Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

Concerto de cuarteto de corda da Real Filharmonía
15 MARZO 2010

Concerto de cuarteto de corda da Real Filharmonía

📍 Facultade de Xeografía e Historia (Paraninfo da Universidade) Praza da Universidade s/n

Horario: 20:30H Continúa o ciclo de formacións de cámara da Real Filharmonía de Galicia, con este recital no que catro compoñentes da orquestra interpretan dúas composicións para cuarteto de corda de Mozart e Shostakovich. Julia Petrushevskaja, violín Ilya Fisher, violín Oxana Bakulina, viola Thomas Piel, violoncello W. A. Mozart, Cuarteto de corda núm. 21, KV 575 D. Shostakovich, Cuarteto de corda núm. 14, op. 142

Conto musical 'Animaladas'
15 MARZO 2010

Conto musical 'Animaladas'

Horario: 11:00 Os profesores do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela representan un conto musical que ten como finalidade amosardun xeito lúdico aos nenos e ás familias a variedade de instrumentos existente no mundo da música clásica. O conto, escrito por Elena López Felpeto, trata de cómo un grupo de animais (representados polos diferentes instrumentos musicais) acompañados pola fada Marcelina se poñen mans á obra nunha viaxe polo mundo para salvar as desfeitas no planeta causadas pola contaminación.

Música do século XX para dúas guitarras
15 MARZO 2010

Música do século XX para dúas guitarras

📍 Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela Rúa Monte dos Postes s/n

Horario: 20:00 Os profesores de guitarra do Conservatorio Profesional de Música Xosé Antonio Rodríguez e Eirene Luque ofrecen un recital de música do século XX para dúas guitarras, no que soarán pezas de compositores como Piazzola, Granados e Bogdanovic Programa: D. Bogadoniv, Six balkan miniatures for the wold peace I. Jutarne Kolo II.Zalopojka III. Vrajanka IV. Makedonsko Kolo V. Siroko VI. Sitni Vez M.Castelnuovo-Tedesco, Preludio e fuga núm. 3 T. Takemitsu, Bad boy M.Castelnuovo-Tedesco, Preludio e fuga núm. 10 E. Granandos, Danza española nú. 2: Oriental A. York, Sanzen-in A. Piazzola, Lo que vendrá

A Banda Municipal cos novos compositores galegos
14 MARZO 2010

A Banda Municipal cos novos compositores galegos

📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.

Horario: 12:00H A Banda Municipal de Música de Compostela programa un Ciclo de Novos Compositores Galegos co fin de promocionar os novos valores musicais. As obras que se interpretarán son Zoe de R. Collazo Moares, Os Muíños de Barosa de A. Silva Magdalena, Fantasía en do de D. Fiuza Souto, Terra de Oestrimnios de A. Álvarez Hernández, A Revolta Irmandiña de R. Martín Niñerola, Irmandiños de J. Fernández Gúzman e Suite Galaica de A. Alcalde Rodríguez. A Banda Municipal é unha das máis antigas de Galicia, xa que se formou en 1849. Na actualidade conta con 38 compoñentese e entre as súas actividades destacan os concertos dominicais, os de verán e os didácticos. Programa:             BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO         Novos compositores galegos Director: Xosé Carlos Seráns                                   I Parte Zoe (pd)................................. R. Collazo Moares Terra de Oestrimnios..........A. Álvarez Hernández Os Muiños da Barosa........ A. Silva Magdalena Fantasía en do.................... D. Fiuza Souto                                     II Parte A Revolta Irmandiña........... R. Martín Niñerola Irmandiños........................... J. Fernández Guzmán Suite Galaica........................ A. Alcalde Rodríguez          1. Despertar na montaña          2. Noite de bruxas          3. Danza meiga e final     Rafael Collazo Moares (1978) Comeza os seus estudos musicais en Rianxo (A Coruña) aos 7 anos, da man de José España. Aos 14 anos prosegue a súa formación de saxofón no Conservatorio Superior de Música de Santiago. Dirixe a Agrupación Instrumental Solfa de Santiago e a Banda de Música de Rianxo. Andrés Álvarez Hernández (1983) Nace en Goián, Vigo (Pontevedra) e comeza os seus estudos musicais na Agrupación Musical de Goián. En 2002 ingresa no Conservatorio Superior de Música de Vigo na especialidade trompeta. É membro da Agrupación Musical de Goián, e mestre na Agrupación Musical de Belesar e na Agrupación Musical de Goián. Adrián Silva Magdalena (1984) Naceu en Barro (Pontevedra) e comenzou a súa formación musical na Banda de Música Xuvenil de Barro. Estudia no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, no Conservatorio Superior de Vigo e na Escola de Altos Estudos Musicais. Na actualidade e frauta na Banda Municipal da Coruña e na Banda de Música de Pontevedra. David Fiuza Souto (1985) Naceu en Vila de Cruces (Pontevedra) e comeza os seus estudos musicais na Escola Municipal Artística de Merza aos 12 anos. Son dous os mestres que o impulsan e que lle marcan unha profunda influencia: Xosé Casal Sueiro e Marcel van Bree. Actualmente estuda no Conservatorio Superior de Vigo e é o director da Unión Musical de Meaño. Raúl Martín Niñerola (1983) Nace en Lliria (Valencia) e comeza os seus estudos musicais como percusionista no seo do Ateneo Musical e de Ensino Banda Primitiva de Lliria. Estudou percusión e composición nos conservatorios de Lliria, Castellón e Valencia. É profesor de percusión na Banda Ateneo de Negreira, profesor de percusión na Banda Recreativa e Cultural da Bandeira e de linguaxe musical no Conservatorio de Lalín. Juan Fernández Guzmán (1980) Nace en Merza, Vila de Cruces (Pontevedra) e comeza os estudos musicais aos dez anos de idade co seu avó materno, Ramón Guzmán. Un ano máis tarde ingresa na escola da Banda Artística de Merza, cos mestres Xurxo Guzmán e Xosé Casal Sueiro. Dous anos despois ingresa na Banda Artística de Merza. É membro fundador do Merza Brass, membro da Banda Artística de Merza e mestre na Escola Municipal de Vila de Cruces. Antón Alcalde Rodríguez (1992) Nace en Rianxo (A Coruña) e comeza os seus estudos musicais aos oito anos de idade na Escola de Música de Rianxo con Daniel Riveiro, percusión, e linguaxe musical con Rafael Collazo. Actualmente é o compositor residente da Escola de Música de Rianxo e profesor de percusión dende o ano 2007. Ten numerosas composicións para banda, orquestra, coro, cámara e audiovisual.

