Agenda
GHARBO!
📍 Teatro Principal Rúa Nova 21
Horario: 21:00 O Centro Coreográfico Galego (CCG) coproduce na presente temporada escénica 2011-2012 o espectáculo titulado «Gharbo!» xunto á compañía de danza CONTRA2 que representa Nelson Quinteiro. «Gharbo!» propón fundamentalmente unha fusión entre a música e a danza tradicional e novas formas musicais e de movemento máis experimentais, con un elenco no que destacan profesionais da música tradicional da altura de Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero, Ricardo Rozas e Nelson Quinteiro, así coma bailaríns da traxectoria de Pastor Rodríguez Feal e Iván Villar. Para a consideración deste proxecto, o Centro Coreográfico Galego valorou especialmente a súa calide e interese artístico, a traxectoria profesional e solvencia da compañía e dos artistas, e a achega ao desenvolvemento e á renovación das artes escénicas en Galicia. O proxecto supón o reto de levar adiante un montaxe destas características sen máis apoio institucional que o asesoramento técnico e artístico, así como a cesión de músicos, técnicos e xastras da propia axencia. Unha nova formar de entender o sector cultural e a súa relación coas administracións públicas.
Programación Diciembre en el Modus Vivendi
📍 Modus Vivendi
Pincha sobre la imagen para conocer la programación de este mes en el Modus Vivendi
XOAN CURIEL
📍 Zona "C" San Domingos de Bonaval 1
Horario: 21:00 Presentación do novo proxecto de Xoán Curiel que el mesmo define como unha paréntese no Magnético Zen. Mentres vai difundindo o Magnético Zen e vai tocando saen novas cancións e proponse facer unha breve paréntese no fin deste ano que foi... e vai ser.. tan intenso de presentacións, participacións en eventos e en diferentes discos. En “Novas”, Curiel detense para cantar temas inéditos, temas novos que perfilan un novo Cd e algún tema das colaboracións noutros discos de outros artistas, amosa o novo que está creando cun formato diferente.
STEVE VAI ( Ciclo Galicia Importa)
📍 Sala Capitol Calle de Concepcion Arenal 5
Horario: 20:30 Uno de los mejores guitarristas de la historia del rock, última confirmación del ciclo Galicia Importa 2012. 15 millones de discos vendidos y 3 Grammys. Mano derecha de FRANK ZAPPA durante muchos años, a lo largo de su carrera ha trabajado con algunos de los nombres más ilustres del rock contemporáneo. Desde Joe Satriani, con el que empezó a dar clases a los 12 años, hasta David Lee Roth, Ozzy Osbourne, Brian May, Ry Cooder, Al Di Meola o Alice Cooper entre otros. Entradas en: www.codetickets.com
ROSA DE DOUS AROMAS
📍 Teatro Principal Rúa Nova 21
Horario: 21:00 ‘Rosa de Dous Aromas’ é unha das obras máis coñecidas do escritor mexicano Emilio Carballido, morto no ano 2008, despois de 82 anos de vida e unha extensa produción literaria. Esta obra trata de dúas mulleres, e os conflitos que xorden entre elas no interior dun cárcere. A adaptación que presentamos é unha visión do teatro como vehículo que achega ao ser humano á súa identidade, tal e como expresaba o propio dramaturgo mexicano. ‘Rosa de dous aromas’ retrata a realidade do amor mal entendido, a necesidade e a obsesión que ás veces os seres humanos exhiben cando se senten namorados. Pon de manifesto que aínda que a cordura e a razón ditaminen que abandonar a ese home é o que se debe facer, moitas veces o camiño escollido é outro. As xustificacións abundan: os nenos, o medo á soidade, a dependencia económica. Mil e unha escusas para non facer o que se debe facer. Esta é a ruta que transitan Marlén e Gabriela, as nosas protagonistas, aínda que darase a coñecer a verdadeira intención do destino que uniu a estas mulleres. Teatro en feminino, cun reparto artístico e técnico de luxo, que permitirá ó espectador adentrarse no complexo mundo dos sentimentos das mulleres.
THE NEW RAEMON & MARÍA RODÉS (Cancelado)
📍 Zona "C" San Domingos de Bonaval 1
O concerto de The New Raemon&María Rodés previsto para o venres 30 de novembro tivo que ser cancelado e substituído por outro concerto que será o de Julio de la Rosa. Ramón Rodríguez, o home detrás de The New Raemon, é un dos artistas máis reputados e prolíficos que a escena do pop independente tivo nos últimos anos. A publicación do seu primeiro disco en solitario, ‘A propósito de Garfunkel’ (BCore, 08), supuxo un fito no que se conxugaban, cunha singular mestría e liberdade expresiva, o mellor pop, a canción de autor e unha forma de cantar tremendamente próxima e atractiva que narraba, a través dos seus diferentes cortes, o desgarro dunha ruptura sentimental.
