Agenda
Najwa en concerto
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
Horario: 21:30 A actriz e cantante Najwa Nimri chega á Capitol para presentar o seu novo disco, El último primate, no que se volve mover entre o pop, a electrónica e os ambientes escuros, pero agora con letras en castelán. A bilbaína Najwa Nimri deuse a coñecer primeiro como actriz, para logo saltar ao eido musical co galego Carlos Jean no proxecto Najwajean. En solitario publicou tres discos entre 2000 e 2006, todos eles con letras en inglés. Agora volve catro anos despois do seu anterior traballo.
OS TRES TREBÓNS + RADIO OCÉANO
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
Horario: 21:30
Pablo Seoane Grupo en concerto
📍 Casa das Crechas Vía Sacra, 3.
Horario: 22:30 O músico de Teo é un dos gaiteiros máis recoñecidos de Galicia. No 2002 o terceiro posto do trofeo McAllan de gaita do Festival Internacional de Música Celta da localidade francesa de Lorient. Na actualidade compaxina o seu traballo de mestre de gaita coas actuacións do seu grupo.
Los hijos bastardos de Peter Lorre
📍 ULTRAMARINOS, Rúa Casas Reais, 34
Horario : 22:30 Nacidos entre pocións, calaveras e conxuros, cunha actitude e son completamente tolo, estes fans de Screaming Lord Sutch, das vellas series de ciencia ficción e dos donuts, adícanse a destrozar perlas ocultas do rock'n'roll e o r'nb, coa mesma decadente elegancia coa que seu pai protagonizaba as vellas películas de Roger Corman. No seu repertorio encontrarás temas de Chuck Berry, The Rolling Stones, Eddie Cochran, Bo Diddley, The Sonics o The Trashmen, pasados por un filtro de crudeza e reverberación, que te farán sentir unha excitante mestura de terror e pracer. A banda perfecta para pasa-la noite do xoves meneando o esqueleto. Agora entrado o 2010 presentan o seu primeiro traballo discográfico, un vinilo de 7'' gravado en Circo Perrotti por Jorge Explosión e Mike Mariconda, e publicado por Freeky Dicky Records con temas propios e seu son de sempre..."
Obradoiros de iniciación ás redes sociais
📍 Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Sala de traballo no 3º andar) Avda. de Xoán XXIII, s/n
Horario. 18:00 Os xoves 8, 15 e 22 de abril o Saint James Institute ofrece obradoiros de iniciación ás redes sociais en internet, dirixidos a rapaces e rapazas entre 13 e 16 anos. A sesión do xoves 8 está centrada na creación e xestión de páxinas en facebook, tuenti e outras redes; o xoves 15 na creación e xestión de blogs; e o xoves 22 na creación e publicación de libros electrónicos. Para participar nos obradoiros é necesaria a inscrición previa, e desenvolveranse cun máximo de 15 persoas.
Curso de 'pibroch' con Patrick Molard
📍 aCentral Folque Rúa Salvadas 22, baixo
Horario :16:30 - 20:00 Master Class sobre o "pibroch na gaita escocesa", xénero propio das Terras Altas, considerado como a música "culta" de Escociapara cornamusa e que foi conservado por tradición oral. Patrick Molard está considerado coma un dos mellores intérpretes no xénero, e ao final interpretará un pequeno concerto exclusivo para os asistentes.
Proxección de 'The Blues Brothers (Pillabáns a todo ritmo)'
📍 Fonoteca Universitaria Facultade de Ciencias da Información. Avda. Castelao
Horario: 18:00 A Fonoteca Universitaria proxecta este musical clásico dos anos 80, cheo de blues, rock e moito ritmo. The Blues Brothers, Estados Unidos, 1980 Xénero e duración: Comedia, 132' Dirección: John Landis Guión: John Landis e Dan Aykroyd Música: Elmer Bernstein Fotografía: Stephen M. Katz Intérpretes: Dan Aykroyd, John Belushi, Henry Gibson, Carrie Fisher, James Brown, Kathleen Freeman Logo de pasar anos no cárcere por roubo a man armada, Jake Blues é posto en liberdade por bo comportamento. Sae de prisión vestido da mesma forma na que entrou: traxe e chapeu negro e lentes escuras. Na porta espéralle o seu irmán Elwood vestido de idéntica maneira. Agora, o único fogar que coñeceron está en perigo. O orfelinato de Santa Elena necesita unha gran cantidade de diñeiro. Os irmáns póñense ao choio.
