Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

Do, re, mi, Mozart xoga aquí, en función familiar
28 MARZO 2010

Do, re, mi, Mozart xoga aquí, en función familiar

📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

Horario: 12:30 Nunha tarde de outono Amadeus e Nanerl refúxianse no salón da súa casa, despois de colleren un cesto de verduras para facer unha broma á cociñeira. Mentres están a xogar coas verduras comezan a crear unha historia, e a partir de aí, sucédense diferentes escenas nas que a través dos instrumentos musicais crean aventuras e cadros cómicos que eles mesmo imaxinan e aos que dan vida. Do, re, mi, Mozart xoga aquí, de Jorge Rey Compañía: Títeres Cachirulo (Galiza) Dirección: Jorge Rey Marionetistas: Carmen Domech, Jorge Rey Tramoia, luz e son: Carlos Clemente Martinez Gallego Banda Sonora Alfredo Padilla Decorados Carmen Domech Construción das marionetas Títeres Cachirulo Pasan por escenas de misterio con sombras chinesas, ou por un ballet cómico mentres imaxinan que as notas musicais teñen corpo, ou por persecucións entre unha gatiña e un rato, e crean así unha aventura no retablo de monicreques que lles regalou o seu tío. A partir de 4 anos

O'Funk'illo
27 MARZO 2010

O'Funk'illo

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5

Horario: 22:00 O'Funk'illo regresa aos escenarios, dez anos despois do nacemento deste singular trío musical, cun nome que transmite perfectamente a esencia do seu son. Andreas Lutz, voz Javi Marssiano, guitarra Pepe Bao, baixo Ademais de funk, no repertorio de O'Funk'illo, soa a metal, flamenco e reggae. O grupo disolveuse no 2006 e volve agora para celebrar os dez anos da saída do primeiro álbum do grupo, O'Funk'illo, aos que seguirán En el Planeta Aseituna (2003), No te cabe na' (2005).

'Casa de Fados' en concerto
27 MARZO 2010

'Casa de Fados' en concerto

📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34

Horario: 20:30 'Casa de Fados' é un proxecto que está formado polas voces e instrumentistas máis destacados da escena do fado actual, con vocalistas como Ricardo Ribeiro, Ana Sofía Varela e Pedro Mountinho, entre outros. Autoría: Carlos Saura, Iván Días e Sergi Almiñana Dirección: Pedro de Castro Escenografía e iluminación: Javier Quintanilla Vestiario: Casa de Fados Música: Pedro de Castro - Varios Autores Son: Alfons Almiñana Elenco: Pedro Castro, José Luis Nobre, Jaime Santos, Joel Pina (músicos) / Carminho, Ricardo Ribeiro, Vicente da Câmara, Maria da Nazaré, Ana Sofía Varela e Pedro Moutinho (fadistas) Creado para a película Fados de Carlos Saura, este grupo consolidouse como unha das formacións máis relevantes no fado internacional. O espectáculo pretende imitar o ambiente dunha casa de fado, termo referido a aquel local onde se canta o fado en Lisboa e onde o público rende culto a cantantes e músicos deste xénero. A posta en escena do concerto reproduce igualmente a estética e a visión que o cineasta aragonés pensara para a súa última película que completa una triloxía baseada nas músicas urbanas que naceron no século XIX en diferentes cidades e que se converteron en músicas universais. En 'Casa de Fados' actúan diferentes instrumentistas e cantantes, primeiras figuras do fado xunto a novas promesas que se converteron en artistas na vangarda desta música e que son amplamente recoñecidos como herdeiros de figuras como Amália Rodrigues ou Carlo do Carmo. Por primeira vez únense en escena seis fadistas e catro músicos de moi diferentes xeracións.

