Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

O xogo de Yalta. Afterplay
4 MARZO 2010

O xogo de Yalta. Afterplay

📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.

Horario: 20:30H Os públicos conmoveranse con estas fermosas historias creadas por Brian Friel a partir dalgúns dos relatos e personaxes máis coñecidos de Chéjov. Risas e bágoas, beleza, humor e drama da man de catro grandes intérpretes arroupados desde o piano pola música de Xavier Constenla. Autor: Brian Friel Dirección: Xúlio Lago Adaptación: Goretti Sanmartín Escenografía: Rodrigo Roel Son: Xavier Constenla e Xúlio Lago Iluminación: Xúlio Lago Vestiario: Susa Porto Elenco artístico: Xavier Constenla, Damián Contreras, Victoria Pérez, María Barcala, Gonzalo M. Uriarte. A partir dun dos relatos máis coñecidos de Chéjov, A dama do canciño, o irlandés Brian Friel constrúe unha obra que comeza coma unha viaxe de pracer para acabar como unhacomplexa historia de amor que envolverá e convulsionará a Dmitry Dmitrich e Anna Sergueyevna. En Afterplay, mestúranse dous personaxes de Chéjov: Andrei Prozorov, de As tres irmás, e Sónia Serebriakowa, de Tío Vania, que se atoparán nun café. Entre Prozorov e Serebriakowa producirase unah corrente de cómicas e dramáticas confesións.

Ros Marbà dirixe a Real Filharmonía nun concerto dedicado a Schumann
4 MARZO 2010

Ros Marbà dirixe a Real Filharmonía nun concerto dedicado a Schumann

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.

Horario: 21:00H Antoni Ros Marbà dirixe a Real Filharmonía de Galicia nun recital dedicado integramente ao compositor romántico alemán Robert Schumann e no que Iván Martín será o pianista solista. Soarán a obra Carnaval, en orquestración de Maurice Ravel, o concerto para piano op. 54 a sinfonía 'Renana'. Antoni Ros Marbà, director Iván Martín, piano R. Schumann, Carnaval, op.9 (orq. de M. Ravel) R. Schumann, Concerto para piano en la menor, op. 54 R. Schumann, Sinfonía núm. 3 en Mi bemol maior, op. 97, 'Renana'

'Hair' na Fonoteca
4 MARZO 2010

'Hair' na Fonoteca

📍 Fonoteca Universitaria Facultade de Ciencias da Información. Avda. Castelao s/n

Horario : 18:00h A Fonoteca da Universidade dedica os xoves de marzo á proxección de catro dos filmes musicais máis populares. O primeiro é Hair, de Milos Forman. Hair, Estados Unidos, 1979 Xénero e duración: Musical. 121' Dirección: Milos Forman Guión: Michael Weller Música: Galt MacDermot Fotografía: Miroslav Ondricek Intérpretes: John Savage, Treat Williams, Beverly D'Angelo, Joe Morton, Annie Golden, Dorsey Wright, Don Dacus, Nicholas Ray, Twyla Tharp Claude Hooper Bukowsky, campesiño provinciano, chega a Nova York para instruírse pouco antes de ingresar no exército para loitar en Vietnam. Alí atopa que miles de mozos se opoñen a esa guerra, defendendo o amor libre e a vida despreocupada. Coñece casualmente a un grupo destes hippies, cuxo líder, chamado Berger, o admite entre eles a primeira vista.

Conferencia sobre o futuro das caixas
4 MARZO 2010

Conferencia sobre o futuro das caixas

📍 Fundación Caixa Galicia Rúa do Vilar, 19.

Horario: 20:00h O Club Nacionalista Alén Nós organiza esta conferencia na que o profesor Luis Caramés Viéitez falará sobre "As caixas e a crise do sistema financeiro". Luis Caramés é doutor en Economía e catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. É académico da Real Academia de Ciencias Políticas.

Ancora Produccións presenta 'Colgados'
4 MARZO 2010

Ancora Produccións presenta 'Colgados'

📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.

Horario: 21:00h Colgados. A incrible historia de Homesoga, o colgado de Celeiro, é un logomono, unha creación escrita e interpretada por Gustavo Pernas Cora. Autoría: Gustavo Pernas Cora Dirección: Anxela G. Abalo Escenografía: Ancora Produccións Son: Ancora Produccións- Anxo Rei Iluminación: Miguel Soto Vestiario: Anxela G. Abalo Intérprete: Gustavo Pernas Cora En épocas de crise hai moito colgado. "Homesoga" é un colgado profesional. O concello convíadao a facer unha demo nun teatro. Que tes algún problema grave? El cólgase por ti. A súa historia é incrible. Todo comezou sendo neno, cando… En fin, se queres que cha conte e precisas dos seus servizos, vén, el nunca te deixará colgado.

Vaamonde, Lamas & Romero en concerto
4 MARZO 2010

Vaamonde, Lamas & Romero en concerto

📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

Horario: 21:00 Xesús Vaamonde (gaita), Pedro Lamas (saxo) e Xosé Lois Romero (acordeón) son sinónimo de música tradicional galega, de sobriedade compositiva e de exquisito gusto polos arranxos, e están ligados a algúns dos mellores momentos e artistas da música galega recente. Co seu disco conxunto Vellas artes, Vaamonde, Lamas & Romero queren amosar a súa persoal visión da música popular cunha proposta atrevida, pero sobre todo moi divertida, que combina música e retranca a partes iguais.

