Agenda
Charla sobre trastornos do sono
📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13
Continúan as charlas das Segundas Xornadas de Información Sociosanitaria das Fontiñas, dentro do programa do Club dos Maiores. Nesta ocasión contaran como relator co doutor Raimundo Mateos. O doutor Mateos é psicoxeriatra do Hospital Provincial de Conxo e membro da Asociación Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Na súa charla falará dos trastornos do sono. Horario: 20:00
Orquesta Sinfónica de Galicia
📍 Auditorio de Galicia ás 21.00 h
A Orquestra Sinfónica de Galicia acompañada da solista Ana Ibarra volve ao Auditorio de Galicia, mañá, xoves 18 de febreiro para ofrecernos a estrea abosoluta da obra Noche más allá de la noche, do compositor Juan Vara e a Sinfonía núm. 5 de Gustav Mahler. Na primeira parte do concerto da noite teremos a ocasión de asistir a estrea absoluta da obra de Juan Vara titulada Noche más allá de la noche (Tres cantos de Antonio Colinas), obra de encargo da OSG, na que exercerá de solista a soprano Ana Ibarra. Na segunda parte do programa a orquestra acometerá a Sinfonía núm. 5 de G. Mahler. Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), creada en 1992, polo Concello da Coruña, é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España, Víctor Pablo Pérez é o seu director titular desde 1993. A OSG conta habitualmente con solistas como Maurizio Pollini, Kristian Zimmerman, Gil Saham, Sara Chang, Alfredo Kraus, Plácido Domingo, Carlos Chausson, entre outros moitos, sempre baixo a batuta de mestres como Daniel Harding, Guennadi Rozdestvenski, Enmanuel Krivine, Peter Maag etc. A orquestra ten gravado varios discos con solistas como Juan Diego Flórez, Daniela Barcellona, Plácido Domingo etc. Pablo González, director Pablo González será o novo director titular da Orquesta Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña a partir de setembro de 2010. É principal director invitado da Orqueta Ciudad de Granada desde outubro de 2008. Foi tamén director asistente da London Symphony Orchestra, JONDE. Dirixiu a Orquestra de Cámara de Lausanne, Filharmónica de Estrasburgo, Sinfónica de Basilea, Wienner Kammer Orchestra etc. E traballou con solistas como Maxim Vengerov, Truls Mork, Rudolf Buchbinder, Renaud Capuçon, Eldar Nebolsin, Javier Perianes, Asier Poloe David Fernández. Ana Ibarra, soprano Naceu en Valencia e fixo o seu debut operístico no ano 2000 no Teatro Cervantes de Málaga no papel de Donna Elvira en Don Giovanni. Desde aquela desenvolve a súa carreira a nivel internacional nos teatros de Bruxelas, Toronto, Buenos Aires, Viena, Madrid, Barcelona. Combina as actuacións operísticas con concertos e recitais nas principais salas de concertos e as suas gravacións inclúen a ópera Falstaff dirixida por Collin Davis e a London Symphony Orchestra que obtivo o Premio Grammy 2005.
Fórum Tapas
📍 Rúas de Compostela
Os bares de Compostela convértense nos puntos de descanso dun roteiro de tapas creado para o Fórum Gastronómico e que no que o prato estrela é a Tapa Fórum. Horario: 20:30
O son do ballet a cargo da Banda Municipal
📍 Teatro Principal
A Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns, ofrecerá un concerto no que interpretarán a música de ballets famosos. A agrupación fará soar Gioconda de A. Ponchielli, Coppelia de L. Delibes, O Lago dos Cisnes de P.I. Tchaikovsky, As dúas pombas de A. Messager e Romeo e Xulieta de S. Prokofieff.
SESIÓNS VIBRACIONAIS CON HEGG MINOTHI DÚO
📍 Sala Nasa
O Sábado 13 ás 21,30h. as Sesións Vibracionais, centradas na investigación, articulación e despregue do inmenso potencial sonoro do proxecto O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galiza), reciben a dous músicos convidados procedentes de Noruega: Morten Minothi(guitarra, electrónica) e Oyvind Hegg-Lunde (batería, electrónica), que veñen de actuar no festival Hurta Cordel de Madrid.
RACING SAN LOURENZO, DIA DO CLUBE
📍 Sala Nasa
O Venres 12 ás 21,30h. a NASA abre ás súas portas para acoller unha festa concerto a beneficio do clube de fútbol do noso barrio, o Racing San Lourenzo. A entrada son 5 euros, e actuarán varias bandas e Djs locais.
