Agenda
PECHA KUCHA, REGGAE E ULTRANOITE
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
24MÉRCORES | 21,30H. PECHA KUCHA NIGHT 25XOVES | 21,30H. TARU&ZAMARAMANDI REGGAE BAND + GANJARH FAMILY + SUKO-B + EU-G + VILA DE MENINOS CARENTES 26VENRES, 27SÁBADO | 23,00H. ULTRANOITE ANTOLOXÍA
Shakespeare para ignorantes
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
Horario: 21:00 Quico Cadaval e Mofa e Befa mesturan nun mesmo espectáculo os conceptos de "ignorancia" (falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral) e "Sakespeare" (creador e produtor teatral de gran éxito no século XVII). Autores: Shakespeare e outros Dirección: Quico Cadaval Escenografía: Mofa e Befa Música: Thomas Morley, John Wilson, Francis Cutting, Anonymous Iluminación: Baltasar Patiño Vestiario: Mofa e Befa Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Quico Cadaval Mofa e Befa irrompen nunha académica conferencia sobre o famoso autor para poñer en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual. O riso máis cruel, as intimidades máis vergoñentas, os actos máis deshonestos e as vilanías máis astutas serán mostradas pola despiadada máquina cómica de Mofa e Befa. Asasinos, xuíces, bufóns, cornudos, delatores, racistas, oportunistas, chulos, torturadores, todos os personaxes que nunca teñen o protagonismo terán agora a sorte de mostrarse no primeiro plano. O astuto e intelixente público de Mofa e Befa poderá tirar valiosos recursos para resolver os problemas da súa vida privada, laboral ou pública.
Concerto Galiza Non Se Vende
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
Horario: 17:30 Sacha na Horta, O Sonoro Maxín, Pandeireteiras Bouba e Pallasos en Rebeldía actúan neste concerto co que Galiza Non Se Vende pecha a II Caravana de concertos e actividades por cidades e vilas galegas, despois da gran manifestación nacional polo territorio.
Concerto Caprichoso da Banda Municipal
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
Horario: 12:00H A Banda Muncipal de Santiago de Compostela celebra o Concerto Caprichoso cun programa no que intepretarán as obras Capricho andaluz de C. Martínez Rücker, Capricho xitano (Amapola) de Manuel Quilsant, Capricho español de P.I. Tchaikovsky, Capricho Oriental de A. Peñalva Téllez e Capricho italiano de P.I. Tchaikovsky. A Banda Municipal é unha das máis antigas de Galicia, xa que se formou en 1849. Na actualidade conta con 38 compoñentese e entre as súas actividades destacan os concertos dominicais, os de verán e os didácticos.
SACHA NA HORTA + O SONORO MAXÍN + PANDEIRETEIRAS BOUBA + PALLASOS EN REBELDIA
O 21 de Marzo, tod@s á Compostela: MNIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO as 12:00 desde a Alameda. Pola defensa do litoral. Por unha ordenación racional do terrtorio. Pola soberania alimentaria e enerxética. Por outro modelo de transporte. Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende Terra viva e vida digna para tod@s "Galiza Non Se Vende sae de novo á rua coa II Caravana de concertos e actividades por cidades e vilas galegas, que rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación nacional en Compostela en defensa do territorio (a terra, o mar, o aire, os ríos... e os recursos naturais todos) Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada. E *s artístas ke din? algúns nada outr*s moito, vas ver. O goberno da Xunta segue empeñado en entregar o país ao capitalismo máis depredador mercantilizando a natureza, destruíndo a paisaxe, o patrimonio cultural e a biodiversidade, fomentando un urbanismo caótico para beneficio dos especuladores, construindo infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías contaminantes, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais de formigón, e recheos no litoral, contaminando as rías e ríos, creando monocultivos de especies exóticas e invasoras, acabando co agro e fomentando o cultivo de transxénicos, financiando macro-empresas contaminantes, canteiras e minas devastadoras, sen o mais mínimo respeito polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos… Fronte a isto desde a Rede de Colectivos en Defensa do Territorio, Galiza Non Se Vende berramos basta! Abonda! É hora de paralizar as agresións á nosa terra e de crear unha sociedade máis xusta coas persoas e coa natureza, unha sociedade baseada na democracia participativa. E agora con toda a nosa digna raiba, a bailar! GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!"GALIZANONSEVENDE.ORG
'Contos alternativos' con María Crespo
📍 Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal Avda. de Xoán XXIII.
Horario. 12:00 Nunha nova sesión de 'Os sábados choiva de contos', María Crespo cóntalles a nenos e nenas de 3 a 12 anos contos alternativos, para que descubran que pasou antes das segundas partes dos contos, por exemplo con Carrapuchiña Vermella.
