Agenda
Narco e Alto Asalto Crew en concerto
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
Horario: 21:30 Os sevillanos Narco son un dos grupos españois de death-metal con máis seguidores. No seu concerto na Sala Capitol estarán precedidos dos composteláns Alto Asalto Crew.
Narracións e música co Consello dos Galegos Ilustres
📍 Biblioteca Caixa Madrid Rúa das Casas Reais, nº 14
Horario : 21:00 Unha parella de galegos ilustres visita Compostela para, con moito sentido do humor, recoller o sentir dos mozos e mozas actuais. Un espectáculo que mestura música e palabra.
Os intocables contra Al Catone
📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.
Horario: 18:00 Nesta longametraxe, un equipo de valentes ratiños policías loita para rematar co contrabando de queixo. O filme forma parte do ciclo Cine Cativo, dedicado á oferta audiovisual infantil e familiar de orixe galega, española ou latinoamericana. Cheesecago, anos 30... A cidade está dominada polos matóns do gángster Al Catone, un malvado gato napolitano que se enriqueceu co contrabando de queixo, tomando o control da xusticia e da policía. Para loitar contra a corrupción e devolver a lei e a orde, a Rateira Federal de Investigación decide enviar aos seus mellores axentes, Elliot Mouse, Gordon e Mr Wilson. Coa axuda de Jack o Irlandés, un esperimentado policía que lles ofrece un incrible coche, repleto de armas e cachivaches, farán fronte ás bandas do crime organizado.
Femi Kuti no ciclo Sons da Diversidade
📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións
Horario: 21:00 Fillo do mítico músico e líder nixeriano Fela Anikulapo Kuti, Femil Kuti herdou a coroa de rei do afrobeat. En Santiago presenta o seu primeiro álbum de estudo en sete anos, Day by Day. Femi Kuti soa a afrobeat, unha combinación de música yoruba, jazz, highlife, yefunk que seu pai creou a principios dos 60, que foi moi popular na África dos anos 70 e que el levou ata audiencias ás que seu pai nunca fora capaz de chegar. No seu último disco, Femi volve máis optimista e entusiasta que nunca, cun traballo que nos devolve aos días de gloria das grandes bandas de Nixeria, pero con aires jazzísticos.
Obradoiros de manualidades en inglés
📍 Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal Avda. de Xoán XXIII
Horario: 18:00 Obradoiro a cargo do Saint James institute. A sesión do venres 23 trata da música e o sentido do ritmo corporal, e está dirixida a nenos e nenas de 3 a 5 anos. A do día 30 é sobre arte e manualidades, para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Stereotipos en concerto
📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.
Horario: 21:00 A banda coruñesa liderada por Manu Rodríguez, que factura un excelente pop-rock de autor, presenta ao vivo o seu segundo disco, 200 buitres.
'Discontinuidades', de Pedro Calapez
📍 Galería SCQ Rúa Pérez Costanti, 12.
La muestra 'Discontinuidades' enseña el trabajo pictórico más reciente del artista portugués Pedro Calapez, en el que juega con la mirada del espectador.
O 'Hotel Paradiso' de Familie Flöz
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
Horario : 20:30 O grupo internacional de creadores de teatro Familie Flöz trae a Compostela 'Hotel Paradiso', unha mostra do seu particular xénero: teatro mudo de máscaras. Autoría: Anna Kistel, Sebastian Kautz, Thomas Rascher, Hajo Schüler, Frederick Rohn e Michael Vogel Dirección e espazo escénico: Michael Vogel Vestiario: Eliseu R. Weide Máscaras: Hajo Schüler Deseño de iluminación: Reinhard Hubert Luces: Emilio Valenzuela Deseño de son: Dirk Schröder Elenco: Anna Kistel, Sebastian Kautz, Thomas Rascher, Frederik Rohn Cousas moi estrañas acontecen no tradicional Hotel Paradiso, unha pequena empresa familiar que se mantén en pé grazas aos esforzos da súa anciá directora. Unha fonte termal promete aliviar as doenzas de corpo e espírito; sobre a porta de entrada do hotel brillan catro estrelas. Pero neste ceo na terra tamén hai nubes escuras. O fillo soña cun grande amor, mentres batalla encarnizadamente coa súa irmá pola dirección do hotel. A moza encargada do servizo róuballes aos hóspedes, e o cociñeiro non só corta filetes de porco... Cando o primeiro morto aparece, persoal e hóspedes sen excepción vense envoltos nun remuíño de furiosos acontecementos. Entre vertixinosas cadeas montañosas ábrense escuros abismos sen fondo dos que ninguén pode escapar. O destino do hotel parece selado: os cadáveres nunca son bos para o negocio. A Familie Flöz é un grupo internacional de creadores de teatro: actores, músicos, bailaríns, directores, deseñadores de máscaras e de vestiario, iluminadores, dramaturgos etcétera, de dez nacións diferentes. Trátase dunha gran familia, emocionante e grotesca, que a través dun pozo profundo por primeira vez sae á luz desde o escuro ventre da terra: tal foi a imaxe que fixo famosa á Familie Flöz na escena internacional de teatro en 1996. Tras esta imaxe, escóndese tamén a autoconsciencia dun grupo en permanente mutación: cada peza, desenvolvida continuamente no marco dun proceso de traballo colectivo, trae á vida un cosmos particular, poboado de figuras e historias que se abriron camiño desde o oculto ata a luz. Co redescubrimento permanente de centenarias disciplinas como a arte dramática, o xogo de máscaras, a danza, o clown, a 'artistik', a maxia e a improvisación, a Familie Flöz crea sucesos teatrais dunha poesía sen igual. Tras máis de dez anos, a Flöz segue a ser un fenómeno difícil de clasificar e aínda máis difícil de describir. Coas súas pezas mudas que sorprenden a públicos do mundo enteiro logrou crear ao longo do tempo un xénero completamente particular. A compañía foi galardoada con numerosos premios internacionais de feito é desde hai tempo un dos artigos de exportación máis exitosos do teatro alemán. Tras Ristorante Immortale (1998), Teatro Delusio (2004) e Infinita (2007), todas creacións que continúan percorrendo o mundo con éxito, chega a última produción de Familie Flöz: o Hotel Paradiso abriu as súas portas.
