Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

ELLIOTT MURPHY + OLIVIER DURAND
17 ENERO 2013

ELLIOTT MURPHY + OLIVIER DURAND

📍 Sala Capitol Calle de Concepcion Arenal 5

Horario: 21:30 Elliott Murphy, uno de los más extraordinarios personajes dentro de la historia del Rock. Neoyorquino residente en París, expatriado de la "gran manzana" y de las grandes discográficas multinacionales, muchos lo consideran uno de los más apasionados, cultos e inteligentes compositores del rock. OLIVIER DURAND antes de unirse a Elliott Murphy, era el guitarra solista de Little Bob, una de las estrellas míticas de rock 'n roll frances. Olivier lleva once años tocando con Elliott, y ha participado en once de sus álbumes. 18€ anticipada (+gastos) Venta de entradas en A Reixa Tenda y www.salacapitol.com

12 ENERO 2013

Pista de hielo en Santiago de Compostela

📍 Alameda

DE LUNES A JUEVES  Mañanas: De 09.00h a 14.00h (sólo centros escolares) Tardes: De 17.00h a 21.00h VIERNES Mañanas: De 09.00h a 14.00h (sólo centros escolares) Tardes: De 16.30h a 22.00 h SÁBADOS Y DOMINGOS Mañanas: De  11.00h a 14.00h Tardes: De 16.30h  a 22.00 h. SESIONES NOCTURNAS Viernes, sábados y vísperas de festivo: De 23.00h a 02.00h de la madrugada Patines + Pista (57  minutos): 7,50 € Patines + Pista (ilimitado*): 10 € Pista (57 minutos): 5€ Pista (ilimitado*): 5,5 €  * Las entradas con tiempo ilimitado se establecen hasta la entrega de los patines o el cierre de la instalación a medio día, tarde o noche y estarán sujetas a discrecionalidad de la organización por motivos técnicos y de aforo.

Noches de Bombín en el Galopín
10 ENERO 2013

Noches de Bombín en el Galopín

📍 Galopín Cantina

Jueves mágicos. Toda la información, clickeando en la imagen.

Mato Grosso
5 ENERO 2013

Mato Grosso

📍 Sala La Radio (San Fiz de Solovio, nº6, Santiago de Compostela))

Mato Grosso (ex-L'uomo Di Gomma) son un grupo de free-punk nacido na Casa Xurásica IV (Santiago DC) logo dunha asociación entre membros de Samesugas, The Lorchas e The Homens. Integrado por Josete, Ramón, Pombo & leRoi a mediados de 2010, e con militancias previas en grupos coma Fame Neghra, Stay Pretty ou Fulsomes, Matto Grosso buscan trascender a través do bo gusto. Mato Grosso(ex-L'uomo Di Gomma) are a free-punk band born and raised in the Xurassic House, the Santiago de Compostela's rnr factory. Formed by Josete, Ramón, Pombo & leRoi in 2010, who had played in classic bands such as Fame Neghra, Samesugas, The Homens or Fulsomes, Mato Grosso are looking for trascending trough good taste.

BERROGÜETTO
27 DICIEMBRE 2012

BERROGÜETTO

📍 Teatro Principal Rúa Nova 21

Horario: 21:00 Unha recreación semiacústica dos temas máis aclamados da súa discografía. Unha revisitación inzada de intimidade, optimismo, frescura nunha envoltura acústica que busca na audiencia unha sensación o máis próxima posible á que pode experimentar cando escoita música no salón da súa casa.

A FOLLA MÁIS ALTA
22 DICIEMBRE 2012

A FOLLA MÁIS ALTA

📍 Teatro Principal Rúa Nova 21

Horario: 18:30 A folla máis alta é unha aposta polo xogo, un xogo que transforma as palabras en pequenas historias nas que contamos que fomos nenos antes de ser adultos, e que tiñamos grandes soños, grandes amigos, unhas ganas enormes de medrar para comernos o mundo, para morder a folla máis alta da árbore, a máis verde, a máis fermosa, e que cando medramos nos decatamos de que sempre hai unha folla máis alta, e que esa folla sempre é a máis verde e a máis fermosa, porque nunca poderemos chegar a ela e así seguiremos mantendo esas ganas enormes de seguir medrando e quen sabe se, por fin, mordela. Con este espectáculo, Berrobambán quere ofrecer unha dobre mensaxe dependendo da idade do espectador. Un espectador adulto verá nel unha procura dos soños, dos desexos máis agochados que nunca debéramos —nin debemos— perder cando nos facemos maiores. Aos espectadores infantís falámoslles desde a nosa infancia para amosarlle que, en realidade, se os adultos non deixáramos de perseguir os nosos soños non seriamos tan diferentes deles. É isto o que o fai un espectáculo diferente, capaz de sorprender, divertir e emocionar tanto a maiores coma a pequenos. A folla máis alta aposta pola esencia como un valor seguro, como froito do traballo de desbotar o artificio e a impostura que en tantas ocasións só consegue distraer, disfrazar, ou agochar. Un bo exemplo é a orixinal e coidada escenografía a base de papel e caixas de cartón: Papel, porque A folla máis alta parte do universo do poemario Contatrás e quixemos que remitise ao papel, papel enteiro, papel en anacos, papel escrito, papel en branco, coma unha metáfora do que imos escribindo, conservando e desbotando, do que imos sendo, das vivencias que son as escriben a nosa vida, do paso do tempo. A caixas de cartón, pintadas con pintura de lousa, poden ser debuxadas con xis e despois borradas, poden ter varias caras, poden xuntarse coma un quebracabezas e ir construíndo decorados, atmosferas, poden ser abertas e gardar sorpresas, ou simplemente ser amoreadas, do mesmo xeito no que as nenas e os nenos, despois de abrir un agasallo, descobren que a caixa tamén lles ofrece infinitas posibilidades de transformación, e este é o verdadeiro xogo, o que nos vai permitir os momentos máxicos nos que das caixas pode saír calquera cousa. Xunto co texto e coa escenografía, a música e as coreografías son outra das bases deste espectáculo. Carlos López creou a música case exclusivamente composta a partir de instrumentos de percusión que se tocan en directo, sacándolle o máximo rendemento á capacidade expresiva de cada un deles. David Loira levou adiante o traballo de dirección de coreografías de movemento escénico, que enriquecen e estilizan a interpretación dos actores, ademais de suxerir o exotismo de lugares como África ou a India, evocados nos propios textos.

