Agenda
Programación de novembro de A Nave de Vidán
📍 Avenida Mestra Victoria Míguez, nº 44
Os seráns da Nave abren, como xa é habitual a programación cultural da Nave deste mes de Novembro. Unha cita xa clásica que chega o primeiro xoves de cada mes, neste caso o día 7, é que abrirá como sempre ás 21:30 h con un obradoiro de baile para dar paso, seguidamente ás actuacións das pandereteiras de Bouba e aos grupos Pradairo e Alvariza. Ao final do serán, como sempre terá lugar unha pequena foliada con aquelas persoas que resistan e o prezo do billete de entrada será o habitual de [2€] Na seguinte semana temos tres citas especiais, o xoves 14 a partir das 21:30 h, a primeira das intervencións escénicas do mes con Esther F. Carrodéguas e a súa poesía de supermercado na propostas Super-Market. Un show poético crítico, satírico, humorístico, e moi-moi romántico, sobre temas que teñen que ver coa alimentación e os supermercados e con un prezo de entrada moi apropiado [4,99€]. Ao día seguinte será a grande festa das castañas co Magosto de Vidán, organizado conxuntamente co Bar Esquina, co Casimiro e co Café Luna, ese venres 15 desde as 20:30 h teremos moita festa. Acompañando as castañas asadas poderemos desfrutar de moita música e de chourizos con pan, diversión asegurada. E acabamos a semana con máis música e máis festa rachada pois o sábado 16 a Asociación de gaiteiros galegos organiza unha Foliada gaiteira na que poderemos bailar e cantar cos mellores foles do país. Será a partir das 22:00 h. e con entrada gratuíta tamén. Música, humor e debate. Na penúltima semana do mes chegan dúas propostas moi especiais, o mércores 20 será a vez de deleitarnos co concerto camerístico a tres bandas co cellista Sergio Menen, Fred Martins á guitarra e a voz da portuguesa Susana Travassos. Unha oportunidade única para deleitarnos con tres músicos de enorme calidade e renome internacional, a partir das 21:30 h e cun billete de entrada de só [5€]. O día seguinte, xoves 21, voltaremos a contar con Luís Zahera -após a suspensión da súa actuación anterior por causa do pasamento de Xosé Manuel Olveira ‘Pico’- e co seu espectáculo Chungo no que tentará explicarnos as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Será a partir das 21:30 h. e cun prezo do billete a [6€]. Finalizaremos o mes con dúas propostas diferentes mais moi interesantes ambas. O xoves 28 volve o debate na praza, organizados polo xornal dixital Praza Pública, que desta volta tratará un tema de máxima actualidade como é a reforma da lei de educación e a imposición da LOMCE. Será a partir das 20:30 h. e con entrada gratuíta como todos os meses. E ao día seguinte fecharemos o programa de Novembro cunha proposta musical de enorme calidade, o venres 29 será a vez do concerto de Tempo Catro. Un cuarteto composto por músicos de sólida formación académica e experiencia artística afondan no tango instrumental contemporáneo, e de renovada estética, de Astor Piazzolla. A partir das 22:30 h. unha proposta para non perder e por só [5€].
Carvin Jones Band
📍 Sala CapitolCalle de Concepcion Arenal 5
Horario: 21:00 En outubro de este mesmo ano a banda Carvin Jones volverá a España para comezar unha xira onde presentará un novo traballo que gravará no noso país e que contará coa colaboración de artistas españois.
Narf Trío · Nas Tardes Escuras
📍 Sala Capitol Calle de Concepcion Arenal 5
"Nas tardes escuras" (El Patito Editorial), será presentado en concerto o día 31 de outubro na Sala Capitol. O grupo, liderado por Fran Pérez NARF, con L.A.R. Legido na batería, e Alberto Rodríguez " Ho Chi Min " no baixo, estreará as pezas do disco nun concerto, precedidos por GARCÍA MC, ás 22:30 h. Neste novo traballo, Narf explora a poesía de Rosalía de Castro desde a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa. Editado en formato “libro-disco” con ilustracións de Fausto Isorna, conta coa produción musical de Antonio Vázquez e atópase xa nas librerías. 6€ anticipada Venta de entradas: Miranda Cultura para levar / A Reixa Tenda / Casa das Crechas
Sexpearemente
📍 Teatro PrincipalRúa Nova 21
Horario: 12:00 SEXPEAREMENTE conta a historia da compañía, unha biografía hilarante e fantástica, unha realidade máxica, unha comedia baseada nun drama esmagador: o dunha compañía de teatro que loita por sobrevivir.
Sonor Ensemble
📍 Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)Rúa Valle Inclán s/n
Horario: 20:30 Conxunto de cámara integrado por solistas e profesores con experiencia sinfónica como de cámara. Concerto dirixido por Luis Aguirre, co pianista Sebastián Mariné e a mezzosoprano Gudrún Ólafsdottir.
Viaxe a Dadá
📍 Zona "C"San Domingos de Bonaval 1
Horarios: 10:30 y 12:00 "Viaxe a Dadá" é un proxecto para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes. É sementar para recoller, sementar para que nazcan flores, sementar para (re)coñecer a Vida e descubrir o Mundo. Entremos no faiado da infancia, subámonos a Dadá, o noso cabaliño de madeira, e viaxemos xuntos polas lembranzas da nenez, entre xogos e cantigas.
