Agenda
Quiquoqua
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53
Horario: 21:30 Circo bastardo, teatro freak, música rarita, flamenco axitao, cancións delirantes, pero sobre todo moito humor, son algúns dos contidos do espectáculo desta compañía de galegos adoptados que veñen queimar a cidade... de risa.
'A busca' no ciclo 'Camiños'
📍 Aula Sociocultural Caixa Galicia Carreira do Conde, 18
Horario: 20:30 Historia da viaxe máis importante na vida dun home polo corazón de China, que se produce cando o protagonista descobre que o seu fillo Ken-ichi, do que está distanciado, está gravemente enfermo. Entón apresúrase a acudir ao seu lado. Qian li zou dan qi, China, 2005 Xénero e duración: Drama, 107' Dirección: Zhang Yimou Guión: Zhang Yimou e Jingzhi Zou Música: Wenjing Guo Fotografía: Xiaoding Zhao Intérpretes: Takakura Ken, Terajima Shinobu, Nakai Kiichi
Jazz con Quest
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
Horario : 20:30 O XV Ciclo de Jazz da Fundación Pedro Barrié de la Maza inclúe unha actuación en Compostela: Quest, un cuarteto formado por Dave Liebman, Richie Beirach, Ron McClure e Billy Hart. O grupo está formado por catro músicos: Dave Liebman ao saxo, Richie Beirach ao piano, Ron Mc Clure ao baixo e Billy Hart á batería, que actuaron con Miles Davis, Dexter Gordon e Chet Baker, entre outros. Cando non tocan as súas propias composicións de jazz de vangarda, algunhas laboriosas e de difícil execución, escollen outras máis estándar nas que imprimen o seu selo. Ademais, cada un lidera o seu propio grupo.
Son da corda
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
A compañía Forma Teatro pon en escena Son da corda, unha obra que conta o inicio da comunicación entre tres mulleres que coinciden na sala de espera dun psiquiatra coa única pretensión de normalizar as súas vidas. Autoría: Rita Tabarés Goldar Dirección: Rita Tabarés Goldar Escenografía: O Contramaestre Vestiario: Forma Teatro Luces: Sara Baltar Fotografía: Rubén Llenderrozos Música orixinal: Anne Tooming e Juan Ramos Actrices: Tania L. Villamarín, Sara Baltar e Rita Tabarés
Novoneyra na voz de Darío Xohán Cabana
📍 CSC do Castiñeiriño Rúa Virxe de Fátima
Horario : 19:00 Dentro do programa Letras Vivas, o CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño acolle unha conferencia recital de Darío Xohán Cabana, na que o escritor lugués falará de Uxío Novoveyra e recitará versos do poeta ao que se lle dedica este ano o Día das Letras.
Teo-Cuntis - SD A Gaiola
📍 Quiroga Palacios (Conxo), Santiago de Compostela
Partido perteneciente al campeonato de copa de futbol sala femenino de la Asociación de Veteranos de Santiago, para más información visita la web http://www.advsantiago.com/
Benjamin Biolay no ciclo Sons da Diversidade
📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.
Horario : 21:00 Entradas: Caixa Galicia Unha nova cita cos Sons da Divesidade, desta volta co cantante, compositor, letrista, multi-instrumentista, produtor, arranxista e actor francés, que no seu último disco La superbe amosa a cara máis épica e rockeira da chanson. La Superbe é un dobre disco épico. O cautivador quinto álbum de Benjamin Biolay é unha ópera urbana inspirada por Serge Gainsbourg e Chet Baker que fala de amores novos e de amores perdidos, que conta a historia dunha relación que acaba por non funcionar. Un traballo feito co máis sereno e delicioso abandono. Unha proposta chea de crescendos dramáticos e refinados arranxos de corda.
CAMARADA K, DE TEATRE DEL MAR
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53
Horario: 20:00 Teatre del mar erguerá o seu pano na Nasa para representar Camarada K, unha das seis obras de teatro seleccionadas para circular pola Rede de Teatros Alternativos durante a tempada 2009/2010. Camarada K evoca, a partir dos seus diarios, a súa correspondencia e a súa produción literaria, ao escritor ruso Daniil Kharms, un autor de vangarda que só foi quen de publicar dous poemas e uns cantos libros infantís, e cuxa vida se veu marcada pola Segunda Guerra Mundial e pola represión estalinista.
Obradoiro con Títeres Cachirulo
📍 CSC José Saramago, Vite
Horario: 11:30 Obradoiro a cargo de Títeres Cachirulo, unha compañía compostelá que leva desde 1986 montando espectáculos de monicreques para público infantil e adulto.
'Imos ao baile' con Eva e Camilo
📍 CSC do Castiñeiriño Rúa Virxe de Fátima
Horario : 17:30 Nova actividade do programa 'Imos ao baile', desta volta no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño, coa dirección de Eva e Camilo.
Tango contemporáneo con Trío Szabo-Silvera-Díaz
📍 Dado-Dadá Rúa Alfredo Brañas, 19
Horario : 23:30 O Trío Szabo-Silvera-Díaz ofrece un concerto de tango contemporáneo. Con bandoneón, guitarra clásica e contrabaixo, o trío interpretará temas de Piazzola con arranxos propios.
Sexo? Por que non?
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
Horario: 8 de maio: 20:30 9 de maio: 18:00 Baseado nos textos de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame, con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. O monólogo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico.