Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

Coloquio con Marilar Aleixandre
21 ABRIL 2010

Coloquio con Marilar Aleixandre

📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13

Horario: 20:00 A escritora Marilar Aleixandre, autora de libros como Tránsito dos gramáticos e A compañía clandestina de contrapublicidade, participa nun coloquio sobre a súa obra e o proceso de escrita, co título 'Ollos de lume e ollos de vidro'

Talco e Agoraphobia en concerto
21 ABRIL 2010

Talco e Agoraphobia en concerto

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5

Horario: 22:00 Talco é un grupo veneciano que se move entre o punk, o ska, a pachanga e a música balcánica, cun directo moi enérxico. Sobre o escenario estarán precedidos do grupo de punk-rock de Boiro Agoraphobia.

INVERSA TEATRO
21 ABRIL 2010

INVERSA TEATRO

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.

Horario : 21:30 Inversa Teatro créase no 2009 da man de Marta Pérez e Juan Hernández, e naceu do desexo de colaborar con persoas que proveñen de diversos campos artísticos: artes escénicas, audiovisual e música. Expostas, o noso primeiro espectáculo, foi froito dun proceso de creación colectiva. O texto é unha creación das catro actrices coordinado e definido dramaturxicamente polo seu director. É un texto escrito en feminino, xa que discrepamos da suposta neutralidade da linguaxe que sempre invisibiliza un dos dous xéneros. Quixemos que fose unha exposición honesta, das nosas propias experiencias, tentando non ocultar nada dos nosos pensamentos para explorar os límites da intimidade. A idea principal que tratamos é como agroman as miserias humanas cando estamos constantemente expostas ante a ollada do outro, analizando a fina liña que separa as conductas “normais” das “anormais”. No plano estético e formal empregamos o recurso da simultaneidade de escenas e textos; no propio escenario ou a través do audiovisual. Precisamente, quixemos que este non fose un mero recurso puntual, senón que a súa presenza fose parte intrínseca do espectáculo; as actrices e o actor buscan sempre a organicidade á hora de manipular a cámara xerando múltiples focos de atención. O video forma parte da obra de principio a fin creando non só a simultaneidade senón a duplicidade de accións escénicas, a cámara crea outro punto de vista permanentemente. A música e o son tamén tiveron un tratamento diferente. Son os intérpretes os que xeran, manipulan e interaccionan coas atmósferas e efectos sonoros a través dun dispositivo táctil que posibilita, que sen ser músicos ou técnicos, poidan xogar con estos elementos, añadindo un factor aleatorio e sempre cambiante.

Obradoiro do espectador: sesión de adestramento
21 ABRIL 2010

Obradoiro do espectador: sesión de adestramento

📍 CSC Ensanche Frei Rosendo Salvado, 14-16

Horario: 20:00 Primeira sesión dun novo obradoiro do espectador, unha actividade que trata de achegar o público á escena contemporánea, neste caso a través de Assemblage, peza de danza contemporánea de Uxía P. Vaello. Nesta primeira sesión de adestramento, os participantes contextualizan o espectáculo que van ver máis adiante. Uns días despois asisten ao espectáculo escénico contemporáneo e a un coloquio posterior cos axentes creativos do espectáculo. O espectáculos e o encontro cos creadores terá lugar o 23 de abril ás 21.30h na Sala Nasa.

O Cirque du Soleil presenta en Santiago 'Saltimbanco'
21 ABRIL 2010

O Cirque du Soleil presenta en Santiago 'Saltimbanco'

📍 Pavillón Multiusos Fontes do Sar C/Gaias

O Cirque du Soleil chega por primeira vez a Galicia. 50 artistas de 20 nacionalidades e 140 profesionais representan o espectáculo Saltimbanco, unha exhibición de acrobacias, maxia luz e son dirixida a todos os públicos. Saltimbanco, leva en cartel desde 1992, e xa chegou aos 10 millóns de espectadores logo de 5.000 funcións. Cada ano Saltimbanco visita 40 cidades co seu espectáculo de maxia incomparable, música en directo e as mellores e máis difíciles acrobacias. Cirque du Soleil é unha compañía canadense con base en Montreal, fundada en Baie-Saint-Paul en 1984 por dous artistas de rúa, Guy Laliberté e Daniel Gauthier. Cada espectáculo do Circo do Sol é unha síntese de varios estilos de circo de todo o mundo, co seu tema central e historia. Mergullan á audiencia nunha presentación continua de música en vivo, con artistas no canto de tramoias. As creacións do Cirque du Soleil foron gañadoras de numerosos premios incluíndo un Bambi, un Rose d'Or, tres Gemini Awards e catro Primetime Emmy Awards.

Sergi López protagoniza 'Non solum'
21 ABRIL 2010

Sergi López protagoniza 'Non solum'

📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.

Horario: 21:00 Sergi López enfróntase en solitario ao público nesta comedia existencial dun home só que se multiplica para responder unha pregunta: "que está pasando aquí". Unha peza na que non faltan o humor e o existencialismo. Creación: Sergi López e Jorge Picó Dirección: Jorge Picó Intérprete: Sergi López Axudante de dirección: Helena Pla Escenografía e xefe técnico: Jordà Ferrer Deseño de luces: Lionel Spycher Inspiración musical: Bernardo Sandoval Confección de vestiario: Dress Art A obra, creada por Sergi López e Jorge Picó, estreouse en novembro de 2005 no Teatre de Salt (Girona) e en xaneiro 2007 en Francia no Thèâtre du Gymnase en Marsella. Preséntase en Compostela dentro do ciclo Teatro e Danza en Xira, da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais.

O filme 'Bloqueo' no ciclo sobre metraxe encontrada
21 ABRIL 2010

O filme 'Bloqueo' no ciclo sobre metraxe encontrada

📍 Cineclube de Compostela Rúa Santa Clara, 21

Horario: 21:30 O Cineclube de Compostela programa en abril un ciclo sobre cinema encontrado. Nesta ocasión proxéctase o filme de Sergei Loznitsa Bloqueo, un filme sobre o sitio de Leningrado na Segunda Guerra Mundial, producido en Rusia no 2006. * Bloqueo. (Blokada, Sergei Loznitsa, Rusia, 2006, 52', VO) Composta de imaxes practicamente descoñecidas que Loznitsa encontrara nos arquivos soviéticos, esta fita recrea o bloqueo de Leningrado, que durou novecentos días, sendo o máis longo de toda a Segunda Guerra Mundial. Loznitsa non queda na simple montaxe dos arquivos, senón que engade ao material silente unha meticulosa banda sonora que recrea no máis mínimo todo o son da guerra, envolvendo ao espectador, que acaba por sentirse dentro do sitio da cidade.

Informática nos 'Almorzos das Fontiñas'
20 ABRIL 2010

Informática nos 'Almorzos das Fontiñas'

📍 CSC Fontiñas

Horario : 10:30 Ningunha hora é mala para aprender. Por iso o CSC Fontiñas propón almorzar clases de informática neste novo curso que se desenvolve os días 6, 13, 20 e 24 de abril.

Cartoon dixital
20 ABRIL 2010

Cartoon dixital

📍 Hostal dos Reis Católicos

A vangarda europea en animación cítase en Santiago de Compostela no prestixioso seminario Cartoon Digital, no que se comparten coñecementos sobre novas fórmulas para a creación, difusión e comercialización de animación dixital.

Curso de iniciación á creación literaria
20 ABRIL 2010

Curso de iniciación á creación literaria

📍 Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Avda. de Xoán XXIII

Horario: 18:30 - 21:30 Luisa Castro e Marta Neira Curso de práctica narrativa organizado pola Universidade e impartido pola escritora Luisa Castro e a experta en literatura infantil Marta Neira.

Historias dende o planeta Jijo' no programa 'Santiago encantado'
20 ABRIL 2010

Historias dende o planeta Jijo' no programa 'Santiago encantado'

📍 Sar. Ponte do Sar, 43, baixo (esquina rúa Diego Bernal).

Horario: 19:00 Marisa Irimia O LSC de Sar acolle unha sesión de animación á lectura a cargo de Marisa Irimia, que narrará contos e historias chegadas doutros planetas.

Jazz con Pablo Seoane e L.A.R. Legido
20 ABRIL 2010

Jazz con Pablo Seoane e L.A.R. Legido

📍 Café El Puente. Rúa do Sar, 40.

Horario: 22:00 O pianista Pablo Seoane e o baterista L.A.R. Legido ofrecerán unha sesión de jazz enmarcada no ciclo 'Lupercais', que levan desenvolvendo todos os mécores do mes no Café El Puente.