Agenda
A NENA E O GRILO, ensaio aberto
📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13
Horario: 12:00 Ensaio de portas abertas do novo traballo Magín Blanco "A nena e o grilo" Un espectáculo musical para nenos, pais e nais baseado no libro-cd co mesmo título e que conta coas ilustaracións de Iván Prieto e as colabaroacións de Ugia Pedreira, Guadi Galego, Uxía e Fred Martins. Magín, neste ensaio de portas abertas, estará acompañado de Charo Pita (voz e narración), Xoan Curiel (guitarra e voz), Sergio Tannus (guitarra e voz) e Sergio Sales (teclado).
RECITAL DE PIANO A CATRO MANS A CARGO DO DÚO "SCARAMOUCHE"
📍 Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, HORA: 18 horas
CONCERTO DÚO SCARAMOUCHE JAVIER ARES E JORGE BRIONES In memoriam Carlos López García-Picos Primeira parte Marcha fúnebre op.3 Marcial del Adalid 3 Marchas Marcial del Adalid o Marcha en do menor nº1. Moderato o Marcha en mi maior nº2. Maestoso o Marcha en re menor nº3. Quasi allegro Waltz Marcial de Torres Adalid Angelita. Polka Francisco Pillado Segunda parte Invención para 4 instrumentos de vento, Transcripción para piano a 4 mans * Carlos López García-Picos Cyrano de Bergerac, op.72ª * Paulino Pereiro I.Preludio; II.Cristián e Lebret pasean polo salón; III.Lebret recita; IV.Entra Ragueneau V.Entrada de Rosana; VI.Cyrano e a máscara; VII.Bátense Cyrano e Valvert; VIII.Cyrano ama; IX.Cyrano melancólico; X.Monólogo de Cyrano; XI.Entreacto; XII.O frade; XIII.Marcha militar; XIV.Noite no campamento; XV.Se Rosana contemplase a Cristián; XVI.Achégase una carroza; XVII.Rosana no campamento; XVIII.Morte de Cristián; XIX.Cristián na memoria; XX.Epitafio de Cyrano; XXI.Morte de Cyrano *estrea
Alexandre Ghindin no ciclo de piano Ángel Brage
📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.
Horario: 21:00H O pianista Alexander Ghindin recupera as obras dalgúns dos compositores rusos máis notables do cambio de século XIX ao XX no terceiro concerto do ciclo de piano Ángel Brage. Alexander Ghindin, piano A. Scriabin, Dous poemas, op. 32 Dous poemas, op. 69 Poema, op. 59 Sonata núm. 4, op. 30 S. Rachmaninov, Preludio núm. 4, op. 23 Preludio. Piece posth 1917 Daisies núm. 3, op. 38 Étude-tableau núm. 5 en mi bemol menor, op. 39 Étude-tableau núm. 7 en Mi bemol maior, op. 33 Preludio núm. 5, op. 23 M. Mussorgsky, Cuadros dunha exposición Alexander Ghindin interpretará obras de Alexander Scriabin, de Sergei Rachmaninov e de Modest Mussorgsky. O concerto céntrase nos compositores clásicos do piano moderno, unha xeración que alcanza a súa maioría de idade no cambio de século XIX ao XX. Para eles a modernidade ten o sentido de procura dunha linguaxe persoal, aínda que non necesariamente ignorando ou prescindindo da tradición. Así, mentres nas primeiras obras de Scriabin se advirten as últimas tendencias do romanticismo, con claras influencias de Chopin e Liszt, Rachmaninov mostra máis influencia de Tchaicovsky e unha maior énfase da melodía de brillante colorido nacionalista. Alexander Ghindin naceu en Moscova en 1977. Foi o máis novo finalista do Xº Concurso Internacional Tchaikovsky e gañou o Segundo Premio do Concurso Raíña Isabel de Bélxica. Así mesmo foi gañador do Primeiro Premio do Concurso de Piano de Cleveland. Na súa traxectoria xa tocou con directores de orquestra da talla de Spivakov, Ashkenazy, Fedosseiev, Fagen, Slatkin, Simonov, Ryan, Casadesus, Kitajenko, Neuhold, P. Järvi, etc.
Love of Lesbian en concerto
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
Chega a Santiago un dos grupos de máis éxito do pop-rock indie español. Formados en Barcelona en 1996, presentan na Sala Capitol o seu último álbum, 1999 (o cómo generar incendios de nieve con una lupa enfocando a la luna). Santi Balmes Julián Saldarriaga Jordi Roig Joan Ramon Planell Oriol Bonet Love of Lesbian é un dos grupos máis apreciados pola crítica da escena indie española, sobre todo a partir da publicación de Maniobras de escapismo en 2005, no que pasaron de usar o inglés para cantar en español. 1999 (o cómo generar incendios de nieve con una lupa enfocando a la luna) foi publicado en marzo de 2009.
