Agenda
Lamatumbá presenta 'A órbita da banda hipnótica'
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
Horario: 21:30 Lamatumbá, uno de los principales exponentes de la música gallega que lleva por el mundo adelante la verbena del século XXI, actúa en directo en la Sala Capitol en la presentación de su nuevo disco.
Castanets en 'Vangardas Sonoras'
📍 Aula Sociocultural Caixa Galicia Carreira do Conde, 18.
o grupo indie estadounidense Castanets é a aposta máis arriscada do ciclo 'Vangardas Sonoras'. Chegan a Compostela coa formación completa e un novo álbum debaixo do brazo titulado Texas Rose, The Thaw, and The Beasts. A contribución de Castanets á música independente sempre se desenvolveu dun modo estraño, experimental e desafiante. Country-rock de bar de carreteira que se volve de repente, en ruído -melódico ou non-. Blues das planicies, folk do camposanto, deixando sempre a sensación de que se quixesen, poderían facer un pop totalmente accesible. Dende o seu disco debut Cathedral, hai máis de cinco anos, deixaron sen fala á crítica musical máis exixente. Aquelo era algo entre Dylan e… The Swans.
II Concerto Homenaxe ao Luthier Pablo Seoane
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53
Horario: 21:30 O II Concerto Homenaxe ao Luthier Pablo Seoane xunta tres bandas de indie rock, hardcore e metal: Nothink, Día de Furia e Yidorah Nothink é unha banda de rock que busca experimentar, xogar coas texturas e os ambientes, creando sempre distintos matices de euforia e melancolía. Os seus sinais de identidade son as guitarras crúas cunha base potente e vibrantes refráns cheos de melodías, que se nutren principalmente do rock dos 90 e dunha actitude punk sobre as táboas. Chegan á Nasa para presentar o seu terceiro disco gravado en Seattle por Matt Bayles (Pearl Jam, Soundgarden…). Día de Furia é unha banda de rock-core de Cangas do Morrazo cargados de melodías, emoción e algo de mala hostia como o seu propio nome indica. Xúntanse despois de ano e medio de parón para revivir e presentar os temas que os convertiron nunha das bandas máis prometedoras do panorama indie. Yidorah é un novo proxecto musical que arrinca en marzo do 2009 en Santiago DC. Formado pola fusión de músicos experimentados, procedentes de diversos grupos de metal de distintos puntos do país. Yidorah nace como unha mestura fresca, enérxica e sobre todo moi contundente do metal, thrash e hardcore de nova fornada. Yidorah aposta forte por unha música que non deixa indiferente a ninguén e que pretende deixar a súa pegada no panorama metaleiro.
A arte de contar un conto
📍 CSC Ensanche Frei Rosendo Salvado, 14-16
Horario :19:30 O narrador Javier Rocamora, con máis de quince anos de experiencia contando contos a grandes e pequenos, fala de forma amena de como contar un conto.
'O doutor a paos', de Pinchacarneiro
Horario: 19:00 A compañía teatral Pinchacarneiro reúne no escenario 14 actores e actrices con distintos graos de discapacidade intelectual ou enfermidade mental, que asumen o reto de poñer en escena o texto de Moliére, coa dirección de José Colmenero.
ROBERTO SOBRADO
📍 Bar Ultramarinos Casas Reais, 34
Horario: 22:30 Roberto Sobrado é música e poesía. Sempre vai haber algún acorde que saia da súa guitarra para encher unha festa, sempre un verso a ilustrar un capítulo da vida. Comezou con Silvio, Sabina e Serrat, logo deulle por Calamaro e Reixa, mais os seus propios versos e melodías non lles desmerecen a ningún deles nin en forza nin en compromiso. Os seus discos son cálidos os seus directos dinámicos. Non dubidedes en achegarvos a el porque sempre sairedes cun sorriso, sempre levaredes un retrouso no corazón. Música feita con sentidiño e sentimento. Música feita en Galiza e en galego. www.myspace.com/robertosobrado
Concerto acústico de Mark Lanegan
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
Horario: 20:30 Mark Lanegan é coñecido pola súa carreira en solitario e tamén como vocalista de Screaming Trees, unha banda de grunge que xurdiu en Seattle nos anos 90. Agora preséntase en Santiago en formato acústico, con Duke Garwood como convidado especial.
Quequé: 'Uno y Trino'
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53
Horario: 21:30 Uno y Trino é un espectáculo de humor perpetrado por Quequé en compañía do músico Raúl Martín. A historia dun home que, máis ca cantar, trina como un paxaro en celo tratando de chamar a atención.
Intervención con graffitis
📍 CSC A Trisca Corredoira das Fraguas, 92
Do 18 ao 22 de maio, o CSC A Trisca promove unha intervención artística con graffitis no exterior do seu edificio.
'Camiño de aventuras' con Títeres Cachirulo
📍 Arteria Noroeste. Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo
Dentro do ciclo Escena en Familia, Arteria Noroeste acolle a representación de Títeres Cachirulo sobre unha historia que comezou hai cincocentos anos. Gaiferos parte en misión segreda para chegar a un acordo co príncipe árabe e acabar coa guerra entre os seus pobos. Nun lugar do Camiño, Gaiferos atopou a Lucifer, que tentou detelo desafiándoo ao 'Xogo da oca'. Tivo sorte cos dados o peregrino, engañou ao demo e seguiu o seu camiño. Mais o inferno estivo por todo o mundo a facer despropósitos e maleficios para deter o emisario da paz.
A Banda Municipal celebra o Día das Letras
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
Horario: 12:00 Para celebrar o Día das Letras Galegas, a Banda Municipal de Santiago realiza un concerto especial no que participará o gaiteiro J. Manuel López 'Josele'. Entre as obras que inclúe o progama atópanse Alborada Galega de P. Veiga e X.L. Represas, Pico Sacro de E. Campos, Celtia de E. G. Arroitajauregui e Xosé Carlos Seráns, Impresións galegas de E. Saavedra, A lenda de Montelongo de B. Del Río e X. L. Represas e Negra Sombra de X. Montes X. Carlos Seráns. A Banda Municipal é unha das máis antigas de Galicia, xa que se formou en 1849. Na actualidade conta con 38 compoñentese e entre as súas actividades destacan os concertos dominicais, os de verán e os didácticos.
Contacontos con Charo Pita
📍 LSC de Marrozos
Horario : 19:00 A narradora Charo Pita introducirá aos nenos e nenas no universo das palabras a través dos seus relatos.