'Pressing Catch', de Berrombambán
14 MARZO 2010

'Pressing Catch', de Berrombambán

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.

Horario: 20:00 Tamén o 21 de marzo de 2010. A compañía de teatro Berrombambán propón nesta ocasión unha obra para público adulto na que se vale do espectáculo do pressing catch para reflexionar sobre a sociedade actual. Autoría: Paula Carballeira Dirección: Quico Cadaval Escenografía: Pablo 'Pastor' Iluminación: Fidel Vázquez Vestiario: Clotilde Vaello Elenco: Hugo Torres, Paula Carballeira, Chiqui Pereira, Anabell Gago Vivimos na era do medo. Temos medo practicamente de todo; e o medo, ademais de limitar a nosa liberdade, núblanos o entendemento e fainos manipulables, bonecos nas mans das novas tecnoloxías, dos medios de comunicación, do poder. Non deixa de ser curioso que uns dos programas máis vistos nos últimos dez anos en diferentes televisións do planeta sexan os adicados á loita. Berrobambán pretende facer teatro do espectáculo do "pressing catch", tomando algunhas das súas convencións: os epítetos dos loitadores, a acrobacia, a música que os acompaña, pero introducindo variantes coma o coidado dos diálogos, a presenza feminina, e, sobre todo, a descontextualización da loita. Aínda que nas últimas montaxes de Berrobambán había unha especial atención ao público familiar a compañía aposta agora por un espectáculo para xente moza e adulta no que se reflexiona sobre determinadas circunstancias sociais que estamos a vivir.

Un bo rato con algúns ratos
14 MARZO 2010

Un bo rato con algúns ratos

📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

Horario : 12:30 O ciclo Escena en Familia achega unha nova sesión de contacontos con monicreques, que presenta a historia dun rato de biblioteca. Autor: Jorge Rey Idioma: galego Duración: 45 minutos Darío Abecé é un simpático rato de biblioteca que nos axuda a perde-lo medo ás treboadas con relatos de ratos poetas, pequenos, rabudos... Esta obra está dirixida a nenos e nenas de tres anos en diante.

Danza espectacular cos Cosacos do Don
14 MARZO 2010

Danza espectacular cos Cosacos do Don

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.

Horario : 18:30 Un ballet con oitenta compoñentes que funde lenda e tradición coa máis depurada calidade artística nunha actuación espectacular. Atención ao cambio de hora: a actuación será ás 18.30 h Con sede en Rostov do Don (Rusia), a compañía foi fundada en 1936, co obxectivo de preservar e difundir a cultura dos cosacos. A compañía está integrada por artistas que cantan, bailan, tocan instrumentos tradicionais e portan a extraordinaria riqueza dos vestidos e uniformes cosacos. Cosacos do Don é unha agrupación recoñecida por miles de espectadores de diversas xeracións e países, xa que de maneira continua, desde hai varias décadas, efectúa extensas xiras mundiais, nas que percorreron os Estados Unidos, Canadá, Corea do Sur, Francia, España, Alemaña, Bélxica, Italia, Brasil e Turquía.

