Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

Paula Carballeira na 'Hora do conto'
20 ABRIL 2010

Paula Carballeira na 'Hora do conto'

📍 Biblioteca Fundación Caixa Galicia Frei Rosendo Salvado, 14-16.

Horario: 18:30 Todos os martes a Hora do Conto chega á Biblioteca Fundación Caixa Galicia de Compostela para enriquecer as rebuldeiras mentes dos nenos e nenas. Os mellores contos infantís de tradición oral ou inventados polos nosos contacontos, desfilan cada martes pola biblioteca da man de Paula Carballeira e Celso Fernández Sanmartín.

Álvaro Vieito Cuarteto presenta 'Introducing'
20 ABRIL 2010

Álvaro Vieito Cuarteto presenta 'Introducing'

📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34

Horario : 20:30 O guitarrista pontevedrés Álvaro Vieito debuta con Introducing, no que opta por unha formación de cuarteto cun marcado carácter internacional: Max Gómez á batería, o xaponés Masahiro Yamamoto aos saxos alto e soprano e o estadounidense Ross Gallagher ao contrabaixo. Álvaro Vieito formouse en Compostela e en Nova York con mestres como Vic Juris, Lage Lund, Jonathan Kreisberg, Rory Stuart, Marcelino Galán e Michel González, entre outros, o guitarrista do Porriño colaborou na súa traxectoria profesional como músico en diferentes formacións, entre elas, Álvaro Vieito Trío, Álvaro Vieito & Diego Pérez, Hira-Joshi, S.E.M. Big Band e Xerpo, ademais do seu cuarteto. Para completar a súa formación participou en diferentes cursos e seminarios, como o II Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, con Abe Rábade, Paco Charlín e Santi Quintáns; o Pontevedra Jazz Workshop con Jonathan Kreisberg, Jaleel Shaw e Donald Edwards; o Seminario de Improvisación Bebop con Barry Harris no Taller de Músicos de Madrid e un curso de perfeccionamento con Ramón Ángel Rey, Abe Rábade, Jesús Santandreu e Paco Charlín. Realizou tamén master classes con Jonathan Kreisberg, Dave Frank, Frank Gambale, Walter Thompson, Nuno Ferreira, Baldo Martínez, João Moreira, etc.

The Darjeeling Limited (Viaxe a Darjeeling)
20 ABRIL 2010

The Darjeeling Limited (Viaxe a Darjeeling)

📍 Aula Sociocultural Caixa Galicia Carreira do Conde, 18.

Horario : 20.30 Tres irmáns que non se falaron nun ano, embarcan nunha viaxe en tren pola India coa intención de atopárense a si mesmos, e estreitar lazos entre eles co fin de volver ser os irmáns que sempre foron. The Darjeeling Limited, EUA, 2007 Xénero e duración: Comedia dramática, 91' Dirección: Wes Anderson. Intérpretes: Owen Wilson (Francis), Adrien Brody (Peter), Jason Schwartzman (Jack), Anjelica Huston (Patricia), Amara Karan (Rita), Camilla Rutherford (Alice), Irrfan Khan (Pai da vila). Montaxe: Andrew Weisblum. Fotografía: Robert Yeoman. Guión: Wes Anderson, Roman Coppola e Jason Schwartzman. Música: Alan Silvestri. Produción: Wes Anderson, Scott Rudin, Roman Coppola e Lydia Dean Pilcher. Malia isto, a súa "busca espiritual" pronto apartase do seu curso, e ao final atopanse sós, no medio do deserto con once maletas, unha impresora e unha máquina de laminación. Nese intre, de súpeto, comeza unha nova viaxe que non estaba nos seus plans. Todos os públicos

