Agenda
Concerto didáctico co Coro da Rá
📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.
Horario : 11:00 O conxunto de voces que compoñen o Coro da Rá está dirixido por Ramón Bermejo. É o coro residente da escola de música Estudio e interpreta estilos que van do soul e o jazz ao pop e a música étnica. O concerto tratará de explicar as características da música a capella.
Inauguración de exposición de Gilberto Zorio
📍 Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) Rúa Valle Inclán, s/n.
Horario : 20:00 O CGAC inaugura unha exposición monográfica do artista Gilberto Zorio. A mostra destaca por incluír unha ampla selección de traballos que poucas veces foron reunidos nun único espazo museístico, así como polas súas espectactulares instalacións. A mostra xorde da colaboración co MAMbo (Museo de Arte Moderna) de Bologna e está comisariada por Gianfranco Maraniello, director desta institución italiana. Poderá visitarse ata 27 de xuño no primeiro andar, baixo, dobre espazo e hall do centro. O artista italianofoi un dos protagonistas do fenómeno da 'arte povera'. Segue a ser inspiración para diferentes xeracións de artistas na superación do concepto de arte como produción de formas acabadas e independentes. Sensible aos cambios radicais nos modos de produción e á estética que deriva da dispoñibilidade de novos materiais e dispositivos da tecnoloxía avanzada, Zorio explora a fluidez, as propiedades elásticas, os compoñentes químicos e as reaccións físicas de produtos e substancias empregados pola ciencia e pola industria. Este emprego de dispositivos eléctricos, de fluorescencias, incandescencias, luces estroboscópicas e raios láser predispón o visitante ao imprevisible e lévao a renderse ante a sorpresa dunha arte en continua transformación. Desde a escultura ata a instalación, Zorio concibe a relación co contorno como elemento compositivo.
'El porvenir está en los huevos' no Festival de Teatro Universitario
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
Horario : 21:00 O XVI Festival Internacional de Teatro Universitario presenta unha obra transgresora e ácidamente cómica de Eugene Ionesco, fundador do que el mesmo denominou antiteatro. Autoría: Eugène Ionesco Dirección: Félix Martín Escenografía: Félix Martín Iluminación: J. J Sánchez Millán Axudante de dirección: J. J Sánchez Millán Intérpretes: Óscar Castro, Belén Lázaro, Gloria Bartolomé, Guillermo Dobato, Silvia Cosculluela, Maite Sequeira, José Luis Sierra, Teresa Abril, Javier Martínez, Olalla Estrada, Enrique Conejero, Isamar Gutiérrez, Rafael Cadena, Valentina Acevedo. A peza é unha mostra reveladora do xenio orixinal e iconoclasta de Ionesco. Nela escenifícase o sometemento final do protagonista, Jacobo, ás normas rixidamente impostas por unha sociedade bempensante inmersa nun incoherente e inmoral sistema de superprodución. Cruel e humorística, destrutiva e creadora á vez, esta forma de escribir e concibir o teatro representa a procura dunha nova fórmula dramática presidida polo irracionalismo que caracteriza a vida do home contemporáneo
Serrano & Lechner Dúo
📍 Dado-Dadá Rúa Alfredo Brañas, 19
Horario: 23:00 O pianista arxentino Federico Lechner e o armonicista madrileño Antonio Serrano forman este singular dúo cunha proposta musical con paradas no tango, o jazz, a new age e a música de bandas sonoras. No seu primeiro álbum, titulado Sesión continua, presentan un repertorio de temas orixinais de películas interpretados en dúo de piano e harmónica con arranxos jazzísticos.
Ensaio aberto da Banda Municipal
📍 Auditorio de Galicia(Sala Mozart) Avda. do Burgo das Nacións, s/n.
Horario: 12:00H A Banda Municipal de Santiago ofrece ao público compostelán un ensaio aberto. Durante o mesmo realizarase unha presentación dos membros da Banda e unha breve explicación sobre a agrupación. A Banda Municipal é unha das máis antigas de Galicia, xa que se formou en 1849. Na actualidade conta con 38 compoñentese e entre as súas actividades destacan os concertos dominicais, os de verán e os didácticos.
Pablo Seoane dúo
📍 ULTRAMARINOS, Rúa Casas Reais, 34
Horario : 22:30 Pablo Seoane é un pianista compostelán e un dos referentes do novo jazz en Galicia. Nesta ocasión aterriza no Ultramarinos acompañado por Rafa Fernández á guitarra e cun repertorio baseado en standars clásicos de Jazz.