MONDO SONORO: FESTA DEMOSCÓPICA
📍 Sala Nasa
O Xoves 11 ás 21.00h. a revista Mondo Sonoro celebra na NASA unha das súas festas demoscópicas, na que se presentará o novo disco de Niño y Pistola. Actaurán tamén Tetra&Freek, Bang 74 e Discos Las Palmeras. A entrada é de balde ata completar o aforo.
Teatro do Morcego presenta 'Saltimbanquis'
📍 Salón Teatro. Rúa Nova, 34
Teatro do Morcego presenta un espectáculo baseado nun conto dos Irmáns Grimm e dirixido a nenos e nenas a partir de nove anos. Autoría: Irmans Grimm Dirección: Celso Parada Escenografía: Carlos Alonso Son: Serginho Iluminación: David Deive Vestiario: Carlos Alonso Elenco: Mundo Villalustre, Iolanda Muíños, Blanca Cendán, Mighello Blanco e Serginho e a colaboración de cinco actores da Escola de Teatro de Narón A peza ten como protagonista un burro, que, cansado da explotación e dos malos tratos do patrón, decide abandonar a facenda onde traballaba, na procura de mellores condicións de vida. No camiño á cidade, encontra un can e unha galiña que foxen polo mesmo motivo, xunto cunha gata, á que botaron da casa porque pasara a noite cantando. Unidos contra a tiranía dos donos, deciden formar un conxunto musical e parten cara á cidade dos soños, compoñendo belas cancións. Datas:11 de febreiro de 2010 - 12 de febreiro de 2010 Horario: 11:00 Prezo: Función escolar Data:13 de febreiro de 2010 Horario:19:00 Data:14 de febreiro de 2010 Horario:18:00
GRANDES BATALLAS
📍 ZONA “C”
Grandes batallas está formada por dúas obras que se contrapoñen. O mural quere facer visible o devir do tempo, conxelalo no presente. Permite visaulizar un fenómeno atmosférico desde su nacemento ata a súa eclosión, ter consciencia da idea de movemento, de tránsito, de principio a fin. En contraposición co movemento ficticio da atmosfera da sala, está o pozo. Un obxecto inmóvil, anclado no chan. Un obxecto que provoca medo enfrontado ao poder que presupón por conceder desexos. A descontextualización e o material da que está feito recalcan un escea estraña. Horario: Aberto de martes a domingo de 10:00 a 14:00/ 16:00 a 20:00 ---- Grandes batallas está formada por dos obras que se contraponen. El mural quiere hacer visible el devenir del tiempo, congelarlo en el presente. Permite visualizar un fenómeno atmosférico desde su nacimiento incluso su eclosión, tener consciencia de la idea de movimiento, de tránsito, de principio a fin. En contraposición con el movimiento ficticio de la atmósfera de la sala, está el pozo. Un objeto inmóvil, anclado en el suelo. Un objeto que provoca miedo enfrentado al poder que presupone por conceder deseos. La descontextualización y el material de la que está hecho recalcan una escena extraña.
'Grandes batallas'
📍 Zona C San Domingos de Bonaval, s/n
Antía Moure A mostra, organizada pola concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, presenta a intervención que Antía Moure ideou para a Zona "C", na que insiste nunha das liñas de investigación e interese da artista: o descubrimento do sentido e a transcendencia do tempo e os lugares. 'Grandes batallas' está formada por dúas obras que se contrapoñen. O mural quere facer visible o devir do tempo, conxelalo no presente. Permite visualizar un fenómeno atmosférico desde su nacemento ata a súa eclosión, ter consciencia da idea de movemento, de tránsito, de principio a fin. En contraposición co movemento ficticio da atmosfera da sala, está o pozo. Un obxecto inmóvil, anclado no chan. Un obxecto que provoca medo enfrontado ao poder que presupón por conceder desexos. A descontextualización e o material da que está feito recalcan un escea estraña. O acto de inauguración contará coa presenza de Socorro García Conde, tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, e a da artista Antía Moure. A exposición permanecerá aberta ata o 21 de maio de 2010 e pode visitarse todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20.00 h. A Zona "C" está situada na rúa San Domingos de Bonaval.
ROY LONEY E HI-RISERS
📍 Sala Nasa
O Martes 9 ás 21,30h. chega á NASA unha figura mítica do rock máis underground: Roy Loney, o que fora membro fundador dos Flamin Groovies, que actuará acompañado por Señor No. Para completar unha noite de rock&roll sen concesións, nada máis e nada menos cos Hi-Risers, o trío máis versátil e enerxético do eclecticismo rocanroleiro.
Cine Mudo e chocolate con churros
📍 Bar Ultramarinos. Casas Reais, 34
Horario: 19:30 Todos os domingos, o Bar Ultramarinos ofrece unha sesión de cine mudo e chocolate con churros. En xaneiro está dedicada a Harold Lloyd.