Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

Recital de poesía nun pub
14 MAYO 2010

Recital de poesía nun pub

📍 Bar Ultramarinos Casas Reais, 34

Horario: 22:00 Unha das actividades coas que o Concello celebra o Día das Letras Galegas son unha serie de recitais poéticos nos pubs de Santiago, os días 7, 14 e 21 de maio, nos que está confirmada a presencia de 24 poetas.

Concerto de Raekwon, de Wu-Tang Clan
14 MAYO 2010

Concerto de Raekwon, de Wu-Tang Clan

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5

Horario: 22:00 Dentro da programación do ciclo Xacobeo Importa, chega a Santiago Raekwon, un dos membros máis activos do mítico colectivo de hip-hop Wu-Tang Clan, creadores do gansta rap. Membro de Wu-Tang Clan desde a gravación do seu primeiro e clásico disco Enter the Wu-Tang: 36 Chambers, Raekwon asinou xa cinco álbums. O último é Only Built 4 Cuban Linx... Part II (2009).

Concerto de SonDeSeu polas Letras Galegas
14 MAYO 2010

Concerto de SonDeSeu polas Letras Galegas

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións

Horario: 21:00 'Letras Galegas 2010. Homenaxe a Uxío Novoneyra' é o titulo que leva este concerto, no que a orquestra presentará o seu novo traballo, Barlovento. SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tracición ordal da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes. As súas seccións abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada. A formación naceu en 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, hoxe Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, experiencia singular que persegue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade.

Galiza en Punk: Tiro na Testa, Skarmento e Bulldozers
14 MAYO 2010

Galiza en Punk: Tiro na Testa, Skarmento e Bulldozers

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53

Horario: 21:30 'Galiza en Punk: Caos en Santiago DC' propón dúas noites de punk. A primeira das citas é o venres cos coruñeses Bulldozers e os lalinenses Tiro na Testa e Skarmento. Tiro na Testa, é un grupo de punk rock formado en Donramiro (Lalín) a mediados dos 90 que presentan o seu esparado novo traballo e a súa nova formación: Josoleo (bateria e voces), Costa (baixo e voces), José (guitarra e voz)? Adrián (guitarra e coros). Skarmento naceron en Lalin no 2000, despois de concertos pola comarca, Vigo, Santiago, Ourense e Lugo, chegaron a Madrid, Euskadi, Navarra e Mallorca. Despois de máis dun cento de actuacións, incluídos concertos en Francia e Alemaña, seguen dando guerra. As súas influencias están claras: Cock Sparrer, The Clash, Stiff Little Fingers, Social Distortion, Peter and the Test Tube Babies...

Concerto de Corrina Greyson
13 MAYO 2010

Concerto de Corrina Greyson

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53

Horario: 21:30 Corrina Greyson é unha das damas máis activas da actual escena soul-funk londinense. As súas impresionantes actuacións valéronlle a reputación de ser unha das mellores vocalistas femeninas de blues e soul no Reino Unido.

Concerto do pianista chino Lang Lang
12 MAYO 2010

Concerto do pianista chino Lang Lang

📍 Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia Recinto Ferial de Santiago - Amio, s/n

Horario: 21:00 Considerado o mellor pianista da actualidade, no seu concerto en Santiago de Compostela interpretará obras de Beethoven, Albéniz e Prokofiev.

Pablo Moro en concerto
12 MAYO 2010

Pablo Moro en concerto

📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

Horario: 21:00 O ciclo Arteria Rock ofrece nesta ocasión o pop-rock de autor do asturiano Pablo Moro, que presenta o seu disco Pequeños placeres domésticos.

Javier Perianes coa RFG dirixida por Michal Nesterowicz
12 MAYO 2010

Javier Perianes coa RFG dirixida por Michal Nesterowicz

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións

Horario: 21:00 Javier Perianes é un pianista novo pero cun importante recoñecemento internacional. Neste concerto coa Real Filharmonía de Galicia interpretará pezas de Urrutia, Rautavaara e Chopin baixo a dirección do polaco Michal Nesterowicz, de só 36 anos. Michal Nesterowicz, director Javier Perianes, piano I. Urrutia, Gerok E. Rautavaara, Canticus articus F. Chopin, Concerto para piano núm. 2 en fa menor, op. 21

Vashti Bunyan no Festival Sinsal
12 MAYO 2010

Vashti Bunyan no Festival Sinsal

📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34

Horario: 22:00 Vashti Bunyan é unha cantautora inglesa que publicou en1969 o fermoso disco Just Another Diamond Day, para despois retirarse durante 35 anos, para volver esta década reivindicada polas novas figuras do folk. Nesta segunda parte da súa carreira publicou o disco Lookaftering (2005) e unha compilación de singles e demos gravados entre o 67 e o 69. Tamén colaborou con artistas como Devendra Banhart, Vetiver ou Animal Collective.

Primeiro día das Festas da Ascensión
12 MAYO 2010

Primeiro día das Festas da Ascensión

Comezan as Festas da Ascensión, cun programa que hoxe inclúe pasarrúas, comparsas, verbena e o concerto de Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra. Programa do día * 12.00 h. Disparo de bombas anunciando o comezo das festas * 12.30 h. Pasarrúas: gaiteiros * 12.30 h. Comparsa de cabezudos * 20.00 h. Pasarrúas: gaiteiros * 21.00 h. 'Música no Toural': S.E.M. Big Band * 23.00 h. Orquestra París. Paseo Central da Alameda * 23.00 h. Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra en concerto. Campus Sur

XV Certame de Teatro Intercentros
12 MAYO 2010

XV Certame de Teatro Intercentros

📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.

Horario: 20:00 Representación da obra gañadora do XV Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Concellaría de Educación, e no que participan 14 centros escolares de Santiago e comarca. A obra seleccionada é O espello da alma, do IES Rosalía de Castro. Ao finalizar a representación farase entrega dos premios á mellor obra, ao mellor actor, á mellor actriz e ao mellor actor e actriz infantís do certame.

Concerto de Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra
12 MAYO 2010

Concerto de Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra

📍 Campus Sur

As Festas da Ascensión arrancan co concerto dunha das bandas máis frenéticas da música balcánica, liderada polo coñecido cineasta Emir Kusturica. A No Smoking Orchestra foi creada na convulsionada Sarajevo de 1980 por Nelle Karajlic, e hoxe está liderada polo cineasta Emir Kusturica. Pensada como unha agrupación anarco-punk, sen esquecer as súas raíces, mestura ritmos balcánicos, xitanos, centroeuropeos e mesmo árabes, cunha visión jazzística e un espírito rock. Botáronse de novo á estrada nunha xira cun repertorio que revisa temas das bandas sonoras dos filmes de Kusturica, mesmo as composicións realizadas para a readaptación para ópera de The time of the Gypsies, incluídas no seu último disco.