ULTRANOITE ANTOLOXÍA
26 MARZO 2010

ULTRANOITE ANTOLOXÍA

📍 SALA NASA

Horario: 23,00H. CABARÉ COLECTIVO | GALIZA Despois de tantos anos, xa van 17, e despois de tantas Ultranoites, máis de 70, pensamos que chegou o momento de facer un alto no camiño e repasar algúns dos números que foron facendo a historia deste peculiar teatro de variedades. Porque a Ultranoite non é un espectáculo máis, senón unha crónica bufonesca e irreverente dunha época que marcou o paso do século XX ao XXI. E tamén un catálogo dos artistas escénicos galegos destes anos: actores, actrices, cantantes, músicos, pallasos, vedetes, malabaristas, cómicos, trapecistas, estripers, performers..., porque son poucos os que non responderon algunha vez a chamada da Ultranoite. Unha chamada asilvestrada, feita con nocturnidade e alevosía. Queremos aproveitar ademais esta Ultranoite para presentar en primicia un novo proxecto da NASA, unha nova canle de comunicación propia a través de internet que se chamará REDENASA.TV, que comezará a funcionar a partir do mes de abril de 2010. Trátase de crear unha plataforma dixital que actúe como soporte para unha comunidade social e artística en internet e que ten como finalidade romper a barreira entre produtores e espectadores a través dunha interacción física, electrónica e audiovisual. A Rede Nasa será un laboratorio de creación on line de contidos artísticos multidisciplinares e un sistema de exhibición de contido artísticos a través de internet. Entre outros obxectivos, imos facer público o arquivo de vídeo da NASA, con máis de 600 horas gravadas de actuacións desde o ano 1993. A recadación desta Ultranoite servirá para financiar a posta en marcha deste novo espazo.

WöYzA en concerto
26 MARZO 2010

WöYzA en concerto

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5

Horario: 22:30 WöYzA é unha das artistas máis sorprendentes do panorama musical galego. Desde o Morrazo ofrece unha voz moi persoal coa que se move entre o hip-hop, o soul e o r&b. Nacida en Moaña en 1984, WöYzA ten raíces uruguaias. Participou en varios grupos de soul e rap ata lanzarse en solitario con 18 anos. Agora presenta en directo o seu disco, Pisando el suelo que ves, producido por El Puto Coke e editado por Licor Kafé Produccións.

A IX EDICIÓN DE TOP MODEL AREA CENTRAL COMEZA EN MARZO COA CAPTACIÓN DE PARTICIPANTES
26 MARZO 2010

A IX EDICIÓN DE TOP MODEL AREA CENTRAL COMEZA EN MARZO COA CAPTACIÓN DE PARTICIPANTES

📍 Centro Comercial Area Central

Horario : 20:00 O venres 26 de marzo, a partir das 18.00 horas, a esquina verde da planta primeira de Area Central acollerá o tradicional casting, que todos os anos se realiza no complexo comercial, para seleccionar aos participantes do concurso TOP MODEL AREA CENTRAL. Os interesados que queiran participar neste casting ou obter máis información sobre o concurso, poden consultar as bases de TOP MODEL AREA CENTRAL ou chamar ao teléfono 981.58.44.95.

GUSTAVO ALMEIDA & Brasilian Night.
25 MARZO 2010

GUSTAVO ALMEIDA & Brasilian Night.

📍 ULTRAMARINOS, Rúa Casas Reais, 34

Horario: 22:00H

Ensaio aberto da Real Filharmonia
25 MARZO 2010

Ensaio aberto da Real Filharmonia

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.

Horario:12:00H A Real Filharmonía de Galicia abre as portas do Auditorio de Galicia para o ensaio da Sinfonía núm. 88 en Sol maior de Haydn, coa dirección de Cristóbal Halffter.

Conferencia sobre 'alteracións sexuais na vellez'
25 MARZO 2010

Conferencia sobre 'alteracións sexuais na vellez'

📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13

Horario: 20:00 As Xornadas de Información Sociosanitaria das Fontiñas continúan cunha conferencia da psicoxerontóloga Encarna Álvarez, da Asociación Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, que falará de 'Alteración sexuais na vellez".

