Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

O xogo de Yalta. Afterplay
7 MARZO 2010

O xogo de Yalta. Afterplay

📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.

Horario: 18:00H Os públicos conmoveranse con estas fermosas historias creadas por Brian Friel a partir dalgúns dos relatos e personaxes máis coñecidos de Chéjov. Risas e bágoas, beleza, humor e drama da man de catro grandes intérpretes arroupados desde o piano pola música de Xavier Constenla. Autor: Brian Friel Dirección: Xúlio Lago Adaptación: Goretti Sanmartín Escenografía: Rodrigo Roel Son: Xavier Constenla e Xúlio Lago Iluminación: Xúlio Lago Vestiario: Susa Porto Elenco artístico: Xavier Constenla, Damián Contreras, Victoria Pérez, María Barcala, Gonzalo M. Uriarte. A partir dun dos relatos máis coñecidos de Chéjov, A dama do canciño, o irlandés Brian Friel constrúe unha obra que comeza coma unha viaxe de pracer para acabar como unhacomplexa historia de amor que envolverá e convulsionará a Dmitry Dmitrich e Anna Sergueyevna. En Afterplay, mestúranse dous personaxes de Chéjov: Andrei Prozorov, de As tres irmás, e Sónia Serebriakowa, de Tío Vania, que se atoparán nun café. Entre Prozorov e Serebriakowa producirase unah corrente de cómicas e dramáticas confesións.

A Banda Muncipal celebra o Día da Muller Traballadora
7 MARZO 2010

A Banda Muncipal celebra o Día da Muller Traballadora

📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.

Horario: 12:00H A Banda Municipal de Música celebra o Día da Muller Traballadora cun concerto especial no que Izaskun Urrutia ocupará o cargo de directora, posto que que habitualmente recae nas mans de Xosé Carlos Seráns. A Banda Municipal é unha das máis antigas de Galicia, xa que se formou en 1849. Na actualidade conta con 38 compoñentese e entre as súas actividades destacan os concertos dominicais, os de verán e os didácticos.

Monicreques con 'O espello de Francisquiña'
7 MARZO 2010

Monicreques con 'O espello de Francisquiña'

📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

Horario: 12:30 Danthea Teatro Unha rapariga caprichosa, filla dun vello avaro, quere que lle debuxen un retrato... pero a cousa non pintará tan ben como ela quixera. Obra dirixida a nenos e nenas a partir de catro anos. Autoría: Carlos Clemente, Begoña Rosende Vázquez Dirección: Carlos Clemente Adaptación: Begoña Rosende Vázquez Escenografía: Tabo, Vicente Roura, Carlos Clemente Iluminación: Carlos Clemente Vestiario: Maria Gallego Lois Intérpretes: carlos Clemente, Anxo Rodriguez, Begoña Rosende

Fátima Fernández na choiva de contos da Biblioteca Ánxel Casal
6 MARZO 2010

Fátima Fernández na choiva de contos da Biblioteca Ánxel Casal

📍 Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal Avda. de Xoán XXIII.

Horario: 12:00 'Os Sábados choiva de contos é a cita semanal dos máis cativos coa animación á lectura. Fátima Fernández responderá á pregunta "Como é a túa nai?, Chocolateira...", explicándolles que todos e todas levamos dentro unha nai moi especial.

A TRIBU
6 MARZO 2010

A TRIBU

📍 SALA NASA

Horario: 21,30H Xacobe Martínez Antelo (baixo), Rosolino Marinello (saxo), Toño Otero (saxo), Manuel Cebrián (guitarra), David Outumuro (percusións), DJKhiko (pratos), Max Gómez (batería), VJ Frondo (videocreación). A Tribu é o proxecto eléctrico de Xacobe Martínez Antelo. Unha volta ás raices. Unha mirada ao rock, ao funk, ao hiphop, ao groove, pero sen esquecer todo este camiño percorrido polo jazz, pola improvisación e pola creación musical colectiva. É unha ocasión de revisitar o songbook persoal de Xacobe Martínez, así como a oportunidade de adentrarse en novos terreos compositivos. A Tribu está formada por Rosolino Marinello e Toño Otero aos saxos, Manuel Cebrián á guitarra eléctrica, Xacobe Martínez Antelo ao baixo eléctrico, David Outumuro ás percusións, DJKhiko aos pratos, Max Gómez á batería e VJ Frondo na vídeocreación. A Tribu traballa nunha proposta arriscada e contundente. Con inmensas doses de improvisación ao servizo dun concepto grupal. Música de raiz e de vangarda a un tempo. Tanto Funk, coma Rock. Tanto Jazz, coma HipHop... Música instrumental con moito corpo e profundidade.