UXIA P. VAELLO
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
Horario : 21:30 *domingo 25 de abril ás 20,00 h. Uxía P. Vaello desenvolve o seu traballo en danza contemporánea en Galicia dende 2007, tra-la súa volta de Lisboa, onde cursou estudos de danza na "Escola Superior de Dança de Lisboa" (2000-2006). En solitario creou "Arder nun Hotel" (2007) e en colaboración con outros artistas: "Play" (2008) e "Rewind" (2009), duas pezas de teatro-danza con Borja Fernández, e "Assemblage" (2009), coa compañía andaluza Bikini.ducc., dirixida por Guillermo Weickert O traballo de Uxia P. Vaello foi presentado en Santiago de Compostela, Lisboa, Madrid, A Coruña, Barcelona, Sines, Sevilla, Porto. traballou como profersora e coreógrafa no Espazo de Danza da Universidade de Santiago de Compostela, para o cal creou "Cun par de Takóns!". Fai pouco máis dun ano, as bailarinas e coreógrafas Uxía P. Vaello (Galicia), Laura Lizcano (Andalucía) e Rafaela Salvador (Portugal), mergulláronse nun proxecto que tiña como tema central a imaxinación, entendida como a sucesión ou movemento de imaxes. Ao longo deste proceso, a participación de Rafaela Salvador viuse comprometida, tendo finalmente que renunciar á súa participación no espectáculo. Laura Lizcano e Uxía P. Vaello continuaron coa pesquisa cun novo compromiso: imaxinar que Rafaela seguía aí, na escea, con elas. Para comezar a “proxectar a súa imaxe ata o palco” comezan por concentrarse na súa descrición física… A fotografía de Nuno Tavares (Portugal) e a música de Paco Lamato e Bikini Red serven de fío condutor no percorrido pola paisaxe de Assemblage, que se desdobra e deixa ao descuberto novos segredos mentres as intérpretes van afondando na súa tentativa de reconstrución dunha “imaxe que axude a resolver todo isto”, ou polo menos, que sirva de detonante para disparar a viaxe persoal de cada espectador polo seu propio imaginario.
Acto de entrega de premios dos certames literarios 2009
📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13
Horario: 20:00 No acto de entrega dos premios da VII edición do Certame de Poesía Aurelio Aguirre e do IX Certame de Relato Curto "José Saramago" haberá un recital poético a cargo de María Lado e Lucía Aldao. María Lado e Lucía Aldao son dúas das voces poéticas novas máis interesantes da literatura galega. Lado naceu en Cee en 1979 e é autora dos libros de poemas A primeira visión, Casa atlántica, casa cabaré e Berlín. Aldao naceu na Coruña en 1982 leva desde os 17 anos escribindo, recitando e mesturando a poesía con música, videocreación... Os premios dos certames de 2009 convocados pola Rede de Centros Socioculturais recolleranos Alberte Momán o Aurelio Aguirre de Poesía por 'Sermos un' e Diego Giráldez o José Saramago de Relato por 'Un cometa para unha despedida'.
25_keelt en concerto no ciclo 'No Campo de Fóra'
Horario: 20:30 Pauliine Maasik e Ariel Ninas forman un dúo de violín e zanfona que interpreta composicións propias e repertorio tradicional de Galicia e Estonia, orixe dos intérpretes. O nome do dúo fai referencia á palabra keel, verba polisémica estonia que significa "lingua", "canción" ou "corda". 25 é o número total de cordas que xuntan o violín e a zanfona. Os dous intérpretes coincidiron no antigo Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e desde entón indagan nas conexións musicais e culturais dos dous extremos xeográficos da Europa. Logo da súa primeira actuación no Oxford Folk Festival do 2006 teñen actuado en contadas pero especiais ocasións. Asi mesmo, Ariel Ninas, é músico da OMEGA -Orquestra de Música Espontánea da Galiza-, do trio de improvisación Ariel Ninas-Annamoviek e actualmente traballa coa compañía de danza contemporánea Traspediante, facendo a música ao vivo da súa última montaxe "Habelas".
Mabel Rivera interpreta a Maria Callas en 'Master class'
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
Horario: 21:00 Mabel Rivera volve aos escenarios para interpretar á cantante Maria Callas nos seus últimos anos. Unha produción galega que adapta a célebre obra Master Class, do norteamericano Terrence McNally. Master Class estreouse hai quince anos en Broadway e foi merecedora do premio Tony 1996 á mellor obra de teatro. A nova versión conta coa dirección de Xosé Manuel Rabón. A obra recrea os últimos pasos da soprano no mundo da arte, impartindo clases maxistrais na academia neoiorquina Juilliard. Este é o pretexto para mostrar as dúas caras da mesma moeda que eran a Callas íntima e a personaxe pública. No elenco da obra atópanse tamén Lino Braxe e María Torres.