JUGOPLASTIKA+MARYLAND+IGLOO
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
Horario : 21:30 Detrás de Ernie producións está Josiño Carballo, que fora quinto membro dos Free Serena, quen se ocupaba de atopar locais para tocar, organizar xiras, prestar a furgo, perseguir xornalistas, meter ao grupo en festivais... Con toda esa experiencia acumulada durante anos, e despois da separación do grupo, crea a produtora no ano 2004. O seu primeiro grupo foi Holywater, despois virían Jugoplastika, Igloo, Niño y Pistola, Nadadora e Portrait, os primeiros festivais itinerantes e Ernie, a organización do festival Lolapop, os grupos internacionais... Agora Ernie recala nas augas da NASA para presentarnos algúns dos seus grupos. http://www.myspace.com/ernieproducciones Maryland foron finalistas de concursos como o Grupo Revelacion Nacional 2009 do festival Contempopránea, o Queixo Maquetón de Arzúa ou o Nsaio no Camiño. Pero eles saben que o que de verdade importa son as boas cancións, e o grupo tenas, como demostran no seu primeiro disco, Surprise, cheo do pop de guitarras máis energético, que por momentos se achega ao Boise ou ao power-pop, un son alleo a modas e tendencias. Jugoplastika é un grupo galego-madrileño de Indie-rock que se formou en 2003. Tras algunhas maquetas, unha delas gravada nos estudios de Paco Loco, e moitos concertos, mesmo en festivais como o Festimad 2005 ou o FMIC 2005, ficharon por Junk Records, que publicou o seu primeiro disco. Despois publicarían o segundo con Astro Discos, producido tamén por Paco Loco e pasterizado por Nathan James en Nova York
Charla sobre hipertensión arterial
📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13
Horario: 20:00 Continúan as charlas das Segundas Xornadas de Información Sociosanitaria das Fontiñas que nesta ocasión contaran como relatora con Mª Carmen Mini Castro. A charla, organizada en colaboración coa Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e o Centro de Saúde das Fontiñas, abordará a hipertensión arterial.
A Real Filharmonía estrea unha obra de García Abril
📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.
Horario : 21:00 Bajo la batura de Antoni Ros Marbá, a RFG estrena Variacións atlánticas, una obra que le encargo al compositor aragonés Antón García Abril. Honegger e Mozart completan el programa. Antoni Ros Marbà, director Colleen Lee, piano A. Honegger, Pastoral d’été W. A. Mozart, Concierto para piano núm. 27 en Si bemol maior, KV 595 A. García Abril, Variacións atlánticas
Dr Gringo e Los Eternos en concerto
📍 Pub La Radio Praza de San Fiz, 6
Horario : 21:00 Unha nova oportunidade para ver en directo ao incadescente trío Dr. Gringo, referente galego do mellor rockabilly. Estarán acompañados do grupo de Cedeira Los Eternos. Dr. Gringo creouse a finais de 2007 e está composta Javi Little Gringo (batería) -ex Rock-a-hulas, Phantom Keys, Lost Psychotics e Nuggets, o actor Galego Jacobo Prieto (baixo) e Mr. Gringo -guitarra e voces- e antigo compoñente de Clan Moriarty, the Tombstones, ou Los Feliz. Los Eternos naceron no 2003 para gozar tocando rock & roll. A banda esta formada por Chewis e Cudi (guitarras), Torres (contrabaixo, baixo e voz) e Mecha (batería). Contan con dúas maquetas con temas propios, e son especialistas nos directos. onde tamén fan versións de clásicos do country como Hank Williams, Johnny Cash, ou The Creeadence Clearwater Revival.
'Comendo pimentos de Padrón con Tarantino' no Festival de Teatro Universitario
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
Horario : 21:00 Unha obra cómica escrita e dirixida por Leandro Lamas. A historia fala dunha criatura que quere ser cantante, da súa nai e do seu pasado e dun pianista no horizonte. Texto e dirección: Leandro Lamas. Elenco: María Veiga, Gena Hernández, Antonio Estévez. Iluminadoras: Paula Fojo e Silvia Romaus.
Fusión de flamenco e jazz con Jerez-Texas
📍 Pub Borriquita de Belém San Paio, 22
Horario: 22:45 Despois de actuar con éxito en medio mundo, chega a Galicia Jerez-Texas, un dos grupos de referencia na fusión de flamenco e jazz. Presentan en directo o seu terceiro disco, Sun. Ricardo Esteve, guitarra flamenca Matthieu Saglio, violonchelo Jesús Gimeno, batería Isabel Julve, cante e baile flamenco En Sun Jerez-Texas prosegue coa súa busca de novas fronteiras para o flamenco. O seu son xa se puido escoitar en case 400 concertos en países de todo o mundo: España, Francia, México, Namibia, Guatemala, Honduras, Estados-Unidos, Qatar, Kuwait, Panamá, Nicaragua, Bélgica, Hong-Kong, Haití, Egipto, Túnez, etc.