Conferencia sobre movementos sociais e sociedade civil
📍 Consello da Cultura Galega Pazo de Raxoi, 2º andar.
Horario: 17:00 A investigadora italiana Donatella della Porta pronuncia a conferencia 'Os movementos sociais e a sociedade civil: de como os emerxentes conflitos sociais cuestionan as perspectivas adoptadas polas ciencias sociais', dentro do seminario interdisciplinar 'O(s) sentido(s) da(s) cultura(s). Donatella della Porta é profesora de Socioloxía e Directora de Investigación do Departamento de Ciencias Políticas e Sociais no European University Institute, Florencia. Os seus principais intereses investigadores refírense aos movementos sociais, a violencia política, o terrorismo, a corrupción e as forzas e as políticas da orde pública, cuestións verbo das cales realizou estudos en Italia, Francia, Alemaña e España. Dirixiu un proxecto de investigación comparativa sobre o control das manifestacións públicas masivas en Europa e outro sobre as forzas policiais de Italia. Na actualidade participa en varios proxectos comparativos centrados na cidadanía e os movementos sociais. 'O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)' é un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente que realiza o Consello da Cultura Galega. Este seminario, coordinado polo profesor Ramón Maiz, ten como obxectivo abordar os debates e investigacións mais recentes sobre as plurais nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión cultural, os estudos culturais, as políticas do multiculturalismo, etc.
Ros Marbà dirixe a 'Misa en do menor' de Mozart
📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións
Horario: 21:00 O director titular da Real Filharmonía de Galicia, Antoni Ros Marbà, será o encargado de conducir a orquestra neste concerto no que participa o Cor de Cambra do Palau da Música Catalá. Antoni Ros Marbà, director María Espada, soprano Lenneke Ruiten, soprano Agustín Prunnell-Friend, tenor Florian Boesch, barítono Cor de Cambra do Palau da Música Catalá A. Honegger, Sinfonía núm. 2 W. A. Mozart, Misa en do menor, KV 427 A RFG interpetará a Sinfonía núm. 2 de Honegger e a Misa en do menor de Mozart, nun recital no que participarán as sopranos María Espada e Lenneke Ruiten, o tenor Agustín Prunnell-Friend e o barítono Florian Boesch. Mozart comezou a compoñer a Misa en do menor en 1782, e estrenouna en Salzburgo o ano seguinte. Está considerada unha das grandes composicións da música sacra occidental, xunto co Requiem do propio Mozart.
Conferencia de lectura e danza
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
A conferencia 'A lectura e a danza' conxuga as celebracións dos días internacionais do libro (23 de abril) e da danza (29 de abril). O relatorio ofrecerá un percorrido pola historia da danza a través da visión que das artes do movemento e da súa evolución ofreceron pensadores e escritores de todos os tempos. Á conferencia, organizada polo Centro Coreográfico Galego, seguirá un coloquio cos asistentes. Na súa intervención, Fojón defenderá a necesidade de abordar conxuntamente danza e literatura, a través dun repaso ameno por aqueles autores que, ao longo dos séculos, deixaron a súa reflexión sobre a actividade creativa e, concretamente, a coreográfica: Platón, Aristóteles, Cicerón, Rousseau, Kant, Schiller, Schopenhauer, Nietzsche, Wittgenstein, Leonardo da Vinci, Shakespeare, Descartes, Molière, Stendhal, T. Gautier, Tolstoi... Realizará tamén un breve percorrido pola historia da danza en Grecia, Roma, Idade Media, Renacemento e Idade Moderna, Romanticismo, Academicismo, Danza Moderna Americana e Danza Moderna Europea.
Karaoke Ultramarino
📍 ULTRAMARINOS, Rúa Casas Reais, 34
Horario: 22:30 O KARAOKE Ultramarino nace dunha iniciativa popular no facebook. O grupo creado no facebook chámase “Karaoke no Ultramarinos!!! Precisanse 500 socios neste grupo”. E conseguironse os 500... así que... o 21 de abril... a cantar!!
Tertulia 'Rock e repichoca acústica'
📍 Pub A Reixa Tras Salomé, nº 3
Horario: 17:00 Xesús Ron, de Chévere e a Sala Nasa, e os músicos Xurxo Souto e Fran Amil (Os Tres Trebóns) e Martiño Wu (The Homens) participan nesta tertulia previa ao concerto que ao día seguinte ofrecen os Tres Trebóns e Radio Océano, dentro do programa Redenasa.Son, da Nasa.