Agenda
CARLOS BLANCO
📍 ULTRAMARINOS, Rúa Casas Reais, 34
Horario: 22:00H Noites de humor
'I Jornadas Galegas da Ediçom Independente'
📍 Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal Avda. de Xoán XXIII.
Estaleiro Editora e Corsárias organizan as "I Jornadas Galegas da Ediçom Independente". As presentacións, relatorios e mesas redondas realizaranse en dúas sesións diarias, a primeira ás 17:00h. e a segunda ás 19:00h.
'Blow-up' no ciclo 'Londres no cinema'
📍 Aula Sociocultural Caixa Galicia Carreira do Conde, 18.
Horario: 20:30 Michelangelo Antonioni Unha das películas máis aclamadas de Antonioni, unha adaptación dun conto de Julio Cortázar premiada en Cannes coa prestixiosa Palma de Ouro. Blow-up, Reino Unido, 1966 Xénero e duración: Drama, 108' Dirección: Michelangelo Antonioni Guión: Tonino Guerra e Michelangelo Antonioni, baseado nun conto de Julio Cortázar Música:Herbie Hancock Fotografía: Carlo Di Palma Intérpretes: David Hemmings, Vanessa Redgrave, Sarah Miles, Peter Bowles, Jane Birkin, Gillian Hills, Verushka O filme narra a historia dun fotógrafo que, tras realizar unhas tomas nun parque londiniense, descobre ao revelalas unha forma irrecoñecible que resulta ser un cadáver. A partir de aí, arranca un filme absolutamente hipnótico Proxección en V.O.S.
CAIXA GALICIA
SANTIAGO. Biblioteca da Sede da Fundación Caixa Galicia. Exposición:”Fauna Alada” SANTIAGO. Biblioteca da Sede da Fundación Caixa Galicia. Exposición:”Voando entre libros” SANTIAGO. Biblioteca da Sede da Fundación Caixa Galicia. Exposición: Novidades bibliográficas e musicais 2010 18:30h SANTIAGO. Biblioteca Fundación Caixa Galicia. Presentación do libro “Punver de volta”, de Yolanda Castaño e Eduardo Hermida. 20:30h SANTIAGO. Sede da Fundación Caixa Galicia. Ciclo Londres en el cine: “Blow up”
A FILMOGRAFÍA DE MARCEL CARNÉ E JEN COHEN
📍 CGAI. Durán Loriga, 10 baixo.
INFORMACIÓN XERAL: Todas as películas proxéctanse en versión orixinal, agás indicación contraria. A duración das películas é orientativa e aproximada. Esta programación pódese ver alterada por razóns alleas á nosa vontade. Unha vez iniciada a sesión non se permitirá a entrada á sala de proxeccións. As sesións de Aforo Limitado teñen reservadas un número indeterminado de butacas. Luns 1 Samuel Fuller20.30 h. LADRONES EN LA NOCHE (1983) 98´. Subtítulos en galego. Martes 2 Jem Cohen: Programa 520.30 h. SPIRIT (2007) LUCKY THREE (1997) NIGHTSWIMMING (FULL MOON VERSION) (1995) BENJAMIN SMOKE (Jem Cohen e Peter Sillen, 2000) I.P. MAN (2006) 110´. Vídeo. Subtítulos en galego. Mércores 3 Marcel Carné20.30 h. LES ENFANTS DU PARADIS (1945) 182´. Subtítulos en castelán. Xoves 4 Marcel Carné20.30 h. HÔTEL DU NORD (1938) 110´. Subtítulos en galego. Venres 5 Samuel Fuller18.00 h. MANOS PELIGROSAS (1953) 80´. Subtítulos en castelán. Samuel Fuller20.30 h. MUERTE DE UN PICHÓN (1973) 105´. Vídeo. Subtítulos en galego. Sábado 6 Fóra de serie18.00 h. MUDANZA (Pere Portabella, 2008) SINGULARIDADES DE UNA CHICA RUBIA (Manoel de Oliveira, 2009) 84´. Subtítulos en castelán. Jem Cohen: Programa 620.30 h. FOR WALTER BENJAMIN (2008) BURIED IN LIGHT (1994) BLESSED ARE THE DREAMS OF MEN (2006) 79´. Vídeo. Subtítulos en galego. Luns 8 Fóra de serie20.30 h. MUDANZA (Pere Portabella, 2008) SINGULARIDADES DE UNA CHICA RUBIA (Manoel de Oliveira, 2009) 84´. Subtítulos en castelán. Martes 9 Marcel Carné20.30 h. LES VISITEURS DU SOIR (1942) 120´. Subtítulos en galego. Mércores 10 Jem Cohen: Programa 720.30 h. AMBER CITY (1999) NIGHT SCENE NEW YORK (2009) BLOOD ORANGE SKY (1999) 83´. Vídeo. Subtítulos en galego. Xoves 