'Las criadas' de Jean Genet
13 MARZO 2010

'Las criadas' de Jean Genet

📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34

Horario: -Sabado as 20:30H, 10 euros (desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xove e desempregados) -Domingo as 18:00H, 5 euros. Manuel Dueso dirixe esta versión da obra de Jean Genet. Seguindo unha indicación do autor, na montaxe os tres personaxes femininos son representados por homes, potenciando así o xogo teatral e afastando a obra de toda clave realista. Autoría: Jean Genet Dirección e adaptación: Manel Dueso Axudante de dirección: Manel Moncusí Tradución: Lluís Miquel Bennàssar e Manel Dueso Espazo sonoro: Bárbara Granados Espazo escénico: Manel Dueso e María De Frutos Deseño de luces: David Bofarull Deseño de vestiario: Miriam Compte Elenco: Isaac Alcayde, Oriol Genís e Xavier Pujolràs Nunha cerimonia perversa e chea de intriga, as irmás Clara e Solange representan alternativamente o papel da súa Señora. Así sae á luz o amor-odio que senten por ela e por si mesmas, á vez que expresan aquilo que cren que a Señora pensa das súas criadas. Novelista, poeta e dramaturgo francés, Jean Genet era fillo ilexítimo dunha prostituta. Foi sorprendido roubando á idade de dez anos e durante toda a súa mocidade e ata uns trinta anos despois tivo que enfrontarse a unha longa serie de procesos por roubo e prostitución homosexual. En 1947, ao levar xa dez detencións por roubo, foi condenado a cadea perpetua. Mentres estaba no cárcere, Genet escribiu e publicou varios libros e o seu crecente prestixio literario moveu a un amplo grupo de autores franceses a pedir a súa liberación, que finalmente foi concedida en 1948 polo presidente de Francia. Aínda que os seus escritos foron considerados ao principio pornográficos ao principio, Genet foi definido moi cedo como un existencialista preocupado polos problemas da identidade e a alienación, e foi recoñecido como un dos máis importantes escritores do século XX. En 1983 concedéuselle o Grand Prix National des Lettres, o premio nacional das letras francesas.

Roi Casal no ciclo Sons da Diversidade
13 MARZO 2010

Roi Casal no ciclo Sons da Diversidade

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.

Horario: 21:00H Roi Casal recolle, revisa e redefine as lendas douradas da cultura galega no seu primeiro traballo en solitario, Lendas douradas, que presenta en directo no quinto concerto do ciclo 2009-2010 de Sons da Diversidade. Un verso de Curros Enríquez dá título ao primeiro traballo en solitario do que fora durante case unha década arpista de Milladoiro. No seu disco Lendas douradas reúne unha ducia de cancións que mesturan sons que levan en Galicia dende antes da Idade Media, como o da zanfona e o da arpa, con matices pop do século XXI.

CONTO MUSICAL "ANIMALADAS"
13 MARZO 2010

CONTO MUSICAL "ANIMALADAS"

📍 TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO

Os profesores do conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela representarán o Sábado 13 de marzo ás 12 da mañá un conto musical que ten como finalidade amosar ós nenos e ás familias a variedade de instrumentos existente no mundo da música clásica dun xeito lúdico. O conto, escrito por Elena López Felpeto, trata de cómo un grupo de animais (representados polos diferentes instrumentos musicais) acompañados pola fada Marcelina se poñen mans á obra nunha viaxe polo mundo para salvar as desfeitas no planeta causadas pola contaminación.

I Canicross Arion-2ª manga Campeonato Gallego de Canicross
13 MARZO 2010

I Canicross Arion-2ª manga Campeonato Gallego de Canicross

📍 Granxa do Xesto (monte pedroso)- Santiago de Compostela

El Sábado 13 de Marzo se celebra el I Canicross Arion en Santiago de Compostela a partir de las 17:00. Es la segunda manga del Campeonato Gallego y se realizará en salida individual contrarreloj. La suma de tiempos de las dos mangas que componen el Campeonato dará como resultado los Campeones Gallegos en cada categoria. Informacion, contacto e inscripciones en acade.blogia.com y en asociacionacade.com

Cine Ciclo ‘Animaladas’: “Los Aristogatos”
13 MARZO 2010

Cine Ciclo ‘Animaladas’: “Los Aristogatos”

📍 Fundación Caixa Galicia Rúa do Vilar, 19.

Vuelve el clásico Disney de Los Aristogatos con el ciclo ‘Animaladas’. Una genial oportunidad para volver a disfrutar de esta obra de Wolfgang Reitherman, protagonizada por felinos. La cinta nos cuenta las peripecias que viven los gatos de una anciana de la nobleza parisiense, al ser el blanco de las malas intenciones del mayordomo de la mansión, obsesionado con la herencia de la excéntrica millonaria. Diferentes clases sociales, también en el mundo de los gatos, marcan el argumento del filme mostrándonos que todos somos iguales, pero con diferentes maneras de habitar el mundo y de entenderlo. Los pequeños podrán descubrir este clásico en las sedes de la Fundación Caixa Galicia.