JULIO DE LA ROSA
📍 Zona "C" San Domingos de Bonaval 1
Horario: 21:30 Falar de Julio de la Rosa é facelo dunha das figuras máis transcendentes e inquietas da escena musical española. Tras liderar a unha das bandas españolas máis importante dos anos 90, ‘El Hombre Burbuja’, é en 2004, co lanzamento de M.O.S cando comeza coa súa carreira en solitario. Unha carreira que foi evolucionando constantemente, pero que mantivo como común denominador a riqueza e beleza dunhas letras que Julio de la Rosa usa tanto como para contar historias desgarradoras, como para presentarnos a súa faceta máis hedonista. “Un cálculo de proles e contras sumado a unha inexplicable atracción estética”, así describía o amor no seu anterior disco, e primeiro editado co selo galego, Ernie Records, ‘La herida universal’, onde lle cantaba ao fermoso e doloroso sentimento desde todos os ángulos posibles. Agora atópase ultimando as 10 cancións que formarán parte do seu quinto disco, "Pequeños transtornos sin importancia", en certo sentido continuación lóxica ao seu anterior traballo, onde segue diseccionando as relacións de parella cun bisturí afiado por esa fina ironía marca da casa. Non nos podemos esquecer, e máis ao enmarcarse este concerto dentro do ciclo "Cineuropa", da súa faceta como compositor de numerosas bandas sonoras, destacando as que compuxo para acompañar gran parte da filmografía de Alberto Rodríguez (7 vírgenes, After, Grupo 7). Un concerto perfecto para botar o peche á programación musical que acompañará este ano ao festival de cinema compostelán.
Paco Cifuentes
📍 SónaR Pub Compostela
El cantautor sevillano regresa a Compostela a presentarnos su nuevo disco Mientras todo arde, que tan buenas críticas está levantando. De su mano también lleva la joven cantautora pontevedresa Mihermanapequeña.
Maga
📍 Sala Moon, República Arxentina, 35
La banda sevillana Maga, visita las ciudades de Santiago de Compostela, A Coruña y Pontevedra, con motivo de la presentación de su último disco “Satie contra Godzilla”, producido por Ramón Rodríguez (The New Raemon) en los estudios Ultramarinos (Santi García).
THE WINNING NUMBERS
📍 Zona C (Bonaval)
Horario: 21:30 The Winning Numbers nace en 2009, despois de longos e intensos anos en varios proxectos musicais, a raiz da súa outra banda de versións de clásicos dos anos sesenta chamada The Oldies. Tal é a súa admiración polo beat-pop da época, capitaneado polos admirados The Beatles, que deciden crear as súas propias composicións formando este trío básico de guitarra, baixo e batería na que a sinxeleza e efectividade de música e letras forman o seu aceno de identidade. Fixan a súa sede na Guarda (Pontevedra), unha localidade da costa galega con gran afluencia de bandas de diversos estilos, e co único fin de crear cancións animadas baseadas na melodía e o ritmo, facilmente recoñecibles e pegadizas. Desde o comezo, o seu maior propósito é o de chegar a todo tipo de público, deixando ao un lado os seus gustos, idades, estilos... e levando a cabo todo tipo de actividades para dar a coñecer a súa música, sen máis pretensións que a de ser escoitados.
Wyoming y Los Insolventes
📍 SónaR Pub Compostela
El Gran Wyoming alterna sus andanzas televisivas con su proyecto musical con el cual sigue recorriendo España. Un concierto que los buenos amantes de la música no deberían perderse.
Noites de Funk fusión con Alvaro Muras
📍 Taberna O Pozo. Rúa das Ánimas
Una noche musical con la que ambientaremos la taberna O Pozo de Santiago de Compostela a base de ritmos funk y un poco de fusión. Temas propios, variados e interactivos de la mano del bajista Álvaro Muras y de Julio Cuns a la guitarra. Será el: Sábado 24 de noviembre. Álvaro Muras en acústico. Taberna O Pozo. Rúa das Ánimas. Santiago de Compostela. 21:30h. Entrada libre. http://www.facebook.com/OPozoBar www.alvaromuras.com Funk fusión experimental