Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

RECITAL DE GUITARRA A CARGO DE FERNANDO PÉREZ
5 MARZO 2010

RECITAL DE GUITARRA A CARGO DE FERNANDO PÉREZ

📍 Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, HORA: 20 horas

CURRICULUM DE FERNANDO PÉREZ FERNÁNDEZ Nace en Lousame (A Coruña), en 1982. Recibe as súas primeiras clases de guitarra da man do seu tío e posteriormente ingresa na escola de música do seu pobo natal, simultaneando o estudio da guitarra co da trompa, todo baixo a tutela do mestre Prudencio Romo. Obtén a súa licenciatura con Ramón Carnota Méndez, ca calificación de Matrícula de Honra no último curso e de Sobresaínte no Recital de Fin de Carreira no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Asiste a cursos de perfeccionamento con mestres da talla de Javier González Abraldes, Álex Garrobé, Marco Socías, Ricardo Gallén, Hugo Geller, Antonio Duro, Joaquín Clerch, Juan Carlos Rivera, Carles Trepat, Goran Kiprokavich, Tilman Hoppstock e Carlo Marchione. Toma parte no I e II Concurso Internacional de guitarra Norba Caesarina en Cáceres, no I Concurso Internacional de guitarra de Niksic (Montenegro) e no Premio de Novos Intérpretes do Concello de Ortigueira. Participou no VIII Ciclo de Xoves Intérpretes da Asociación da Lírica Teresa Venganza así como tamén colaborou ca Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia tocando quintetos de Bocherini ca profesora Ildiko Oltai, membro da Real Filarmonía de Galicia. Participou en diversos concertos pola xeografía galega, ben en calidade individual ou formando dúo con diversos instrumentos como o violín, a guitarra e o óboe. Na actualidade compaxina a súa labor concertística ca deprofesor de guitarra no Centro de Música Autorizado Profesional Fingoi en Lugo. PROGRAMA DE CONCERTO:                 I FANTASÍA Op.19 (LUIGI LEGNANI 1790-1877) SUITE XX EN RE MAIOR* (JOHANN J. FROBERGER 1616-1667) PRELUDIO BWV 997* PRELUDIO BWV 1006a* (J. S. BACH 1685-1750)                II ESTUDIO I ESTUDIO VII (H. VILLA-LOBOS 1887-1959) FRANÇAISE (J. IBERT 1890-1962) SARABANDE (F. POULENC 1899-1963) NOCTURNAL Op. 70 (B. BRITTEN 1913-1976)

Animación á lectura con Argallando
5 MARZO 2010

Animación á lectura con Argallando

📍 CSC Conxo Praza Aurelio Aguirre n. 1- Conxo

Horario: 18:00 A compañía Argallando ofrece unha actividade para achegar o pracer de ler aos nenos e nenas de 5 a 12 anos.

Campionato de bolas
5 MARZO 2010

Campionato de bolas

📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13

O programa Aula de Xogo da rede de Centros Socioculturais organiza este campionato anual de xogos tradicionais, nesta ocasión do xogo das bolas. Horario: 5 de marzo de 2010 18:00 Horario: 12 de marzo de 2010 18:00 Horario: 26 de marzo de 2010 18:00

Concerto de Nao e Kastomä
5 MARZO 2010

Concerto de Nao e Kastomä

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5

Horario: 21:30 Nao, un dos grupos de referencia do metal galego, presenta na Capitol o seu novo disco, Coas túas mans. Estarán precedidos sobre o escenario dos tamén galegos Kastomä.

LA PHAZE
5 MARZO 2010

LA PHAZE

📍 SALA NASA

La Phaze son: Damny Baluteau (voz principal, sintetizadores), Arnaud Fournier (guitarra, coros) e Guillaume Rousé (batería, coros). Os franceses de La Phaze son toda unha institución musical no país gabacho. O trío de Nantes creou e desenvolveu un estilo abondo particular e visionario en constante evolución, que foi pulindo desde 1999, ano da súa formación. O seu son susténtase no rock&roll como espírito musical motriz e como filosofía de vida, na euforia do drum’n bass e no jungle, no ragga e no hip-hop como compromiso, na rabia e mensaxe do punk, no dub como atmosfera e loucura, no reggae como unidade e fe nas cousas e as persoas, e na electrónica como diversión. En resume, un son polivalente. Unha mestura realmente inédita que agora levan a todo o planeta. Poden definirse como unha banda de rock&roll industrial facendo raggamuffin cibernético, ou como eles mesmos din, “punglistic mixture”. Pero sobre todo son unha banda de directo, demostrando en cada concerto como se pode facer tanto con tan pouco, facendo milagrosas as súas combinacións de baterías, sintetizadores, potentes bases graves, riffs de guitarra, efectos, voces, berros, scractches, harmónicas, delays... Milleiros de descargas en internet, medio millón de visitas en myspace, centos de concertos e numerosas xiras intercontinentais por paises de todo o globo, compañeiros de viaxe do seu colega e fan Manu Chao e do enigmático Gogol Bordello, teñen convertido a La Phaze nun auténtico referente musical e social.

Obradoiro vocal de jazz
5 MARZO 2010

Obradoiro vocal de jazz

📍 Casa das Crechas Vía Sacra, 3.

Horario: 17:00 - 21:00 Obradoiro de oito horas adicado ó instrumento da voz e orientado a cantantes de jazz e outros estilos. Impartido pola vocalista Celia Mur. Celia Mur é vocalista de jazz de formación clásica, flamenca e moderna guiada polo seu pai o compositor e guitarrista granadino A. Fernández de Moya. Ten tres cds publicados en España Footprints, Las flores de mi vida e Coloreados, ademais de numerosas colaboracións, como as que fixo con Raúl Alcover, Selecta Big Band, Miguel Ríos... Actualmente é docente de canto moderno en diversos seminarios e talleres específicos e na escola de música léspai musical de valencia. Actuou por diferentes espazos escénicos dentro e fóra de España.

