos, voz, saxos soprano, alto e trompeta. Trompetista como primeiro instrumento, pero moi boa saxofonista, alto e soprano. Comezou a cantar a principios de 2009 e foi nesta época que comezou, con só 13 anos, a colaborar con Joan Chamorro (recoñecido saxofonista e pedagogo). Desde entón realizou máis de 200 concertos, en Festivais de Jazz tan importantes como o de Barcelona, Peralada, Girona, etc. Este verán estivo de xira por diversos países como Suíza, Francia, Brasil, e no principio do ano fará unha xira por Turquía. No ano 2010, con só 14 anos, grava o disco "Joan Chamorro Presenta Andrea Motis", un traballo onde Andrea toca todos os seus instrumentos, pero co que máis podemos sentir é coa súa voz... O pasado ano publicou o seu ata agora, último disco 'Feeling good' con moi boa acollida. Andrea aporta un novo xeito de cantar, sensible, cun timbre de voz moi característico e maduro para a súa idade, e no que non podemos deixar de sentir a súa propia condición de instrumentista. Joan Chamorro (saxos baixo, barítono, tenor, alto e soprano, clarinete, clarinete baixo, frauta, corneta, contrabaixo) Estuda a carreira clásica de saxofón no Conservatorio de Barcelona co profesor Adolfo Vendas e paralelamente obtén o título de Grado Superior o Taller de Musics de Barcelona. Traballou con músicos de gran renome como Slide Hampton, Tete Montoliu, Frank Foster, Gary Smulyan, Dick Oatts, Bebo Valdes, Ralf Lalama, Nicholas Payton , Teddy Edwars, Frank Wess, Jessy Davis, Dennis Rowland, etc. Nesta ocasión fanse acompañar doutros tres excelentes músicos: o pianista Ignasi Terraza, o batería Esteve Pi e o guitarrista Josep Traver
Familia Caamagno y Yakuzas
📍 21.30 Sala Capitol
Tras editar no 2012 as súas dúas primeiras referencias sonoras (o homónimo EP de debut e o sinxelo “Cantan polo Nadal!”) e despois de recorrer toda a xeografía galega co seu bailongo directo, convertíndose nunha das revelacións da música actual galega, a Familia Caamagno arranca o 2014 co seu flamante novo EP, o vibrante e marchoso “Hai que andar cos tempos!”. Os acompañantes de luxo da Familia serán nada máis e nada menos que os madrileños Yakuza. Venta de entradas: A Reixa Tenda y Miranda (Tras Salomé nº 1)
Luma Gómez en Falabaratos
📍 Sala Agustín Magán (Santa Marta)
sábado 1 y sábado 8 de febrero a las 20.00 Monólogo gastronómico de consecuencias imprevisibles no que se sente a rabia feminina sen case que apreciala, sutilmente. A actriz mantén co público unha distancia prudente, pero íntima. Ela faise querer, é un ser aparentemente nobre, unha desas mulleres con ideas doutra época e das que todos temos algunha referencia persoal, ela podería ser aquela tía lonxana, a nosa curmá a solteirona, a nosa aboa ou mesmo a nosa nai. O seu discurso encerra algo doutro tempo e, tamén, algo de verdadeira revolución feminina. Si elas tiveran o que nós, ¿que pasaría? Se elas puidesen ligar por internet, saír ate as tantas, ¿estaríamos nós, os seus fillos, aquí...? Elas asimilaron a familia como concepto, o home como estandarte e a casa como bandeira. Pero, ás veces, hai que dicir: “¡Basta!” ¡Que boca tan grande tienes! Es, para comerte mejor. Lola Correa, autora / Luma Gómez, actriz / Roberto Taboada, selección musical / TinoViz, fotografía / Eva Alonso, asistente de producción / Eduardo Alonso, iluminación e dirección.
Riff-Raff Tributo AC/DC
📍 22.00 Sala Capitol
Esta banda de rock con más de 15 años de experiencia sobre los escenarios mostrará en la Sala Capitol el día 1 de febrero el poder de la música de AC/DC. Y es que este conjunto musical es conocido por las versiones que hace del mítico grupo fundado en Australia por los hermanos Young. Venta de entradas: Miranda! (Tras Salomé 1) / A Reixa Tenda
As do peixe
📍 21:00 Teatro Principal Rúa Nova 21
'As do peixe', unha obra orixinal de Cándido Pazó que leva aos escenarios a compañía Abrapalabra Creacións Escénicas. A peza conta coa dirección de Cristina Domínguez, escenografía de Carlos Alonso e coas actrices Mónica Camaño, Rocío González, Susana Dans e Casilda Alfaro nos papeis protagonistas.
Victor Aneiros Band con Julie Guravich
📍 21:30 Sala Capitol Calle de Concepcion Arenal 5
Víctor Aneiros, uno de los músicos más destacados del blues hecho en Galicia con cinco discos editados tres de ellos íntegramente cantados en gallego. Canciones que claramente se desarrollan por los caminos del más puro estilo blusero con un directo donde han sabido crear la atmósfera humeante y descarnada del blues. Venda entradas: Teatro Principal (18-21h, de martes a sábado), A Reixa Tenda, salacapitol.com