Catro tímbricas pintadas
📍 Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)Rúa Valle Inclán s/n
Horario: 18:30 O ensemble Música Práctica nace baixo a dirección artística de Jorge Montes, Fernando Buide e Alejandro Sanz e o seu primeiro programa titúlase 'Catro tímbricas pintadas'. Preséntano dentro do ciclo A desTempo enmarcado nas Xornadas de Música Contemporáneas. O Ensemble nace sen límites de repertorio, estilos ou formación e basea o seu ideal de traballo na calidade e respecto pola música. O propio nome do ensemble quere reflectir un meticuloso pragmatismo á hora de afrontar os proxectos, concertos etc.
O país do Pato Donald
📍 Zona "C"San Domingos de Bonaval 1
“O país do Pato Donald” é unha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura que vive os seus últimos días a cabalo entre a realidade e as lembranzas dunha vida anterior moito máis rica e idealizada. Un espectáculo onde todos nos podemos identificar e no que todo sabe a “verdade”.
II Semana de Puertas Abiertas IDENTIA C&F
La semana del 21 al 26 de octubre en IDENTIA C&F celebramos nuestra II Semana de Puertas Abiertas con talleres, ponencias, charlas y actividades GRATUITAS sobre familia, maternidad, hijos, pareja, empleo, empresas ydesarrollo personal, todas estas actividades tendrán como sello de unión el COACHING. Queremos y estamos deseando compartir esta semana contigo!! PROGRAMA + INFO: http://identiacf.blogspot.com.es/2013/09/ii-semana-identia.html INSCRIPCIONES: https://docs.google.com/forms/d/1_FNodoh0cdhZ7htyRqeugWYqinfmPjV3N3MIQPeQKgA/viewform
O bosquexo do mundo
📍 Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións
‘O BOSQUEXO DO MUNDO’ é unha exposición colectiva comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, e coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Auditorio de Galicia, e a Fundación Luis Seoane. Unha aposta polas mostras de produción propia que se fai extensible aos tres centros, como nova experiencia de coprodución e traballo en rede. O título da exposición, sérvese da ambigüidade e riqueza do termo ‘bosquexo’, como proxecto ou apuntamento previo á execución dunha obra, e tamén como imaxe mental, como idea latente na mente do artista e no seu ámbito de traballo. Nun labor conxunto de investigación e diálogo cos artistas, os comisarios achegáronse a cada un dos talleres e lugares de produción, para seleccionar ou rescatar toda unha serie de materiais que son parte esencial da estrutura das obras, e que aportan novas lecturas e tamén novos interrogantes sobre a súa orixe e significados. A selección abrangue varias xeracións, dende artistas que iniciaron a súa traxectoria nos anos oitenta, ata os máis novos, nacidos a principios desa mesma década, ou na inmediatamente anterior, nos setenta. Autores que traballan nos máis variados ámbitos creativos, utilizando técnicas e materiais —debuxo, gravado, pintura, colaxe, escultura, fotografa, vídeo, instalación...— que en ocasións funcionan como método de investigación, como soporte ou material de apoio para as obras. Xunto a un traballo minucioso para a exhibición das obras e materiais de pequeno formato, a montaxe da exposición debe adaptar os seus contidos as peculiaridades de cada un dos espazos, xa que inclúe pezas adaptadas especificamente á configuración das salas. En palabras dos comisarios, “unha proposta que, no aspecto visual e de montaxe expositivo, investiga os intersticios que se abren entre o puro documentalismo e o environment ou a instalación. Unha montaxe que pon en escena o estatus ambiguo do ‘bosquexo’: camiña cara á obra pero non é obra aínda... ou se cadra xa si” e “unha mostra que sorprenderá a nenos e maiores que poderán disfrutar moito nela”. Horario da exposición: De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00h. Todos os días.
Corcheas, Semifusas e Ilusións. Unha obra máxica e musical.
📍 Casa Cultura de Bertamiráns. Ames.
Unha obra máxica a través da música en directo, composta cos acordes da baralla de Martín Camiña. Unha das mellores bandas do momento, a Muras Triofunk, vese na obriga de compartir escenario cun ilusionista melómano. El desexa tocar, pero a súa calidade musical está á mesma altura cós orzamentos para a cultura, co que só lle queda continuar cos seus números de maxia. O grupo e a súa mánager, farán todo o posible para non admitir semellante inquilino, xa que a ruína do conxunto estaría garantida. Maxias cás partituras, a auga, os micrófonos, os instrumentos, a luz, os pensamentos, o son, as cartas, a froita do catering ou as cordas…..e non só as da guitarra, afinarán esta peza máxica e musical. Espectáculo para escoitar, ver e asombrarse, creado en "clave de fa": fabuloso, fascinante e fantástico.
Presentación libro Almas brujas de Helena Cosano
📍 Real Club Náutico de A Coruña Calle Celedonio de Uribe, nº 1
Horario: 20:00 Intervendrán: Germán Suárez Umaniega Lores, presidente del Real Club Náutico de La Coruña, Manuel Sánchez Solano, vocal de actividades culturales del R. C. N. C, José María Paz Gago, catedrático de Literatura Comparada de la Universidad de A Coruña, Javier Bahamonde Santiso de Ossorio, historiador y escritor, María Bahamonde, escritora, Basilio Rodríguez Cañada, escritor y editor, y Helena Cosano, autora del libro.