Aprender a ilustrar como Quentin Blake
5 MARZO 2010

Aprender a ilustrar como Quentin Blake

📍 Biblioteca Caixa Madrid Rúa das Casas Reais, nº 14

Ao longo dos venres e sábados de marzo desenvolveranse estes obradoiros nos que se traballará sobre os segredos deste gran ilustrador e escritor, as súas obras e os seus personaxes. Os nenos e nenas participantes converteranse en ilustradores, aprenderán sobre as técnicas e os materiais que empregan e farán as súas propias obras. Horario: 5 de marzo de 2010 18:00 - 20:00 Horario: 6 de marzo de 2010 11:00 - 13:30 Horario: 12 de marzo de 2010 18:00 - 20:00 Horario: 13 de marzo de 2010 11:00 - 13:30 Horario: 19 de marzo de 2010 18:00 - 20:00 Horario: 20 de marzo de 2010 11:00 - 13:30 Horario: 26 de marzo de 2010 18:00 - 20:00 Horario: 27 de marzo de 2010 11:00 - 13:30

Exposición de Ferreiro Badía
5 MARZO 2010

Exposición de Ferreiro Badía

📍 Galería de Arte Contemporánea José Lorenzo Praza do Toural, 9 1º

Ferreiro Badía (A Coruña, 1944) presenta unha exposición moi persoal e creativa despois da súa recente mostra en Nova York. Un estudo sobre a frontalidade escultórica en bronces mecanizados e pedras pulimentadas, ensamblaxes bidimensionais e poliéster. As fragmentacións orgánicas limitadas por tensas superficies envolventes ou contornos esquemáticos con cor son características das pezas presentadas. Os materiais empregados en cada obra aportan diversas sensacións; a fortaleza da pedra negra diorita, procedente das proximidades do nacemento do Miño, a pulcritude do bronce mecanizado, a sorpresa dos diferentes cromatismos nas obras bidimensionais ou a tersura dos pratas e azuis eléctricos nas pezas sintéticas, pódense apreciar nesta exposición. A figuración esquemática tan característica de Ferreiro Badía e a súa abstracción xeométrica quedan plasmadas neste estudo. Trátase de pezas de carácter icónico que requiren unha observación individualizada.

Sheila Pazos: 'Que pasa aí fóra?'
5 MARZO 2010

Sheila Pazos: 'Que pasa aí fóra?'

📍 Metro Arte Contemporánea Rúa Nova, 24

Metro presenta a primeira exposición individual da novísima Sheila Pazos ((Xenebra, 1986), licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo con Premio Fin de Carreira. Ela é un claro exemplo do bo momento que está a vivir a arte máis nova. Nesta mostra, facendo un auténtico despregamento de frescura e enxeño, proponnos un divertido xogo cos espazos urbanos, cos seus enormes e potentes bloques de formigón e as súas grandes extensións de asfalto, coma se se tratase dun enorme lenzo gris tocado pola cor da vida. Entramos neles coma se fósemos nenos, sen límites para a nosa imaxinación, percorrendo recunchos imposibles, pero que se nos presentan como próximos e cotiáns. A cidade roza a tolemia, todo o imaxinable pode facerse realidade, calquera tipo de racionalidade desaparece e convídanos a soñar. Fotografía, pintura, obxectos imposibles uniranse para achegar ao espectador ao seu crible mundo fantástico.

GRAMOLA
4 MARZO 2010

GRAMOLA

📍 ULTRAMARINOS, Rúa Casas Reais, 34

Horario: 22:00H Interpretará versións de grandes clásicos como Elvis Presley, The Doors ou Janis Joplin.

Recital de alumnos de piano e guitarra
4 MARZO 2010

Recital de alumnos de piano e guitarra

📍 Auditorio do CGAC

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago organiza un recital de alumnos de piano e guitarra no CGAC enmarcado na iniciativa iniciada o pasado ano de achegar o traballo do centro á cidade mediante concertos en diferentes salas da mesma. Nesta iniciativa enmárcanse tamén os concertos que as agrupacións do conservatorio ofrecen no Teatro Principal os días 9 de febreiro e 27 de Abril. ---- El Conservatorio Profesional de Música de Santiago organiza un recital de alumnos de piano y guitarra en el CGAC enmarcado en la iniciativa iniciada el pasado año de acercar el trabajo del centro a la ciudad mediante conciertos en diferentes salas de la misma. En esta iniciativa se enmarcan también los conciertos que las agrupaciones del conservatorio ofrecen en el Teatro Principal los días 9 de febrero y 27 de Abril.

'Estamira' no ciclo de cine 'Coñecer e cambiar'
4 MARZO 2010

'Estamira' no ciclo de cine 'Coñecer e cambiar'

📍 Amarante Avda. Romero Donallo, 19

Horario: 20:30H Marcos Prado Un filme brasileiro sobre os efectos sociais do tratamento inadecuado do lixo na penúltima sesión do ciclo 'Coñecer para cambiar', organizado por Amarante e Verdegaia. Estamira, Brasil, 2005 Xénero: Documental Dirección, guión e fotografía: Marcos Prado Música: Décio Rocha Estamira é unha muller de 63 anos que padece esquizofrenia e vive hai 20 anos nun gran vertedeiro de lixo nos arredores de Rio de Janeiro. A pesar de estaracosada por numerosas pantasmas interiores, Estamira arma o seu propio mundo rexeitando a supremacia de calquera Deus. "Eu son Estamira, ninguén pode vivir sen o meu", grita a todo pulmón.