'Comunicar cultura' sobre xornalismo cultural
20 ABRIL 2010

'Comunicar cultura' sobre xornalismo cultural

📍 Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º andar

Unhas xornadas par abordar o panorama e os desafíos do xornalismo cultural, as experiencias desde distintos medios e soportes da comunicación e en internet en Galicia e as políticas culturais en Europa, coa intervención de profesores, investigadores da comunicación e xornalistas. Entre os participantes nestas xornadas, enmarcadas nos foros de debate que vén organizando o Arquivo da Comunicación do CCG, figuran Ramón Lobo (El País), Xosé Pereira, Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; José María Caminos Marcet (Euskal Herriko Unibertsitatea), María Pallier (Metrópolis), Carlos Gonzalez Reigosa (Comité asesor da Fundéu), Alfonso Armada (Fronterad), Francisco Rodríguez Pastoriza (Universidad Complutense de Madrid) ou Jacques Guyot (Université de París-8). Canda eles aportarán as súas visións xornalistas de medios impresos, radiofónicos e dixitais de Galicia. As sesións terán lugar no salón de actos do Consello da Cultura Galega os días 20 e 21 de abril, mañá e tarde e finalizarán o día 29 ás 17 horas coa conferencia sobre "Diversidade cultural e converxencia dixital", a cargo de Jesús Martín Barbero, profesor da Universidad Javierana de Bogotá e membro do Consejo Nacional de Cultura de Colombia.

Creación dun mural colectivo no portalón do CSC Fontiñas
20 ABRIL 2010

Creación dun mural colectivo no portalón do CSC Fontiñas

📍 CSC Fontiñas. Rúa Berlín, 13.

Horario:17:30 - 19:30 Nenos, mozos e adultos están convidados a participar neste obradoiro artístico que se desenvolverá ao longo de cinco tardes e que ten por obxectivo crear un mural no portalón exterior do centro sociocultural. Valéndose do graffiti como ferramenta, crearase un mural artísticos coa técnica do trampantollo. O colectivo de cómic Cerditos de Guinea serán os encargados de coordinar o obradoiro.

'A leira magnética' de Carlos Santiago
20 ABRIL 2010

'A leira magnética' de Carlos Santiago

📍 Pub Atlántico.Miguel, 9. Teléfono: 981 577 396.

Horario:22:00 O narrador e dramaturgo Carlos Santiago presenta o seu novo espectáculo de narracións: 'A leira magnética: monólogos apostólicos, económicos e galaicos', un repaso delirante da actualidade. Así presenta Carlos Santiago o seu espectáculo: "Canto son dous máis dous na lingua de Rosalía? Intercederá o Espírito Santo na solución da crise económica? Quen logrou que o Papa veña a Santiago no Ano Santo? Cal é o sentido pexorativo da palabra 'gallego'? Por que ofenderse é unha estupidez aldeá, cantonal e provinciana? Hai vida intelixente do outro lado do Túnel de Guadarrama? Onde fica El Desván de Los Monjes? E La Coruña? Por que sabemos quen é Belén Esteban? É Ourense a vangarda política de Europa? Cantos millóns de peregrinos gañarán o xubileu? Volverán os Rolling Stones actuar no Monte do Gozo? Por que o Rei de España non se xubilou aos sesenta e sete anos para dar exemplo?..." Son só algunhas das preguntas as que tratará de dar resposta Carlos Santiago.

19 ABRIL 2010

O Ferrocarril en Galicia

📍 Fundación Caixa Galicia Rúa do Vilar, 19.

Horario : 20:00

Alberto Pérez  en concerto
19 ABRIL 2010

Alberto Pérez en concerto

📍 ULTRAMARINOS, Rúa Casas Reais, 34

Horario: 22:30 Para moitos, o nome de Alberto Pérez vai unido ao célebre trío de La Mandrágora, xunto a Joaquín Sabina e Javier Krahe. Para outros, á súa etapa de TVE en Si yo fuera presidente. Os afeccionados á radio probablemente o coñecerán polas súas colaboracións na SER ou RNE, e os cinéfilos, por El viaje a ninguna parte, de Fernando Fernán Gómez. Co espectáculo Más allá de la Mandrágora, presenta un panorama do seu traballo posterior aos anos do mítico trío madrileño, no que destacan as súas interpretacións a capella e as súas improvisacións man a man co público, aparte da súa orixinal técnica guitarrística.