TARU&ZAMARAMANDI REGGAE BAND + GANJARH FAMILY + SUKO-B + EU-G + VILA DE MENINHOS CARENTES
25 MARZO 2010

TARU&ZAMARAMANDI REGGAE BAND + GANJARH FAMILY + SUKO-B + EU-G + VILA DE MENINHOS CARENTES

📍 SALA NASA

Horario: 21,30H. Taru & Zamaramandi é un proxecto que nace do amor e do respeto ao reggae sen perder a forza orixinal do estilo, pero á procura de diferentes raíces (rock, latin, ska). Taru encarna a voz principal nesta nova andaina, convertíndose no primeiro compositor de reggae en galego. Desde o ano 2000 ten realizado variadas facetas dentro do reggae: vocalista, compositor e guitarra en Reggaeto e Os Paxaros Coiro, harmonías vocais e guitarra en Bush Doctors, Pinacle ou en formatos Sound Systen nacionais e internacionais como Eu-g sound, Masko Selektar (Portugal), Breizt Massive Sound (Francia), e gravando dub plates (cancións dedicadas) para Sound Systems de toda a Península como Indica Sound (Malaga), Monster Sound (BCN) ou Nigthy Sound (Porto). Taru presenta esta nova proposta acompañado da banda viguesa Zamaramandi, finalista do concurso de grupos galegos de reggae no Reggae Festival One Fundation, e finalistas tamén do Contest Reggae, pretixoso concurso do Rototom Reggae Festival en Italia. Desde os seus inicios Ganjahr Family foi da man do Kinki Reggae Clube Sound, colectivo de selektahs vigués co que contan para a maioría das súas actuacións. Os estilos que practican son principalmente o New Roots e o Dancehall, cunha combinación vocal única no Reggae en español ata o momento. Ras Canelow representa a potencia e a intensidade, con letras directas e un rexistro agresivo, disparando a súa lírica como se dunha ametralladora se tratase. Donpol, pola contra, posúe un rexistro moito máis harmónico e sereno.

Cristóbal Halffter celebra coa Real Filharmonía os seus 80 anos
25 MARZO 2010

Cristóbal Halffter celebra coa Real Filharmonía os seus 80 anos

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.

Horario:21:00H Halffter é un dos máis destacados compositores clásicos e directores de orquestra españois da segunda metade do século XX. O 24 de marzo acada os 80 anos, e celebrarao un día despois coa Real Filharmonía de Galicia. Cristóbal Halffter, director James Dahlgren, violín Tilmann Kircher, viola Palmira Martínez Puig, violoncello Thomas Piel, violoncello Ailsa Lewin, violoncello Carlos García Amigo, violoncello C. Halffter, Fantasía sobre unha sonoridade de Händel para grupo de violoncellos e orquestra de corda C. Halffter, Dobre concerto para violín e viola F. J. Haydn, Sinfonía núm. 88 en Sol maior No concerto soarán dúas composicións súas, Fantasía sobre unha sonoridade de Händel para grupo de violoncellos e orquestra de corda e Dobre concerto para violín e viola, ademais da Sinfonía núm. 88 en Sol maior de Joseph Haydn.

'Cabaret' na Fonoteca
25 MARZO 2010

'Cabaret' na Fonoteca

Horario: 18:00 A Fonoteca proxecta este musical clásico de Bob Fosse, que cunha cunha espléndida interpretación de Liza Minelli e uns números musicais que forman parte xa da cultura popular. Cabaret, Estados Unidos, 1972 Xénero e duración: Musical. 128' Dirección: Bob Fosse Guión: Jay Presson Allen e Hugh Wheeler Música: John Kander Fotografía: Geoffrey Unsworth Intérpretes: Liza Minnelli, Michael York, Helmut Griem, Marisa Berenson, Fritz Wepper, Joel Grey Estamos no Berlín dos anos 30. O partido nazi gana o poder nunha cidade onde o amor, o baile e a música se mesturan na vida nocturna do Kit Kat Club. Un refuxio máxico onde a moza Sally Bowles e o pícaro mestre de cerimonias fan esquecer o triste da vida. O filme gañou oito premios Oscar, incluíndo o de mellor director e o de mellor actriz para Liza Minelli.