11 Jem Cohen: Programa 820.30 h. 4 ONE MINUTE FILMS DRINK DEEP (1991) LE BLED (BUILDINGS IN A FILED) (2009) ANECDOTAL EVIDENCE (2009) ANNE TRUITT WORKING (2009) BRICK LANE (2009) CIUDAD DE MÉXICO POR AZAR (2009) NICE EVENING, TRANSMISSION DOWN (2001) 79´. Vídeo. Subtítulos en galego. Venres 12 Marcel Carné18.00 h. EL VENDEDOR DE FELICIDAD (1956) 86´. Subtítulos en galego. Novos Thrillers20.30 h. LA HUIDA Sam Peckinpah, 1972 122´. Subtítulos en castelán. Sábado 13 Novos Thrillers18.00 h. LA HUIDA Sam Peckinpah, 1972 122´. Subtítulos en castelán. 20.30 h. Fóra de serie EL MUNDO SIGUE Fernando Fernán-Gómez, 1963 124´. Presentación do libro Fernando Fernán-Gómez, coa presenza do seu autor, o historiador José Luis Castro de Paz, o presidente da AEHC Julio Pérez Perucha e José Ramon Garitaonaindía, profesor da Universidade da Coruña. Entrada gratuíta. Luns 15 Fóra de serie20.30 h. YUKI & NINA Nobuhiro Suwa e Hippolyte Girardot, 2009 92´. Subtítulos en castelán. Martes 16 Fóra de serie20.30 h. YUKI & NINA Nobuhiro Suwa e Hippolyte Girardot, 2009 92´. Subtítulos en castelán. Mércores 17 Marcel Carné EL AIRE DE PARÍS (1954) 100´. Subtítulos en galego. Xoves 18 Novos Thrillers20.30 h. ASALTO A LA COMISARÍA DEL DISTRITO 13 John Carpenter, 1976 91´. Subtítulos en galego. Sábado 20 Novos Thrillers18.00 h. SAN FRANCISCO, CIUDAD DESNUDA Stuart Rosenberg, 1973 112´. Subtítulos en galego. Novos Thrillers20.30 h. ASALTO A LA COMISARÍA DEL DISTRITO 13 John Carpenter, 1976 91´. Subtítulos en galego. Luns 22 Fóra de serie20.30 h. ENTRE LINGUAS (Vanessa Vila Verde Lamas, Eduardo Sanches Maragoto e João José Varela Aveledo, 2010) THEREMIN AZULEXO (David Castro Sopeña, 2010) 42´. Vídeo. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuita. Martes 23 Fóra de serie20.30 h. INDEPENDENCIA Raya Martin, 2009 77´. Subtítulos en galego. Mércores 24 Fóra de serie20.30 h. DOUS DE VINTETANTOS Manu Mayo, 2009 76´. Vídeo. Presentación a cargo do seu director. Entrada gratuíta. Xoves 25 Marcel Carné20.30 h. LES TRICHEURS (1958) 123´. Subtítulos en galego. Venres 26 Samuel Fuller18.00 h. LA CASA DE BAMBÚ (1955) 102´. Subtítulos en castelán. Samuel Fuller20.30 h. PARK ROW (1952) 83´. Subtítulos en galego. Sábado 27 CGAI Júnior18.00 h. WALL-E Andrew Stanton, 2007 99´. Versión castelá. Entrada gratuíta. Samuel Fuller20.30 h. LA CASA DE BAMBÚ (1955) 102´. Subtítulos en castelán. Luns 29 Samuel Fuller20.30 h. CASCO DE ACERO (1951) 84´. Subtítulos en galego. Martes 30 Samuel Fuller20.30 h. CASCO DE ACERO (1951) 84´. Subtítulos en galego. Mércores 31 Samuel Fuller20.30 h. YUMA (1957) 86´. Subtítulos en galego. Marcel Carné Jem Cohen (e II) Samuel Fuller (III) New Hollywood Novos Thrillers (V) Fóra de serie CGAI Júnior
Exposiciones Caixa Galicia
📍 Biblioteca da Sede da Fundación Caixa Galicia. Rúa do Vilar 19. Teléfono: 981 55 25 77
Exposición. “Voando entre libros”. Ata o 27 de marzo. L-V: 12:00 h. a 14:00 h. y 16:00 h. a 21:00 h. Sábados, domingos y festivos: 12:00 h. a 21:00 h Exposición. Novidades bibliográficas e musicais 2010. Ata o 27 de marzo. L-V: 12:00 h. a 14:00 h. y 16:00 h. a 21:00 h. Sábados, domingos y festivos: 12:00h a 21:00h Exposición. “Fauna Alada”. Ata o 29 de marzo. L-V: 12:00 h. a 14:00 h. y 16:00 h. a 21:00 h. Sábados, domingos y festivos: 12:00 h. a 21:00 h Exposición. “Miradas. Cara o paraíso. Un diálogo co arte galego e a vangarda”. Ata o 30 de marzo. L-V: 12:00 h. a 14:00 h. y 16:00 h. a 21:00 h. Sábados, domingos y festivos: 12:00 h. a 21:00 h Coro Lígneo de la Catedral de Santiago de Compostela. Exposición permanente. Igrexa de San Martiño Pinario. Prazuela de San Martiño. M-D de 10 a 14 e de 16 a 21:00 horas.