19 ABRIL 2010

Campus de Baloncesto "Concello de Santiago"

📍 Pabellón del Instituto Rosalia de Castro

Se celebrará otro año más el Campus de Baloncesto 'Concello de Santiago', un campus de baloncesto y actividades deportivas para los niños de  entre 8 y 14 años. Las actividades se realizarán en el pabellón del Instituto Rosalia de Castro, en horario de 18.30 a 20.30. La inscripción se podrá realizar en el siguiente enlace      http://www.tfaforms.com/80494 Más informacion en   http://www.cbirosalia.com/

Curso de guión sen trama
19 ABRIL 2010

Curso de guión sen trama

📍 Arteria Noroeste. Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

Horario: 17:00 - 21:00 O guionista e director de cine Xavier Bermúdez imparte este curso de 20 horas en cinco xornadas, destinado aos interesados na escritura cinematográfica, especialmente nas súas formas menos convencionais. O curso trata de identificar os elementos esenciais cos que se compón un guión sen trama, analizar prácticas que respaldan ou contradín os presupostos do curso, adestrarse no uso dos elementos estudados e relacionar compromiso moral e técnica narrativa. Xavier Bermúdez (Ourense, 1951) é guionista e director de cine, cunha filmografía xa importante. Escribiu e dirixiu as longametraxes Nena (1997), León e Olvido (2008, premio ao mellor guión no Festival de Cine Español de Toulouse, premio ao mellor director no Festival Internacional de Cine de Ourense, o premio do xurado FICC jury award-Don Quijote) e Rafael (2008). É guionista de varios filmes dirixidos por Manane Rodríguez, comoUn conto para Olivia (2007) e Un axuste de contas (2009).  

Taller de crítica de arte
19 ABRIL 2010

Taller de crítica de arte

📍 Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).20 prazas dispoñibles.Rúa Valle Inclán s/n.

Horario: 16:30 - 20:30 Dirixido por A*DESK. O taller propón un espazo de encontro, debate e creación ao longo dunha semana. Trátase de crear redes de comunicación entre a produción crítica en España, estudar a produción artística e a súa situación estrutural, así como presentar modelos de produción crítica e ofrecer unha plataforma de distribución da mesma. Integrado por Montse Badía, Martí Manen e David G. Torres, a proposta de A*DESK concluirá coa publicación dun número especial da súa revista.

'A leira magnética' de Carlos Santiago
19 ABRIL 2010

'A leira magnética' de Carlos Santiago

📍 Dado-Dadá. Rúa Alfredo Brañas, 19. Teléfono: 981 591 574-629 234 044

Horario: 22:00 O narrador e dramaturgo Carlos Santiago presenta o seu novo espectáculo de narracións: 'A leira magnética: monólogos apostólicos, económicos e galaicos', un repaso delirante da actualidade. Así presenta Carlos Santiago o seu espectáculo: "Canto son dous máis dous na lingua de Rosalía? Intercederá o Espírito Santo na solución da crise económica? Quen logrou que o Papa veña a Santiago no Ano Santo? Cal é o sentido pexorativo da palabra 'gallego'? Por que ofenderse é unha estupidez aldeá, cantonal e provinciana? Hai vida intelixente do outro lado do Túnel de Guadarrama? Onde fica El Desván de Los Monjes? E La Coruña? Por que sabemos quen é Belén Esteban? É Ourense a vangarda política de Europa? Cantos millóns de peregrinos gañarán o xubileu? Volverán os Rolling Stones actuar no Monte do Gozo? Por que o Rei de España non se xubilou aos sesenta e sete anos para dar exemplo?..." Son só algunhas das preguntas as que tratará de dar resposta Carlos Santiago.