Proxección do telefilme 'Jalisco'
📍 CSC Ensanche Frei Rosendo Salvado, 14-16
Horario: 18:00H Jalisco, codirixido por Francisco Piñeiro e Jorge Valcárcel adapta a historia real de José García Pena que tras saír de prisión por asasinar a súa familia trasládase a Canarias, onde volve contraer matrimonio. Galicia, 2001 Xénero e duración: Drama, 49' Dirección: Francisco Piñeiro Vilas e Jorge Valcárcel Fotografía: Francisco Piñeiro Vilas e Xulio Ferreiro Música: Xavi Font Intérpretes: Santi Prego, Xavier Deive, Tucho Lagares, Pepe Soto O 23 de setembro de 1948 A Coruña esperta coa noticia dun terrible suceso. Os rumores, que pouco a pouco empezan a confirmarse, chegan á cidade dende o lugar de Dorneda, no concello de Oleiros. Alí, José García Peña, un mexicano de 30 anos, acaba de matar a coiteladas a súa muller, a súa sogra e a unha cuñada tras manter unha forte discusión. As outras tres persoas que se atopaban no lugar dos feitos logran escapar con vida da traxedia. Despois de cometer o triple asasinato, José García Peña, trata de prenderlle lume á casa e despois intenta suicidarse. Tras cumprir a súa condena o xa famoso asasino de Arillo, Jalisco, trasládase ás Palmas de Gran Canaria, onde casa con Irene Quevedo, que ten unha nena pequena do seu primeiro matrimonio. O 7 de xuño de 1976 asasina a ámbalas dúas, nai e filla, e queima os seus cadáveres. José García Peña suicídase nun centro psiquiátrico en febreiro de 1979.
Sidonie
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
Horario: 22:30H Volve a Compostela o rock psicodélico de Sidonie, que desta volta presenta o seu último traballo, el incendio. Sidonie: * Marc Ros: voz, guitarra, teclados * Jesús Senra: voz, baixo, sitar, teclados * Axel Pi: batería, táboa, percusión, teclados O trío barcelonés comezou no panorama musical con Sidonie, no 2001, arrasaron coa súa nostalxia dos Beatles, Rolling Stones, Byrds, David Bowie, The Velvet Underground, Syd Barrett, The Doors, Love... Tomaron o nome dun single de Brigitte Bardot, e coa súa estética sesenteira seguen a colleitar éxitos. Logo do éxito do seu disco de debut, contratounos unha gran compañía. Con Sony Records, publicaron varios discos, como Shell Kids, Fascinado, Costa Azul e o último, El incendio. Aínda que ao principio as súas letras estaban en inglés, nos últimos discos cantan integramente en castelán. Tamén fixeron colaboracións con grupos como Pereza, Sopa de Cabra, Love of Lesbian ou Marc Parrot.
'Hamletín' en monicreques
Horario: 20 y 27 de marzo 17:00 21 y 28 de marzo 12:30 Unha adptación para nenos do Hamlet de Shakespeare. No mundo de Hamletín a obra toma a cor da inocencia, transportándonos a un mundo máxico, onde nos atopamos cun príncipe namorado, unha calavera tola, un rei malvado, unha pantasma que baila éxitos do verán... Autoría: William Sheakespeare Adaptación: Raquel Pintos Rosendo Dirección: Raquel Pintos Rosendo Escenografía: Raquel Pintos Rosendo Son: Raquel Pintos Rosendo Iluminación: Raquel Pintos Rosendo Vestiario: Raquel Pintos Rosendo Elenco: Dani Moldes e Raquel Pintos Hamletín significa fantasía, porque ten tódolos ingredentes dun conto clásico. Hamletín significa aprendizaxe, porque achega ós nenos unha obra maestra. Hamletín é un xeito de transportar os nenos a un mundo adulto docificado, e os adultos a un mundo infantil. A través duns simpáticos e grandes monicreques, os pequenos espectadores poderán gozar dun xeito moi didáctico dun gran despregue de cores, de distintos escenarios, un sinfín de persoaxes, de diversión; pero sobre todo poderán participar dun xeito activo da montaxe, facéndose así parte creativa do espectáculo.
A Requinta da Laxeira presenta 'Vai de baranda'
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
Horario: 21:00 A Requinta da Laxeira é un grupo de música tradicional dedicado á recuperación da requinta, un instrumento de vento propio da zona do Ulla. No Principal presentan o seu disco Vai de baranda. Ao longo do acto soarán os temas do novo disco. O repertorio componse de 'música de requinta', recollida aos vellos requinteiros e pezas nas que incorporan voces. Tamén poderán verse proxeccións sobre a historia da requinta. O grupo levou xa a súa música por escenarios de toda Galicia, ademais de actuar en puntos diversos da península e países como Francia, Arxentina e Alemaña.
Sol Picó presenta 'El llac de les mosques'
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
Horario : 21:00 O ciclo SCQ Danza trae ao Teatro Principal á compañía da recoñecida bailarina e coreógrafa alacantina Sol Picó. Danza contemporánea en mestizaxe con outros xéneros. Que lle aconteceu á bela Blancanieves cando casou co seu príncipe azul? Meteuse en palacio e entroulle a depresión, nin adaptarse, nin aceptarse, nin decidir. Que fácil gañar o mundo e perder a alma. Apareceron engurras e desapareceu a felicidade. Que tempos aqueles con os ananos! Mellor non te mires ao espello, nin lle fagas preguntas. Reinventarse ou morrer e se hai que morrer que sexa en paz. Amén. Así presenta a compañía Sol Picó o seu último espectáculo, El llac de les mosques. Sol Picó creou a compañía en 1994. A súa técnica madurada alía forza, precisión e dinamismo, apoiando o trato orgánico das súas creacións. Constantemente dinamizadas polo humor, as súas obras selan un estilo propio sen concesións nin manual de instrucións.
Sés e Manocas Emsemble en concerto
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
Horario: 21:30 A Sala Capitol programa este concerto de Sés. Antes pasará polo escenario Manoclas Emsemble.