Agenda
'Magia Potagia' con Juan Tamariz
📍 Auditorio de Galicia. Entradas anticipadas no 902 43 44 43 ou na taquilla virtual de Caixa Galicia.
Horario: 20.30 O festival Compostel Máxica conta nesta edición cun dos magos máis famosos do mundo: Juan Tamariz. O madrileño ofrecerá un espectáculo de cartomaxia co seu inconfundible estilo e humor, acompañado da maga colombiana Consuelo Lorgia. Juan Tamariz ((Madrid, 1942) está considerado o máis importante mago de cartas do mundo. É coñecido pola súa gran creatividade, sentido do humor, versatilidade e imaxinación. Tamariz actuou en todo o mundo, recibiu importantes premios internacionais e fixo achegas teóricas de gran relevancia ao mundo da maxia. A súa popularidade débese tamén ás súas numerosas aparicións televisivas.
Kathaarsys en concerto
📍 Sala Capitol. Rúa Concepción Arenal, 5. Teléfono: 981 574 399
Horario: Kathaarsys é un grupo compostelán de metal e música progresiva. Despois de xirar por Bulgaria, Romanía, Serbia, Croacia, Alemaña e Francia volven á súa cidade para presentar o disco, Intuition.
Obradoiro do espectador: sesión de adestramento
📍 CSC Fontiñas.Rúa Berlín, 13. Teléfono: 981 528 750
Horario: 20.00 Primeira sesión dun novo obradoiro do espectador, unha actividade que trata de achegar o público á escena contemporánea, neste caso a través de Camarada K, do grupo mallorquín Teatre del Mar. Nesta primeira sesión de adestramento, os participantes contextualizan o espectáculo que van ver máis adiante. Uns días despois asisten ao espectáculo escénico contemporáneo e a un coloquio posterior cos axentes creativos do espectáculo. O espectáculos e o encontro cos creadores terá lugar o venres 7 de maio ás 21.30h na Sala Nasa.
Aló Django en concerto
📍 Pub Borriquita de Belém. San Paio, 22
Horario: 22.45 Un novo concerto desta banda que mestura o swing con outros xéneros musicais e teatrais para ofrecer unha actuación con boa música e altas doses de humor. Alo-Django nace no ano 2007 pola vontade de Mon Orencio (Ruso negro, Deguello, Cool Hamsters, etc) e Xabier Mera (cía. Pistacatro) de ofrecer un concerto divertido co swing como banda sonora. Sumáronse como plantilla fixa o violinista Quim Fariña (Berrogüetto), o contrabaixista Alfonso Calvo, o violinista Xacobe Lamas e máis a mellor claquetista de Galicia, Gail Levitt. Ademais o proxecto ten o espírito de obradoiro musical, aberto a posibles colaboracións con outros artistas musicais cómicos, bailaríns,etc, moi en relacion co xénero do cabaré de onde proveñen os seus integrantes.
Les Cinq de Cora: concerto e jam session
📍 Dado-Dadá. Rúa Alfredo Brañas, 19. Teléfono: 981 591 574-629 234 044
Horario: 23.30 O grupo que lidera Coralie Yap-Chine volve en formato quinteto para unir música e teatro nun espectáculo que achega o público á chanson francesa con frescura e humor
Terceira xornada do seminario 'Lingua, Sociedade e Política en Galicia'
📍 Consello da Cultura Galega, Pazo Raxoi 2º andar. Teléfono: 981 957202
Horario: 9.30-19.00 A lingua nos medios de comunicación e no ámbito socioeconómico será obxecto de debate e reflexión na terceira sesión do seminario 'Lingua, Sociedade e Política en Galicia', oganizado polo Consello da Cultura Galega. Os expertos, procedentes de centros españois e europeos, debaterán sobre aspectos como economía e linguas, lingua e desenvolvemento económico, a lingua como ben común, linguas menores e medios de comunicación, e discursos sobre linguas e ideoloxías lingüísticas nos medios de comunicación. Programa: MEDIOS DE COMUNICACIÓN E ÁMBITO SOCIOECONÓMICO - 9.30 h. Economía e lingua(s). Relator: François Grin (Université de Genève). Retrucante: Marcelino Fernández Mallo - 11 h. Lingua e desenvolvemento económico desde/para Galicia. Relator: Francisco Sanjiao Otero (USC). Retrucantes: Enriquez Sáez Ponte e Gonzalo Vázquez Pozo - 12.30 h. A lingua como ben común. Relator: Xosé Manuel Villanueva Prieto (Consorcio de Santiago). Retrucantes: Marcos Lorenzo Gallego e Xosé Manuel Pereiro Sánchez - 16 h. Linguas menores e medios de comunicación. Relator: Tapio Varis (Tampereen Yliopisto). Retrucantes: Francisco Campos Freire e Xosé Ramón Pousa Estévez - 17.30 h. Discursos sobre a(s) lingua(s) e ideoloxías lingüísticas nos medios de comunicación. Relator: José del Valle (Cuny Graduate Center). Retrucantes: Ana Iglesias Álvarez e Belén Regueira Leal
Proxección de 'Cinzas do ceo' e coloquio co seu director José Antonio Quirós
📍 Arteria Noroeste, Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.