A peza que falta
📍 Factoría Compostela Rúa da Conga, 9
'A peza que falta' é unha exposición colectiva formada por obras de Julião Sarmento, alain Urrutia, Zoé T. Vizcaíno, Stephan Hirsig e Álvaro Negro. O comisario, David Varro, reuniu unha serie de obras de narrativa crebada e cheas de fisuras, conformadas desde a omisión de datos para coquetear co imposible. Advertímolo en encadres que cortan os rostros de Julião Sarmento, na súa serie de planos de arquitecturas acompañadas de escrituras inacabadas, ou no seu vídeo 'Parasite'. Tamén en Alain Urrutia, que mostra unha serie de imaxes sobre performances históricas baixo o título 'Aktionismus'. E en Zoé T. Vizcaíno, que rompe a quietude da paisaxe bruscamente a partir da creación dun abismo con forma de buraco. Ese estado de paréntese ou elipsis encaixa tamén na pintura de Stephan Hirsig e en como esta é unha superficie con estrutura de campos de cores, raias xeométricas e formas orgánicas. Álvaro Negro pola súa parte é un artista capaz de analizar o xénero desde os desenvolvementos máis contemporáneos sen perder de vista a súa historia, é dicir, buscando na tradición os fíos condutores das problemáticas pictóricas máis actuais.
OLGA ROMÁN
📍 ULTRAMARINOS, Rúa Casas Reais, 34
Horario: 22:00H Unha das voces máis fermosas da música española: OLGA ROMÁN, coñecida por ser a voz feminina dos discos e os concertos de Joaquín Sabina. En solitario ten dous discos editados. É cantante, compositora e unha intérprete de grande sensibilidade. As entradas poñeranse á venda unha semana antes do concerto.
BERROBAMBÁN PRESSING CATCH
📍 SALA NASA
Horario: MARZO 11X 12V 13S 19V 20S | 21,30H. MARZRO 14DOMINGO 21DOMINGO| 20,00H. Intérpretes: Hugo Torres, Paula Carballeira, Chiqui Pereira, Anabell Gago. Texto: Paula Carballeira. Dirección: Quico Cadaval. Escenografía: Pablo “Pastor”. Iluminación: Fidel Vázquez. Vestiario: Clotilde Vaello. Música: DF Vieites Hevi. Coreografía: David Loira. Berrobambán é a compañía galega con maior traxectoria en teatro infantil de actores e actrices e un grupo que nos seus inicios estivo moi ligado á NASA. Xa en 1998 foron parte fundamental do Asteroide B-612, que foi o primeiro programa estable de teatro familiar en Galicia, posto en marcha desde a NASA. Despois puidemos coñecer outra liña do seu traballo, orientada ao público adulto con obras como NdC, estreada no ano 2001 a partir de textos de Rodrigo García, ou o cabaret Vendetta, estreado en 2004. E agora a compañía aposta por un espectáculo para xente moza e adulta no que se reflexiona sobre determinadas circunstancias sociais que estamos a vivir. Por tanto, Pressing Catch non representa unha ruptura, senón que profundiza nas inquedanzas e nas formas de relacionarse co público que practica a compañía. Berrobambán pretende facer teatro do espectáculo do “pressing catch”, tomando algunhas das súas convencións: os epítetos dos loitadores, a acrobacia, a música que os acompaña, pero introducindo variantes coma o coidado dos diálogos, a presenza feminina, e, sobre todo, a descontextualización da loita. Porque vivimos na era do medo. Temos medo practicamente de todo; e o medo, ademais de limitar a nosa liberdade, núblanos o entendemento e fainos manipulables, bonecos nas mans das novas tecnoloxías, dos medios de comunicación, do poder. Non deixa de ser curioso que uns dos programas máis vistos nos últimos dez anos en diferentes televisións do planeta sexan os adicados á loita.
Proxección do telefilme 'Autopsia'
📍 CSC Ensanche Frei Rosendo Salvado, 14-16
Horario : 19:00H O ciclo de Cinemas Dixitais continúa con este novo telefilme galego de suspense protagonizado por Jesús Cabrero. Galicia, 2005 Xénero e duración: Suspense, 93' Dirección e guión: Milagros Bará Música: Nani García Intérpretes: Jesús Cabrero, Luis Zahera, Isabel Blanco, Santi Prego, Lino Braxe, María Blanco-Fafián, Antonio Mourelos Daniel Casares é un mozo xornalista que se ve arrastrado inicialmente a aceptar un novo posto por indicación do seu xefe, e casualmente relaciona dous casos de asasinato sen resolver. O contacto con Amanda, a atractiva irmán dunha das víctimas, involucrarao máis na investigación. Con axuda do forense chegará ata os verdadeiros asasinos.