Rodrigo Leão no ciclo Sons da Diversidade
📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/
Rodrigo Leão, fundador de Madredeus e Sétima Legião, presenta o seu traballo máis introspectivo e nostálxico, A MãeTexturas melancólicas da man dun dos músicos portugueses máis recoñecidos. A música de Rodrigo Leão transmite emocións propias e alleas que o recoñecido compositor portugués foi recollendo nas súas viaxes polo mundo, coas que tece melodías nas que mestura unha certa sensibilidade pop ancorada nas intervencións de Stuart Staples, dos Tindersticks, e Neil Hannon, de The Divine Comedy, coa exquisita sofisticación nos arreglos que caracteriza os traballos de Leão e que nesta ocasión acadan unha nova dimensión grazas á colaboración da Sinfonieta de Lisboa. Horario : 21:00 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas. Entradas á venda no 902 434 443 e na billeteira electrónica de Caixa Galicia. A véspera e o mesmo día do concerto pódense mercar no despacho de billetes do Auditorio, de 12 a 14 e de 17 a 20 horas, ata as 20.30 horas o día do concerto
Xogamos co francés
📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13
O Centro Sociocultural de Fontiñas convida aos nenos e nenas entre 4 e 9 anos a divertirse mentres aprenden francés. A actividade desenvolverase todos os venres de febreiro en dúas sesións: ás 18 horas para nenos de 4 a 5 anos e ás 19 horas para os de 6 a 9 anos. É precisa a inscrición previa. Horario: 16:00
Z, TEATRO ZOMBI
📍 SALA NASA
Horario: Venres 26, Sábado 27 ás 21,30h. Domingo 28 ás 20,00h. Unha peza absolutamente feroz, incómoda, noxenta, que transgrede os limites da corrección teatral rebelándose contra todo. A non perder! Intérpretes: Miguel Ángel Altet, David Espinosa, Cristina Nuñez. Creación:??Miguel Ángel Altet, Cristina Nuñez, David Espinosa, Sergi Fäustino. Dirección: Sergi Faustino. Coprodución: Teatre Lliure, M.O.M/El Vivero e Sergi Fäustino coa colaboración do Departament de Cultura i Mijtans de Comunicació da Generalitat. Z é a cuarta creación de Sergi Faustino estreada no ciclo Radicals Lliure de Barcelona, sempre dentro da liña de traballo de levar a vida real ao escenario. Esta vez, o tema de fondo é a inutilidade, os tópicos e os zombies, dentro da filosofía das series B, pero en teatro. Unha peza sorprendente, que consegue falar do mundo, do ser humano e dos temas que nos preocupan a partir dun tema moi friki e dunha estética moi gore. Sergi Fäustino formouse en danza e dirección teatral na “School for New Dance Developement” en Amsterdam, (Holanda), traballando con Martin Sonderkamp, Elena Lizari, Masako Noguchi e Frans Poelstra. O seu solo “Las putas destrjen el ombre” estréase alí. De volta en España, traballa como bailarín nas producións operísticas de La Fura dels Baus: “L’Atlàntida” de Manuel de Falla, “El martiri de Sant Sebastià” de Claude Debussy e “La condemnació de Faust” de Héctor Berlioz e como actor en OBS. Traballa tamén con Sol Picó, Carles Santos, La Vana Gloria e coa compañía Andrés Corchero-Rosa Muñoz. A partir de 2003 inicia as súas creacións: o solo “Nutritivo” coproducido por el Mercat de les Flors e L’Antic Teatre. “La historia de MªEngracia Morales” (2004), que obtén o premio ao espectáculo máis innovador da Feria de Teatro e Danza de Huesca “El Cremaster de los Cojones” (2005), que gaña o 5è Premi d’Arts Escèniques Lleida 2004. “f.r.a.n.z.p.e.t.e.r.” (2006), que se estrea no Teatre Lliure. “de los condenados” (2007). “Duques de bergara unplugged (2008).