Horario: 18.00 En Arteria Noroeste desenvólvese unha nova cita do programa 'Cine por dentro: diseccionando filmes', coa proxección deste filme rodado en Asturias, seguida dunha master-class co seu director, José Antonio Quirós. Cenizas del cielo, España, 2008 Xénero e duración: Drama, 96' Dirección: José Antonio Quirós Guión: José Antonio Quirós, Dionisio Pérez e Ignacio del Moral Música: Ramón Prada Fotografía: Álvaro Gutiérrez Intérpretes: Celso Bugallo, Clara Segura, Gary Piquer, Beatriz Rico, Adriano Prieto, Fran Sariego Ferguson, un escocés aventureiro, escritor de guías turísticas, visita o norte de España para completar a súa última publicación. A autocaravana que conduce déixao tirado non precisamente á beira dunha fermosa praia, senón baixo as chemineas dunha central térmica. Vese obrigado a permanecer alí, e descobre un novo mundo, un lugar imposible onde vai iniciar unha peculiar amizade con Federico, un home de campo que cre que o compromiso de Kyoto vai pechar a térmica que contamina o val.
'A longa viaxe' no ciclo 'Camiños'
📍 Aula Sociocultural Caixa Galicia. Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala).
Horario: 20.30 Filme que conta a viaxe dun pai e o seu fillo desde o sur de Francia ata A Meca. Os dous pertencen a unha cultura na cal a comunicación entre ambos é difícil pero non imposible. Le grand voyage, Marrocos, 2004 Xénero e duración: Drama, 108' Dirección e guión: Ismaël Ferroukhi Música: Fowzi Guerdjou Fotografía: Katell Djian Intérpretes: Nicolas Cazalé, Mohamed Majd, Roxane Mesquida, Kamel Belghazi, Jacky Nercessian, Ghina Ognianova O abismo xeracional, cultural e lingüístico entre eles é máis grande debido ao seu status de exiliados en Francia. Ao longo desta viaxe lograrán entender que os separa pero tamén que os une.
Maxia con Willy Monroe
📍 Ver cadro
DIA HORARIO LUGAR 3 MAIO 19.00 PRAZA PRATERIAS 4 MAIO 19.00 PRAZA ROXA 5 MAIO 13.00 PRAZA PRATERIAS 5 MAIO 23.00 PUB GAROA O festival Compostela Máxica programa unha nova actuación deste mago polifacético: especialista en globoflexia e maxia e virtuoso en cartomaxia, maxia de preto e ilusionismo. Willy Monroe é especialista na arte da escultura con globos, pompas de xabón, papiroflexia, malabares con cartas, quebracabezas, palíndromos e unha chea de rarezas máis. É campión do mundo en actuación con globoflexia.
DE MERENDA CON OPA CHAVALES
📍 Sala Nasa
Horario : 20:00 Opachavales.com é unha web compostelán de frikadas varias, pero usando palabras feas poderiamos dicir que alí se xunta o humor gráfico, a literatura e os delirios audiovisuais e tamén que os seus tres autores teñen nela secuestrado ao espirito do rockanroll (que había tempo que andaba desaparecido). Exactamente téñeno na Habitación de Felucas, por onde van pasando os grupos máis interesantes da bisbarra, a botarlle unha peza entre a cama e os estantes do Felucas, para que logo o vexades na internete. Agora queren ir de merenda á Nasa, e que mellor día ca un domingo para facer algo distinto. Haberá croquetada sideral, atraccións, regaliños sorpresa coa entrada, sesións musicais vibrantes e actuaciós en vivo a pelo, ao puro estilo da Habitación de Felucas, nuns escasos 5 metros cadrados. A xente guai vai vir. Ademáis, a primeira festa é o dia dos namorados e terán de grupos convidados a Malandrómeda e Sr. Anido!!
Serrat canta a Miguel Hernández
📍 Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia Recinto Ferial de Santiago - Amio, s/n
Horario : 21:30 O cantautor catalán Joan Manuel Serrat volve render homenaxe no seu último traballo ao seu admirado Miguel Hernández. No Pazo de Congresos e Exposicións presenta Hijo de la luz y de la sombra, un álbum en memoria do poeta de Orihuela no centenario do seu nacemento. Serrat é unha das figuras máis salientables da canción moderna tanto en lingua española como catalá. Desde o lanzamento en 1967 de Ara que tinc vint anys, publicou 35 discos, algúns xa clásicos como Mediterráneo ou Dedicado a Antonio Machado, poeta. O seu último traballo, Hijo de la luz y de la sombra, é a súa segunda homenaxe a Miguel Hernández, poeta republicano e universal, ao que xa dedicou un disco homónimo en 1972. Unha montaxe audiovisual alusiva aos versos de Miguel Hernández acompaña a voz de Serrat neste espectáculo.
A obra 'Zapatos' en 'Escena en familia'
📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.
Horario: 13:00 La compañía Caramuxo aterriza en el ciclo Escena en Familia con una representación para bebés y niños a partir de un año, que explica lo que les pasa a los zapatos cuando ya nadie los usa. Autor: Juan Rodríguez Santiago Idioma: galego Duración: 30 minutos