Los Deltonos
20 DICIEMBRE 2012

Los Deltonos

📍 Zona "C" San Domingos de Bonaval 1

Horario: 21:00 Estas 11 novas cancións foron escritas por Hendrik Röver en febreiro, gravadas no seu estudo GuitarTown sen apenas ensaiar en cinco días soltos de marzo e mesturadas en abril. Conclusión: Se non está roto non o arranxes. Catro músicos tocando á vez na sala grande do estudo deixándose levar por unhas cancións que non se deu tempo nin a aprenderse máis aló dos acordes. O que se oe é o que soou.

EL MONTAPLATOS
19 DICIEMBRE 2012

EL MONTAPLATOS

📍 Teatro Principal Rúa Nova 21

Horario: 21:00 Ben e Gus son dous asasinos a soldo que permanecen encerrados na habitación lúgubre dun soto á espera das ordes da organización para a que traballan. Mentres, comezan a recibir absurdos encargos de comidas a través dun montacargas. EL Montaplatos de Harold Pinter é un novo espectáculo de Animalario, dirixido por Andrés Lima e protagonizado por Guillermo Toledo e Jesús Barranco.  Alberto San Juan asina a tradución e adaptación. El Montaplatos (orixinalmente titulada The drumb waiter, algo así como O camareiro parvo) está datada en 1959, e púxose en escena por primeira vez o 21 de xaneiro de 1960 no Hampstead Theatre Club. Neste texto, Pinter volve encerrar nunha habitación a dous seres humanos para falarnos da estúpida servidume que se xera nas relacións humanas.

RINGO RANGO
16 DICIEMBRE 2012

RINGO RANGO

📍 Teatro Principal Rúa Nova 21

Horario: 18:30 ¿Algunha vez quixeches ser astronauta? ¿Piloto de formula 1? ¿Estrela do rock? ¿Xogar na NBA? Se contestas afirmativamente a calquera destas preguntas estás listo para ver o show que seguramente non cambiará a túa vida pero no que Ringo Rango demostra que se pode ser todo iso e máis. Unha hora de sketchs feitos con guitarra, batería, acordeón, ritmos con balóns de baloncesto, pelotas de rebote, acrobacias, deportes... Circo, música e humor nun cóctel impensable e surrealista a todo ritmo onde tres amigos con personalidades opostas, únense para mostrar a bondade e a saúde de ser un mesmo.

NUNCABUNGA
15 DICIEMBRE 2012

NUNCABUNGA

📍 Teatro Principal Rúa Nova 21

Horario: 18:30 Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras dedicado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. A acción desenrólase nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construíu  o seu fogar. As súas habitudes e rutinas son as súas únicas compañeiras. Un día aparece un estraño entalado nunhas redes, no medio dos residuos que o mar bota fora. Esta aparición ven perturbar a aparente calma do lugar. Serán eles capaces de vivir no mesmo espazo?

I Jornadas de Crianza Consciente y Coaching Familiar
14 DICIEMBRE 2012

I Jornadas de Crianza Consciente y Coaching Familiar

📍 Santiago de Compostela

Dirigido a Profesionales y familias. Charlas-coloquio con Rosa Jové. Talleres sobre desarrollo de las capacidades, resolución de conflictos, comunicación, crianza sostenible, cambio de paradigmas de crianza, superación de límites,... Toda la información en el blog de Identia: http://identiacf.blogspot.com.es/2012/11/i-jornadas-de-crianza-consciente-y.html PROGRAMA: 10.00 Inauguración Presentación de la Escuela de Familia 10.30 Dormir sin lágrimas, con Rosa Jové 11.30 Preguntas y respuestas sobre los bebés con Rosa Jové. 12.00 Pausa café 12.30-13.30 Talleres simultáneos de crianza: • Crianza y Eneagrama:el desarrollo de la personalidad, con Teresa Hdez. Armentia • Crianza sostenible, con Cathy Company 16.30 Ni conflictos ni rabietas, con Rosa Jové 17.30 Preguntas y respuestas sobre l@s niñ@s con Rosa Jové. 18.00 Pausa merienda 18.30 19.30 Talleres simultáneos de comunicación: • Herman@s y amig@s, con Susana Rodríguez • Constelaciones Familiares: entre abuelas y madres, con Nelly Rey

