Agenda
Lume na Fonte. Antón Lamazares na Domus Nai
📍 Igrexa da Universidade Praza da Universidade, s/n.
O artista lalinense Antón Lamazares trae a súa obra máis recente e inédita de dúas series, ambas relacionadas co fogar dos sentimentos. A primeira das exposicións é 'Domus Omnia', algo así como casas para sempre. A segunda é 'Fai frío no lume', en homenaxe ao seu pai falecido pero ademáis tamén á outra forma de vida que é a morte. A súa exposición podería ser a casa da morte tanto como a da vida. Por iso resulta impresionante, máis aló do seu valor artístico. O tamaño das pezas concibidas para que caiba o corpo, e polo que teñen de sepultura, sobrecolle.
MAM (Miguel Ángel Molina)
📍 Galería Trinta Virxe da Cerca, 24.
A exposición achega algúns dos últimos traballos pictóricos de Miguel Ángel Molina: "Durante os últimos anos tentei traballar sobre algo que me preocupaba e que ten que ver coa maneira en que percibimos a pintura. A mesma distancia que nos fixo posible ver as súas imaxes afastounos dela e da súa natureza carnal." O autor define o seu traballo como o desenvolvemento dunha estética do fracaso. "Naturalmente eu son pintor e toco a pintura. Para min forma parte da miña maneira de entendela, o que de feito en realidade non ocorre co público ao que lle está habitualmente prohibido tocar as obras. Para chegar a este punto debín fracasar deportivamente en numerosas ocasións e iso durante anos" Háptico" é un neoloxismo do francés (haptique), que significa tocar.
Concerto de violín e piano no ciclo de Novos intérpretes
📍 Facultade de Xeografía e Historia
O último concerto do mes de febreiro no XII ciclo de Novos intérpretes, organizado pola Universidade de Santiago e a Asociación Galega da Lírica, leva ao Paraninfo da Universidade a Fabio Álvarez (piano) e María González (violín). Horario : 20:30
Concerto de clarinete e pianos no ciclo de Novos intérpretes
📍 Facultade de Xeografía e Historia
O XII ciclo de Novos intérpretes ofrece un concerto a cargo de Eloy Fernández (piano), Iago Hermo (piano) e Virginia Lis (clarinete). Horario: 20:30
Fórum Nenos
📍 Recinto feiral de Amio
Fórum Nenos acolle uns obradoiros lúdico-educativos dirixidos aos nenos co obxectivo de facelos partícipes do mundo da gastronomía, elaborando diversos pratos a base de productos sans. O Recinto Feiral de Amio é o escenario destas xornadas que se realizarán ás 11:30 horas, 13:30 horas, 17:00 horas e 19:00 horas. Estes obradoiros dirixidos a nenos de entre 6 e 12 anos coinciden en horario coa actividade Catas con Maridaxe, permitindo aos adultos asistir ás catas mentres os nenos participan nas actividades. Horario. 11:30
CONCERTO DE ABONO Ciclo de piano “Ángel Brage”
📍 AUDITORIO DE GALICIA
Horario: 21:00 h. Entradas á venda a víspera e o día do concerto no despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h. Ambos os días e en idéntico horario funcionará o servizo de venda telefónica, baixo a forma de pagamento con tarxeta, nos teléfonos 981 571 026 e 981 573 979.
Os mellores cociñeiros no Fórum Gastronómico
📍 Recinto feiral de Amio
Ferrán Adrià, Pierre Gagnaire ou Jacob Mielck son algunhas das figuras da gastronomía internacional que amosarán as súas artes culinarias no Recinto Feiral de Amio. Catas, concursos, exposicións, obradoiros ou sesións de cociña en directo son algunhas das actividades que se desenolverán dentro do Fórum.
Pórtico da Gloria. Misterio e sentido
📍 Centro Social Caixanova Praza de Cervantes, 17
A apertura do Centro Social Caixanova na praza de Cervantes en Compostela coincide co Ano Xacobeo Compostelán, razón pola que este centro programa durante todo o ano unha exposición dedicada ao Pórtico da Gloria. A través desta mostra, o visitante terá a oportunidade de achegarse en detalle ó conxunto escultórico ideado polo mestre Mateo, actualmente en proceso de rehabilitación.
Fórum Noite
📍 Casino de Santiago
Cada noite unha bebida adquirirá protagonismo no Casino de Santiago dentro das actividades organizadas polo Fórum Gastronómico. Catas de cavas ou concursos de gin-tonic serán algunhas das propostas nocturnas. Horario :23:00
Tai chi: a esencia da harmonía en movemento
📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13
Dentro do programa do Club de Maiores do CSC Fontiñas, ofrécese esta actividade saudábel para o corpo e a mente. Horario: 18:00 ----- Dentro del programa del Club de mayores del CSC Fontiñas, se ofrece esta actividad saludable para el cuerpo y la mente.
Concerto especial de Entroido da Banda Municipal
📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n
A Banda Municipal de Música xunto cos alumnos do Conservatorio de Santiago ofrecerá un Concerto Especial de Entroido. Dirixidos por Xosé Carlos Seráns interpretarán Symphonic Overture de J. Barnes, Estrasantico de S. Couceiro, Fandango de J. Turrin, Esbozos Sinfónicos de X. Carlos Seráns e Hans Christian Andersen Suite de S. Hildgaard. Director: Xosé Carlos Seráns Trompeta solista: Juan Lois Diéguez Trombón solista: Daniel Portas González Horario: 21:00
25 anos de Títeres Cachirulo
📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.
Horario de visita é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; tamén os domingos con función de Escena en Familia, de 10:00 a 14:00 horas. Unha viaxe a través das montaxes máis significativas da compañía. Marionetas de fío como as de Ubúe no Outeiro (1985), monicreques de variña inspirados en cadros de Pablo Picasso en A Bela e a Besta (1988), ou traballos máis recentes, como as marionetas de mesa construídas en tea de A Historia do Apalpador (2009).