Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

Óscar Fernández en concerto 'No Campo de Fóra'
7 MAYO 2010

Óscar Fernández en concerto 'No Campo de Fóra'

📍 CSC A Rocha Rúa do Beado, 1. Rocha Vella

Horario : 19:00 O músico ofrece un recital de zanfona en acústico, no que se escoitarán composicións propias e temas reinterpretados da tradición musical galega e europea.

Música e poesía con Pilocha e María Barcala
7 MAYO 2010

Música e poesía con Pilocha e María Barcala

📍 CSC do Castiñeiriño Rúa Virxe de Fátima

Horario : 19:00 Pilocha e María Barcala ofrecen un recital con poemas cantados e poemas recitados, co que buscan achegar coloquialmente a poesía e os poetas aos rapaces e rapazas, mantendo con eles en todo momento unha relación estreita e comunicativa.

CAMARADA K, DE TEATRE DEL MAR
7 MAYO 2010

CAMARADA K, DE TEATRE DEL MAR

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53

Horario: 21:30 Teatre del mar erguerá o seu pano na Nasa para representar Camarada K, unha das seis obras de teatro seleccionadas para circular pola Rede de Teatros Alternativos durante a tempada 2009/2010. Camarada K evoca, a partir dos seus diarios, a súa correspondencia e a súa produción literaria, ao escritor ruso Daniil Kharms, un autor de vangarda que só foi quen de publicar dous poemas e uns cantos libros infantís, e cuxa vida se veu marcada pola Segunda Guerra Mundial e pola represión estalinista.

Gala Internacional Compostela Máxica
7 MAYO 2010

Gala Internacional Compostela Máxica

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións

Horario : 20:30 O festival Compostela Máxica reúne seis magos de primeiro nivel internacional para poñer punto e final á súa cuarta edición. O mellor do ilusionismo mundial desde China, Armenia, Bélxica, Francia, España e Israel nunha gala presentada polo cómico Roberto Vilar.

O 'Requiem' de Verdi pola OSG, o Orfeón Donostiarra e Ainhoa Arteta
7 MAYO 2010

O 'Requiem' de Verdi pola OSG, o Orfeón Donostiarra e Ainhoa Arteta

📍 Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia Recinto Ferial de Santiago - Amio, s/n

A Orquestra Sinfórnica de Galicia, o Orfeón Donostiarra e Ainhoa Arteta xúntase para interpretar o Messa de Requiem, a obra mestra de Giussepe Verdi. Orquesta Sinfónica de Galicia Orfeón Donostiarra Ainhoa Arteta, soprano Dolora Zajick, mezzo Stuart Neill, tenor Giacomo Prestia, bajo Víctor Pablo Pérez, director

Monográfico de narración oral con Soledad Felloza
7 MAYO 2010

Monográfico de narración oral con Soledad Felloza

📍 Berrobambán Teatro. Avenida de Lugo, 12 baixo, 15702.Teléfono: 981 573 626 / 658 803 545

Horario: Venres e sábados de 16.30 a 20.30 h. Sábados de 10 a 14 h. Soledad Felloza Primeiro dos cursos monográficos sobre narración oral organizados por Berrobambán Teatro para esta primavera. Impartido pola actriz e narradora uruguaia Soledad Felloza. Soledad Felloza naceu no Uruguai no 68, e dende ben cativa tivo moito amor polos contos. Comezou a impartir obradoiros de narración en colexios e universidades, a participar en festivais latinoamericanos, e a ser coñecida no Estado Español tamén. Co espectáculo La vida es cuento fixo máis de cen funcións en diferentes cidades da península, conseguindo que nenos e nenas canten con ela. Co grupo Nuevo Teatro de Uruguay ten levado ás táboas Barranca Abajo de Florencio Sánchez, Combate en el establo de Mauricio Rosencof, pola que obtivo o premio Florencio de actriz revelación no 89, igual que dous anos despois con Los disfraces de Ricardo Prieto. Ela soa interpretou Del verdadero origen de las comentas de Ana Barrios, El secreto de la arboleda, A María Elena, Monigotes a la hora del té, Celebración del libro I e II, Del Amor y sus delirios, Té cuento, Madre hay una sola, La vida es cuento I e II, Cuentos al pasar, Del amor en los tiempos del colesterol e La garra charrua y otros conflictos uruguayos.