LOS ENEMIGOS
13 DICIEMBRE 2012

LOS ENEMIGOS

📍 Sala Capitol Calle de Concepcion Arenal 5

Horario: 20:00 “A primeiros de setembro empezou a circular un comunicado de prensa polo que moitos suspiraban desde tempo atrás. Viña asinado polos Enemigos -Josele, Fino, Chema e Manolo- e anunciaba a súa volta aos escenarios durante todo 2012, dez anos despois do apoteósico tour con que se despediron, deixando un rastro indeleble na memoria do rock en castelán. La Revuelta Enemiga -así se chama a xira- explotou  o 7 de xaneiro en Logroño, dentro do festival Actual converténdose nun dos grandes acontecementos musicais deste ano. Ningunha dúbida respecto diso. O grupo madrileño decidiu colgar os trastes no momento oportuno. Deixalo aí, no máis alto, foi unha decisión inmellorable, propia de tíos cabais, e axudou a preservar intacto o seu venerable recordo. Non os vimos morrer: só os acompañamos na despedida. A tese do bloqueo creativo foi neutralizada pouco despois de que caese o pano. A do artista durmido nos seus merecidos loureiros, tamén. A pelexa polo xornal agardaba ao virar a esquina. O cantante, guitarrista e compositor Josele Santiago leva publicados catro discos ao seu nome. Todos soberbios. Todos impecables. O baixista Fino Oyonarte continuou a aventura pop de Clovis, retomou a súa brillante carreira como produtor -Corcobado, Lagartija Nick ou Jonston foron algúns beneficiarios desta decisión- e puxo en marcha un grupo instrumental -Los Eterno- que debutou en largo este mesmo ano. O batería Chema ‘Animal’ Pérez optou por explorar outra vea escénica -a teatral- e baqueteou para terceiros, en bandas do máis diversa pelame ou musicais da Gran Vía. O guitarrista Manolo Benítez nadou contracorrente -segue facéndoo- á fronte de “É moi bonito vivir esta vida”, ambicioso proxecto filantrópico de corte ecoloxista. Tamén reactivou a Los Freedom, o seu grupo de sempre, e acudiu á chamada de Porretas cando o cancro empezou a dobrar a boneca do defunto Roberto Mira. O comunicado da Revuelta Enemiga era breve, conciso e revelador, como a lírica de Josele Santiago. En apenas catro liñas, facíase saber: Los Enemigos regresan porque lles fai falta. En sentido estrito. O ecosistema da música popular é fráxil e algunhas das súas especies -músicos de vocación e oficio- empezan a acusar a progresiva deterioración do hábitat que lles aseguraba o sustento até antesdeonte. Cando asinaron a súa partida de nacemento alá por 1985 -Josele é o único pai fundador que segue na brecha-, A Movida institucionalizouse e estaba a piques de chegar ao seu cume mediático e comercial. O rhythm and blues do grupo destacaba, beodo e ocorrente, entre o selecto pelotón de bandas con promesa. A discos como ‘Ferpectamente’ (1986) e ‘Un tío cabal’ (1988) remitímoslles. Aquilo era só o principio. Mentres a estrela dalgúns languidecía, o fulgor creativo dos Enemigos cegaba. Obras maiúsculas como ‘La vida mata’ (1990) ou ‘La cuenta atrás’ (1991) iluminaron o camiño cando os neones da Movida deixaron de parpadear. O triunfo da sedición indie -articulado durante un longo período de luces, sombras e ruído de fondo- non só non lles afectou, senón que reforzou o seu sistema inmunitario e confirmou o seu calado interxeracional. Los Enemigos: admirados por moitos, respectados por todos. Antes de anunciar a súa separación -que chegou cando menos se esperaba: vendían razoablemente ben e tocaban a miúdo- entregaron outra tacada de discos substantivos –‘Tras el último no va nadie’ (1994), ‘Sursum Corda’ (1994), el EP ‘Por la sombra/Hermana Amnesia’ (1995), ‘Gas’ (1996), ‘Nada’ (1999), a banda sonora de ‘Se buscan Fulmontis’ (1999)- que ampliou a súa devota nómina de seguidores e ratificou a súa condición de clásicos do rock feito aquí. Ao escoitar as cancións desta última etapa -tamén ao evocar os seus apabullantes directos- atopámonos cun grupo en plenitude de facultades expresivas. Por iso custou tanto dicirlles adeus. E por iso o seu regreso é unha desas noticias que obriga a descorchar a champaña. Vaian preparando o brinde.”