Agenda
Obradoiro de ilustración con Jacobo Fernández
📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13
Horario : 10:30 Jacobo Fernández é un dos mellores ilustradores e autores de banda deseñada galegos actuais. O sábado iniciará a nenos e nenas de 6 a 12 anos á ilustración, e porán en práctica o aprendido creando un persoaxe e unha ilustración do mesmo. Para participar é necesaria a inscrición previa. Jacobo Fernández é ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. É o creador da serie dos Arquivos do Archimboldo Roque para a revista Golfiño, que despois foi publicada nun só álbum. Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica Dos Veces Breve, así como da segunda época da revista BD Banda, na que desenvolve a serie titulada Animais pantasma. Ao mesmo tempo, continúa facendo ilustración e banda deseñada para nenos. Co álbum As aventuras de Cacauequi obtivo o III Premio Castelao da Deputación da Coruña. No 2009 foi candidato aos premios do Saló de Barcelona.
Marcelino Galán Quinteto
📍 Dado-Dadá Rúa Alfredo Brañas, 19
Horario : 23:00 Marcelino Galán Quinteto actúa no Dado Dadá dentro do III Ciclo 1906 de Jazz. A formación está liderada polo guitarrista coruñes Marcelino Galán, profesor da área de Jazz no Conservatorio Superior de Música da Coruña.
504, Pániko en las Calles e Dj Digro na Sala Krooner
📍 Sala Krooner Rúa República Arxentina, 48.
Horario : 23:00 Unha sesión de rap con 'Cookin' soul', un espectáculo no que participan as formacións galegas 504 (Cinco Cero Cuatro), Pániko en las Calles e Dj Digro.
Super8
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
Horario : 20.30 A compañía luso-galega Voadora, con sede en Santiago de Compostela, coproduciu co Centro Dramático Galego esta peza sobre a memoria. Teatro, música en vivo, danza e maxia únense nun espectáculo onde os intérpretes se debaten entre a obsesión de recordar e a importancia de esquecer. Autoría: Voadora Dirección: Marta Pazos Asistente de dirección: Anabell Gago Apoio dramaturxia: Roberto Leal Colaboración dramaturxia: Natalia Outeiro Pajarito e Afonso Castro Espazo escénico: Sandra Varela Deseño de luces: Baltasar Patiño Música orixinal: Hugo Torres e Jose Díaz Elenco: Jose Díaz, Marta Pazos, Hugo Torres, Uxia P. Vaello e Sergio Zearreta Se os primeiros amores e os primeiros bicos seguen existindo só porque nós os lembramos, e de feito esta é a súa única existencia, entón todo o vivido vén ser unha novela en fase continua de corrección, un relato permanentemente reescrito. O mundo non existiría sen a memoria, en realidade, só existe a memoria. Non hai futuro, o presente pasa a ser memoria no instante seguinte, e un dos grandes descubrimentos deste século é o papel transcendental da memoria na configuración da nosa vida. A pegada que deixa no inconsciente unha experiencia individual en forma de recordo insírese no noso hardware. Por iso dicimos que estamos programados para ser únicos, e as nosas decisións van ser o resultado non só da xenética cerebral, senón das pegadas deixadas pola nosa experiencia individual. A memoria non é tan só un xigantesco almacén, senón un prodixioso disco duro, que nos dota de identidade e nos fai absolutamente únicos. En Super8 cuestiónase o papel da memoria e os seus mecanismos na nosa identidade. Voadora Con sede na cidade de Santiago de Compostela, a plataforma de creación Voadora xorde no verán de 2007 da vontade de potenciar a creación artística e o intercambio cultural entre creadores da área lusófona. A compañía pretende crear en cada proxecto un espazo activo de traballo onde os artistas poidan crear, investigar, reflexionar e debater sobre temas de carácter universal buscando nexos comúns xeracionais, estéticos, emocionais e artísticos, avogando por un achegamento -ao que eles se refiren como 'so far so close'- entre Galicia e Portugal. Voadora acolle propostas que utilizan a multidisciplinariedade de linguaxes e conxugan as diferentes sensibilidades da paisaxe escénica actual. O equipo formado por mozos creadores de diferentes disciplinas artísticas traballa na xestación de proxectos escénicos baseados na experimentación, o xogo e a busca de novas linguaxes. O seu primeiro espectáculo PeriFeria (2008), acadou o apoio do CDG e da AGADIC, así como unha residencia artística en Novo Ciclo-Teatro Acert de Tondela (Portugal). No ano europeo do diálogo intercultural, a fundación Euro-Mediterranea Anna Lindh escolleu o espectáculo como unha das '1001 Actions for Dialogue'.