Xogamos co inglés
6 MARZO 2010

Xogamos co inglés

📍 CSC Conxo Praza Aurelio Aguirre n. 1- Conxo

Actividade para achegar aos cativos e cativas á lingua inglesa a través dos xogos. Forma parte do programa 'Xogamos coas linguas', impartido por voluntariado europeo. Horario: 6 de marzo de 2010 11:00 - 12:00 Horario: 13 de marzo de 2010 11:00 - 12:00 Horario: 20 de marzo de 2010 11:00 - 12:00 Horario: 27 de marzo de 2010 11:00 - 12:00

Sábados creativos en Conxo
6 MARZO 2010

Sábados creativos en Conxo

📍 CSC Conxo Praza Aurelio Aguirre n. 1- Conxo

Os sábados creativos son unha oportunidade para que os nenos e nenas desenvolvan a súa expresividade a través das artes plásticas. É necesaria a inscrición previa. Horario: 6 de marzo de 2010 12:00 Horario: 13 de marzo de 2010 12:00 Horario: 20 de marzo de 2010 12:00 Horario: 27 de marzo de 2010 12:00

'Willy Fog: Viaxe ao centro da Terra' en Cinema Cativo
6 MARZO 2010

'Willy Fog: Viaxe ao centro da Terra' en Cinema Cativo

📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

Horario : 18:00 Nesta longametraxe, o popular león animado emprende unha fabulosa viaxe na que atopará mundos extraordinarios, pero tamén perigosas trampas. Willy Fog: Viaje al centro de la Tierra, Xapón, España, 1995 Xénero e duración: Animación, 75' Dirección: Luis Ballester, Fumio Kurokawa Guión: Ryuzo Nakanishi Música: Mocedades, Shunsuke Kikuchi Fotografía: Hirokazu Ishino, Hisatoshi Motoki, Takao Kanishi, Yukio Abe O filme, baseado na obra de Jules Verne, forma parte do ciclo Cine Cativo, dedicado á oferta audiovisual infantil e familiar de orixe galega, española ou latinoamericana.

Isadora Duncan
6 MARZO 2010

Isadora Duncan

📍 Sala Santart Ruela de Brión, 5, baixo.

Horario: 21:00h Encena Produccións Artísticas Encena Produccións Artísticas leva ás táboas a vida e a época da muller que revolucionou a danza. Un berro de rebeldía contra a Europa burguesa, decadente e xenófoba. Autoría: Isadora Duncan Dirección: Roberto Cordovani Adaptación: Roberto Cordovani Son: Roberto Cordovani Iluminación: Roberto Cordovani Vestiario: Coco Chanel Elenco: Roberto Cordovani, David Fernández Rivera

Obradoiro de construción de xogos xigantes
6 MARZO 2010

Obradoiro de construción de xogos xigantes

📍 Biblioteca Caixa Madrid Rúa das Casas Reais, nº 14

Horario: 21:00 - 23:00 Durante as noites dos sábados de marzo desenvolverase este obradoiro para adultos, no que os participantes se converterán en deseñadores e construtores de xogos do máis variado: xogos e xoguetes de toda a vida en gran formato ou xogos e xoguetes novos. Un laboratorio de creación no que se empregan diversos materiais.

Ruxe-Ruxe ao vivo
6 MARZO 2010

Ruxe-Ruxe ao vivo

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5

Horario: 21:30 A Sala Capitol acolle un novo concerto de Ruxe-Ruxe, unha das bandas de rock máis consolidadas do país, que presenta o seu disco Na fura de diante. Nesta ocasión estarán precedidos no escenario por Medomedá. Ruxe-Ruxe formouse no ano 1996 na aldea de Aríns en Santiago de Compostela. A súa música é unha mestura de rock & roll e música tradicional galega, combinadas cunha actitude descaradamente punk da que ninguén queda indiferente. As súas cancións falan do cotián, da realidade que rodea á banda, o que lle trasfire o contido social que tan ben mesturan coa festa, a poesía, o conto e a retranca galega.

Montando 'O soño dunha noite de verán'
5 MARZO 2010

Montando 'O soño dunha noite de verán'

📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13

Expresión corporal, dramatizacións, danza e música encamiñadas a montar un musical. Unha actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 9 anos, que se desenvolverá durante os venres de febreiro. Horario: 5 de marzo de 2010 19:00 Horario: 12 de marzo de 2010 19:00 Horario: 26 de marzo de 2010 19:00