'La dignidad de los nadies' no ciclo de cine 'Coñecer e cambiar'
📍 Amarante Avda. Romero Donallo, 19
Horario: 20:30H Amarante e Verdegaia pechan o ciclo de cine 'Coñecer para cambiar' con este filme sobre as esperanzas de cambiar o mundo, rodado polo arxentino Pino Solanas. La dignidad de los nadies, Arxentina, 2005 Xénero e duración: Documental, 120' Dirección, guión e fotografía: Fernando 'Pino' Solanas Música: Gerardo Gandini En Arxentina, durante os anos 90reiterouse a idea de que a realidade non podía ser cambiada, que os cidadáns debían resignarse á vía única neoliberal. Neste documental descríbense as historias e testemuños conmovedores da resistencia social en Arxentina fronte ao desemprego e a fame producidos polo modelo globalizador. Son relatos de solidariedade, pequenas epopeas contadas polos seus protagonistas, heroes anónimos con propostas colectivas que venceron o desamparo, reconstruíndo a esperanza.
Post-rock xaponés con Mono
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
Horario: 22:00H Mono é unha das formacións máis interesantes do panorama independente xaponés. Dentro do espectro do post-rock máis instrumental e narrativo, destacan pola precisión emocional dos seus temas e por unha carreira moi estable no que se refire ás calidades dos seus traballos. Takaakira Goto (guitarra) Yoda (guitarra) Tamaki Kunishi (baixo, guitarra, piano e glockenspiel) Yasunori Takada (percusión, glockenspiel e sintetizador) O cuarteto xaponés presentará neste concerto Hymn To The Inmortal Wind, o seu quinto e máis recente traballo, co que celebran o seu décimo aniversario. Mono constrúe muros de son inmensos, os seus in crescendo memorables achégaos ao rock progresivo e os seus camiños entre o silencio e o ruído son levados con mestría e dramatismo. Son unha banda madura capaz de levar o rock cara a novas fronteiras. Formada en 2000 en Toquio, teñen no seu haber cinco álbums de estudo: Under the Pipal Tree (2001), One Step More and You Die (2002), Walking Cloud and Deep Red Sky, Flag Fluttered and the Sun Shined (2004) e You Are There (2007). E finalmente, en 2009 ve a luz o seu novo traballo, Hymn to the Immortal Wind. O estilo da banda está influído polo shoegaze e o rock experimental, así como pola música clásica contemporánea, con trazas de minimalismo. O seu particular son caracterízase polo uso da reverberación, a distorsión e o delay nas guitarras, e os seus directos acostuman a ser intensos cheos de vibrante forza, tanto na súa maneira de tocar como no seu dinamismo. O concerto conta coa presenza de Joe McPhee & Chris Corsano como artistas convidados. Saxofonista e percusionista respectivamente, estes dous músicos con traxectorias e escolas tan distintas xúntanse para produciren unha das colaboracións máis aplaudidas do free-jazz contemporáneo.
'Tommy' na Fonoteca
📍 Fonoteca Universitaria Facultade de Ciencias da Información. Avda. Castelao s/n.
Horario: 18:00 A Fonoteca Universitaria proxecta unha das óperas rock máis coñecidas, cun reparto cheo de figuras da música pop dos 70, e a música de The Who. Tommy, Reino Unido, 1975 Xénero e duración: Musical. 108' Dirección e guión: Ken Russell Música: Pete Townsend & The Who Fotografía: Duck Bush & Ronnie Taylor Intérpretes: Ann-Margret, Oliver Reed, Roger Daltrey, Elton John, Eric Clapton, Keith Moon, Tina Turner, Robert Powell, Jack Nicholson O argumento céntrase nun neno que queda cego, xordo e mudo como consecuencia do trauma sufrido ao contemplar o asasinato do seu pai a mans do amante da súa nai. Co paso do tempo convértese en estrela mundial do pinball.
Tonhito de Poi e Rasa Loba en concerto
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
Horario: 21:30 Tonhito de Poi foi membro dos Herdeiros da Crus e da Banda de Poi. A súa última formación é Rasa Loba, coa que se presenta en directo de novo na Sala Capitol. Rasa Loba presenta o disco Destacamos en comer ovellas negras, un disco en directo do que se extrae o single 'Leite'.