LA MACANA
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
Horario : 21:30 Creación e interpretación: Caterina Varela, Alexis Fernández. Música: Vítor Joaquim. Ilumanción: Octavio Mas. Asistencia de dirección: Claudia Faci. Videocreación: Masako Hattori. Vestiario: Irena Sanjuan. La Macana é unha compañía de danza formada no ano 2009 na Coruña, da man dos creadores e intérpretes Caterina Varela (A Coruña, 1983) e Alexis Fernández (Santiago de Cuba, 1975), que despois de traballar xuntos en diferentes compañías como Experimentadanza, Centro Coreográfico Galego e Entremans, deciden asumir de maneira indepedente o seu labor creativo. Para a compañía Entremans, cofundada por Alexis Fernández, asinan o seu primeiro traballo como dúo, a peza VEN, estreada en marzo de 2008 en La Habana, coa que conseguen o 1º Premio, Premio del Público y Premio de la Crítica no Certamen Coreográfico de Madrid, no ano 2008. Esta peza mostrouse en diferentes cidades de España, Cuba, Alemaña, Suecia, Brasil, Francia, Portugal, Italia e Luxemburgo. A primeira peza de LA MACANA, como produción propia, é SHURE PG48, peza creada e interpretada por eles mesmos, que conta cunha residencia de creación, en outono de 2009, en Espaço do Tempo (Montemor o Novo, Portugal). Shure PG48 nace como idea no ano 2007, dentro dun obradoiro de improvisación que Caterina Varela realiza con Guillermo Weickert, creador e intérprete, e Vítor Joaquim, músico, quen rematado o obradoiro compón The Devil is in the Detall, con voz de Caterina Varela, peza que acabará sendo a banda sonora de Shure PG48. Alexis Fernández súmase a esta idea gracias a un segundo obradoiro con Claudia Faci, no que se debuxa por primeira vez a súa estrutura. A peza inclúe a linguaxe de signos como ferramenta de movemento e para poder facer accesible o texto falado ás persoas xordas.
V Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego
📍 Centro Comercial Area Central Fontiñas
Do 9 ao 11 de abril, Área Central acolle a quinta edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego, actividade organizada polo Consorcio Editorial Galego e na que presentan as súas novidades as editoriais galegas Sotelo Blanco, Baía e A Nosa Terra. Con este evento comemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra cada 2 de abril. Programa: Venres 9 de abril * 12 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros * 18 h. Inauguración oficial da feira * 18.30 h. Actuación do Home Orquestra, con xogos e cancións populares para os máis pequenos * 22 h. Peche da feira Sábado 10 de abril * 10 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros * 18.30 h. Presentación de Os Lanuxe por Tere Fernández, con creación de bonecos de tea ao vivo * 22 h. Peche da feira Domingo, 11 de abril * 11 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros * 18.30 h. Mario Tomas presenta 'Contos do camiño', para gozar imaxinariamente de aventuras polo Camiño de Santiago * 20 h. Clausura da V Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego
Universo Star Wars
📍 Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés Rúa do Restollal, 50
Él Corte Inglés acoge una exposición de más de 500 m2 sobre la saga de filmes creada por George Lucas: La guerra de las galaxias, con alrededor de mil artículos de coleccionista. La exposición recoge material desde 1977 hasta hoy en día, procedentes de la colección de Miguel Cruz y Jorge Jiménez: bustos, estatuas, réplicas de naves espaciales, juguetes...
Proxección do concerto 'Secet World Live', de Peter Gabriel
📍 Fonoteca Universitaria Facultade de Ciencias da Información. Avda. Castelao s/n.
A Fonoteca Universitaria proxecta a gravación do concerto de Peter Gabriel en Módena (Italia) en 1994, dentro da xira 'Secret World Live'.
Rock'n'roll con Lou Reyes
📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.
O músico galego Lou Reyes ofrece unha actuación con boas doses de rockabilly e rock'n'roll clásico. Ritmo e melodía para axitar os corpos.
Ensaio aberto da Banda Municipal
📍 Auditorio de Galicia(Sala Mozart) Avda. do Burgo das Nacións, s/n.
Horario: 12:00H A Banda Municipal de Santiago ofrece ao público compostelán un ensaio aberto. Durante o mesmo realizarase unha presentación dos membros da Banda e unha breve explicación sobre a agrupación. A Banda Municipal é unha das máis antigas de Galicia, xa que se formou en 1849. Na actualidade conta con 38 compoñentese e entre as súas actividades destacan os concertos dominicais, os de verán e os didácticos.
Aberto por folga. Cabaret laboral
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
Horario : 21:00 A compañía compostelá de teatro afeccionado Tangatutanga presenta Aberto por folga. Cabaret laboral, unha peza que mestura teatro e cabaré e que obtivo éxito de público e crítica no seu paso por varios festivais de teatro afeccionado. Autoría: Creación colectiva de Tangatutanga Teatro Dirección: Beatriz Bravo Elenco: Marco Bernal, Marta Bouzón, Inés Colmeiro, Sabela Dávila, Marta González, Andrea de Francisco, Silvia Lías, María Mato, María Meimije e Estefanía Vázquez
THE ATTENTION
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
Cando escoitamos a estes cinco austríacos amantes do r&b e o garaxe, as primeiras referencias que nos veñen á cabeza son inevitablemente os seus compatriotas Jaybirds. Coma eles, saben combinar perfectamente as doses requeridas de coraxe, actitude, enerxía e elegancia para unha banda MOD con maiúsculas. Unha posta en escena impecable e un repertorio no que mesturan con mestría clásicos do r&b e temas propios, fan de The Attention un dos grupos con maior proxección na escena mod actual, unha viaxe sen retorno ás entrañas do mítico Crawdaddy, r&b de alta escola executado con solvencia. Esta é a súa segunda xira pola península para presentar o seu primeiro LP con Screming Apple.