Festa Galician Bizarre
4 MARZO 2010

Festa Galician Bizarre

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5

Horario: 21:00 The + Anenome + Telephones Rouges The, Anenome e Telephones Rouges participan nun novo concerto-festa deste movemento musical galego nacido en 2007 coa intención de explorar novas vías de expresión musical, máis alá das xa impostas no panorama alternativo. A actitude punk, o gusto polo subterráneo e a defensa de creación musical independente dende o rural caracterizan a estas bandas. Percorren estilos dende o garage-punk ata o shoegaze ou o noise-rock. Nesta festa actuarán tres grupos que fan do ruido un elemento esencial para construir cancións contundentes con ritmos psicodélicos, escuros ou mecánicos.

Música celta co grupo O'Carolan
4 MARZO 2010

Música celta co grupo O'Carolan

📍 Casa das Crechas Vía Sacra, 3.

Horario: 22.30H Actuación dun grupo que aposta pola sonoridade da música celta, cun concepto de concerto máis próximo á música de cámara que aos grandes concertos folk. O grupo toma o seu nome do arpista irlandés Turlough O'Carolan (1670-1738), compositor e músico ao que se lle adoita coñecer como o último bardo e que soubo fundir de maneira natural o barroco e a música tradicional. A maioría dos temas que nutren o repertorio do grupo son composicións deste autor. Completando ao mesmo inclúense composicións propias así como pezas tradicionais doutras rexións e culturas. Nisto, inflúe a coidada posta en escena así como o grande abano de instrumentos que o grupo mostra nas súas presentacións en directo (uilleann pipe, nykelharpa, arpa irlandesa, bodhran, bouzouki, tin whistle, low whistle, mussetes ). O resultado é un concerto belo, cunha música sensible e alegre á vez, que nos leva a soñar en paisaxes afastadas. O'Carolan participou en infinidade de festivais e concertos dentro e fóra da península destacando pola súa personalidade e sendo recoñecidos en presentacións tan importantes como o festival Cornamuses en Balade (Francia), Brechin Arts Festival (Escocia), festival de cornamusas en Ordino (Andorra), FolkSegovia, Ilusións Folk (Navarra), Orejo (Cantabria), Llanes(Asturies)... Contan con tres discos no mercado Alrrededor de una vela, La llave de los sueños e El reloj secreto.

Nueva Vulcano e The Homens
4 MARZO 2010

Nueva Vulcano e The Homens

📍 Moon Music Club República Arxentina, 35.

Horario : 22:30h Nueva Vulcano é un dos grupos máis imaxinativo do novo indie estatal. Veñen desde Barcelona a presentar o seu último disco, Los peces de colores Ao seu lado estarán os galegos The Homens, que acaban de editar o seu cuarto álbum, ao que titularon, Cuarta potencia. Nel volven condensar letras en galego e boas doses de power pop.

Bossa nova con Celia Mur & Bamba Trío
4 MARZO 2010

Bossa nova con Celia Mur & Bamba Trío

📍 Pub Borriquita de Belém San Paio, 22

Horario: 22:45h A vocalista de jazz Celia Mur e o Bamba Trío ofrecen un concerto de bossa nova no que contarán coa presenza de varios convidados. Celia Mur, voz Lucas Fixel, batería Narci Rodríguez, guitarra e voz Antón Bello, contrabaixo Celia Mur é vocalista de jazz de formación clásica, flamenca e moderna guiada polo seu pai o compositor e guitarrista granadino A. Fernández de Moya. Ten tres cds publicados en España Footprints, Las flores de mi vida e Coloreados, ademais de numerosas colaboracións, como as que fixo con Raúl Alcover, Selecta Big Band, Miguel Ríos... Actualmente é docente de canto moderno en diversos seminarios e talleres específicos e na escola de música léspai musical de valencia. Actuou por diferentes espazos escénicos dentro e fóra de España.

'Retablo', de Soledad Sevilla
4 MARZO 2010

'Retablo', de Soledad Sevilla

📍 Galería SCQ Rúa Pérez Costanti, 12.

A artista Soledad Sevilla define a súa exposición como "unha sorte de retablo moderno integrada por varias pezas que cobren por completo dúas paredes en ángulo da Galería SCQ". Inspirada en madeiras e valos destartaladas de construcións agroindustriais, tratados en termos estéticos e non como meros artefactos, o espazo que a contén aparece como unha catedral, nunha aposta que fai a arte, para que unha subxectividade espiritual ou polo menos lírica poida alcanzarse. A diferenza radical entre un cadro e este retablo é que o primeiro ten os límites naturais que nos dan as dimensións do lenzo, mentres que o retablo, ten que establecer unha unidade coa totalidade, a peza está feita a medida, sen sobresaír como unha figura senón incorporando o espazo como un dos seus materiais.

Coñecemos o mundo polo baile
2 MARZO 2010

Coñecemos o mundo polo baile

📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13

Todos os martes baixo o nome Coñecemos o mundo polo baile, o Centro Sociocultural de Fontiñas ofrece estes obradoiros a nenos de entre cinco e oito anos co obxectivo de que coñezan as danzas procedentes de diversos países. Horario: 2 de marzo de 2010 18:00 Horario: 9 de marzo de 2010 Horario: 16 de marzo de 2010 18:00 Horario: 23 de marzo de 2010 - 24 de marzo de 2010 18:00 Horario: 30 de marzo de 2010 18:00