Concerto didáctico para maiores da Banda Municipal
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
A Banda Municipal de Música de Compostela, dirixida por Xosé Carlos Seráns, ofrecerá no Teatro Principal un concerto didáctico dirixido ao público adulto. A Banda Municipal é unha das máis antigas de Galicia, xa que se formou en 1849. Na actualidade conta con 38 compoñentese e entre as súas actividades destacan os concertos dominicais, os de verán e os didácticos. Horario: 19:30
PROJECTO MOURENTE + YOPLAY
📍 SALA NASA
Horario: 21,30h. Projecto Mourente comeza como o pasatempo musical de Carlos Valcárcel, no que participan tamén amigos e coñecidos. Trátase de procurar diversión facendo música na casa con computadores persoais. O Projecto Mourente funciona como tal desde 2002. En 2006 reuniu varios temas nun álbum, "Baixo os eucaliptos", que se publicou no netlabel A Regueifa Plataforma. O 16 de maio de 2007 o Projecto Mourente debuta ao vivo com The Homens na Sala Nasa (Santiago de Compostela). Nesa altura incorpórase ao proxecto Yolanda Valcárcel. En xuño dese mesmo ano publícase a versión de "Corpiño Xeitoso" en "Dobarrismo", un disco de tributo a Andrés do Barro. En maio de 2008 edítase "kara.o.ke", o segundo álbum de Projecto Mourente, de novo na Regueifa. Con "Kara.o.ke", o proxecto continúa a liña iniciada no primeiro traballo con cancións bailábeis de pop electrónico programadas e gravadas nun simple estudio caseiro, inspiradas en grupos como Pet Shop Boys, Fangoria ou New Order. No verán de 2008 o Projecto Mourente inclúe o guitarrista Álex López Sueiras para as actuacións ao vivo. Durante 2008 e 2009 o Proxecto Mourente continuou dando concertos en diferentes lugares de Galiza. Se The Blows son os Strokes galaicos e Catpeople os Interpol vigueses, os novísimos YOPLAY son sen dúbida a versión patria dos Franz Ferdinand máis intesos e escuros, e pola súa xuventude e impresionante directo un nome a ter moi en conta na nova escena indie galega. O seu primeiro EP, Killmymother, xa se pode descargar de balde no netlabel www.aregueifa.net.
'Domus Omnia' e 'Fai frío no lume'
📍 Igrexa da Universidade Praza da Universidade, s/n.
O artista lalinense Antón Lamazares trae a súa obra máis recente e inédita de dúas series, ambas relacionadas co fogar dos sentimentos. A primeira das exposicións é 'Domus Omnia', algo así como casas para sempre. A segunda é 'Fai frío no lume', en homenaxe ao seu pai falecido pero ademáis tamén á outra forma de vida que é a morte. A súa exposición podería ser a casa da morte tanto como a da vida. Por iso resulta impresionante, máis aló do seu valor artístico. O tamaño das pezas concibidas para que caiba o corpo, e polo que teñen de sepultura, sobrecolle.