29ª edición da Feira do Libro
7 MAYO 2010

29ª edición da Feira do Libro

📍 Alameda

Horario: 11-21.30h. A 29ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela celébrase do 1 ao 9 de maio. Durante eses dez días, A Alameda acolle de 11 a 21.30 horas os expositores de librarías e editoriais que dan a coñecer as súas principais novidades. A feira complétase cun intenso programa de actividades. Programa do 7 de maio 18.00 h. Obradoiro de creación de marcadores de páxinas impartido por Fabiola Cuevas 19.00 h. Presentación do audiolibro de Uxío Novoneyra Tempo de elexía, edición bilingüe, publicado por Alvarellos Editora. Co fillo do autor, Uxío Novoneyra Rey e o editor Enrique Alvarellos 20.00 h. Presentación do libro Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia, de Francisco Calo Lourido, publicado por Edicións Xerais. Con Xerardo Pereira-Menaut, catedrático de Historia Antiga da USC, Manuel Bragado, director da editorial, e o autor 21.15 h. Sorteo dun lote de libros

Serán na Nasa
6 MAYO 2010

Serán na Nasa

📍 Sala NASA.Cabo Sam Lourenzo 51-53. Teléfono: 981 573 998

Horario: 21.00 Unha cita mensual para quen guste da música e dos bailes tradicionais. Valses, muiñeiras, pasodobles, xotas e outros ritmos para bailar en grupo, en parella ou individualmente.

6 MAYO 2010

XORNADA SOBRE SOFTWARE LIBRE PARA PROFESIONAIS E EMPRESAS TIC

📍 Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela

O día 6 de maio, en xornada de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, unha xornada de achegamento ao SwL para profesionais e empresas TIC. A xornada tratará de achegar aos asistentes a potencialidade do SwL e a capacidade das súas ferramentas. O evento estrutúrase en tres módulos diferenciados nos que, o primeiro deles, fará fincapé en aspectos relacionados coa legalidade (licenzas) e modelos de negocio asociados ao SwL, para, a seguir, módulos segundo e terceiro, centrarse en contidos relacionados co desenvolvemento e a administración de sistemas. O evento está especialmente dirixido a persoal técnico, autónomos e/ou directivos de empresas TIC, tanto do sector privado como público, así como para o persoal desempregado técnico que teña interese na temática. Para máis información: cntg.xunta.es/web/cnt/acontecimientos

Marcelo Mercadante&Gustavo Battaglia
6 MAYO 2010

Marcelo Mercadante&Gustavo Battaglia

📍 Bar Ultramarinos Casas Reais, 34

Horario : 22:30 Estes dous músicos de Buenos Aires, levan tocando xuntos en distintos proxectos dende fai 15 anos en Barcelona. É nesta cidade que os acolle, onde desarrollaron os seus traballos, xa sexa en conxunto ou como solistas. Está formación é das máis íntimas e auténticas que ten o Tango, unha guitarra e un bandoneón en diálogo constante e acompañándose mutuamente. Mercadante e Battaglia, coñecedores en profundidade da música de Río de la Plata, elixen facer músicas propias sin deixar de recrear de maneira libre e persoal os grandes clásicos do Tango. www.myspace.com/marcellomercadante

Obradoiro poético e recital comentado de Yolanda Castaño
6 MAYO 2010

Obradoiro poético e recital comentado de Yolanda Castaño

📍 CSC Ensanche. Frei Rosendo Salvado, 14-16. Tlf:981543001

Horario: 19.00 A autora de poemarios como Elevar as pálpebras e O ibro da egoísta ofre unha charla na que vai debullando non só os seus propios presupostos poéticos, senón algunhas ideas sobre a poesía nun ton divulgativo e tratando de achegala ao público xeral, mentras as teorías e debates se van ilustrando co recitado dos seus propios poemas.

29ª edición da Feira do Libro
6 MAYO 2010

29ª edición da Feira do Libro

📍 Alameda

A 29ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela celébrase do 1 ao 9 de maio. Durante eses dez días, A Alameda acolle de 11 a 21.30 horas os expositores de librarías e editoriais que dan a coñecer as súas principais novidades. A feira complétase cun intenso programa de actividades. Programa do 6 de maio * 18.00 h. Obradoiro de creación de marcadores de páxinas impartido por Fabiola Cuevas * 19.00 h. Presentación do audiolibro de Uxío Novoneyra Tempo de elexía, edición bilingüe, publicado por Alvarellos Editora. Co fillo do autor, Uxío Novoneyra Rey e o editor Enrique Alvarellos * 20.00 h. Presentación do libro Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia, de Francisco Calo Lourido, publicado por Edicións Xerais. Con Xerardo Pereira-Menaut, catedrático de Historia Antiga da USC, Manuel Bragado, director da editorial, e o autor * 21.15 h. Sorteo dun lote de libros