Agenda
Sepultura en concerto
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
A Capitol acolle un concerto de catro bandas de metal, encabezado polos brasileiros Sepultura, e no que tamén actúan Crowbar, Hamlet e Armed For Apocalypse. Sepultura é a banda brasileira de metal máis coñecida internacionalmente. Foi creada en Belo Horizonte en 1984 polos irmáns Iggor e Max Cavalera. A súa música caracterízase pola diversidade das súas influencias, que van de diferentes estilos de metal ao hardcore, a música indíxena brasileira e outras músicas tribais. En 1996 acadaron un gran éxito internacional co álbum Roots. Despois dese álbum, o vocalista Max Calavera abandonou o grupo. Na actualidade a banda fórmana Derrick Green, Andreas Kisser, Paulo Jr. e Jean Dolabella.
Contos con Quico Cadaval
📍 Pub Atlántico Miguel, 9
Horario: 22:00 O narrador oral, amais de dramaturgo e director teatral, Quico Cadaval, achégase ata o pub Atlántico para facer gozar ao público co seu particular e divertido estilo de narración. Quico é un narrador escénico de prestixio internacional. Como dramaturgo e director teatral é responsable dalgunhas das producións teatrais de máis éxito no teatro galego, como Noite de reis (ou O que queirades), co Centro Dramático Galego.
Comeza o curso de danza contemporánea para avanzados con Kirenia Martínez
📍 Laboratorio de Movementos (Seis prazas por orde de inscripción no 659 888 709) Rúa do Medio (paralela a R. de San Pedro) 15, baixo
O movemento como recurso dramático e a investigación sobre o contacto e a improvisación son dúas das liñas que vertebran este curso orientado a profesionais e estudiantes avanzados das artes do movemento. A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases estables do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Formada na Escola Superior de Arte de La Habana. É cofundadora da Cía. Entremáns. Entre os seus últimos trabalos como bailarina e coreógrafa están A medio metro de lo vivido e GAME OVER. O curso desenvolverase ata o final de xuño, todos os martes e mércores de 11:30 á 13 horas.
Proxección de 'A noite que deixou de chover' e coloquio co seu director
📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.
En Arteria Noroeste desenvólvese unha nova cita do programa 'Cine por dentro: diseccionando filmes', coa proxección desta película galega rodada en Compostela, seguida dunha master-class co seu director, Alfonso Zarauza. Ficha artística: * Intérpretes: Luis Tosar, Nora Tschirner, Mercedes Sampietro, Chete Lera, Miguel de Lira Ficha técnica: * Dirección: Alfonso Zarauza * Guión: Alfonso Zarauza * Música: Piti Sanz * Fotografía: Carlos Arenal Datos técnicos: * Título orixinal: La noche que dejó de llover * Xénero: Drama-Comedia * País: España * Duración: 95 minutos * Ano: 2008 Spleen é un tipo pouco corrente que pasa as noites filosofando até o amencer na compaña dos seus amigos d'A taberna dos dramáticos, santuario bohemio ao que non falta nin unha noite dende hai anos. Logo de tres meses de choiva ininterrumpida, de súpeto esa noite para de chover. É daquela cando Spleen sae a mercar pan e conoce á rusa, unha rubia con floco na que materializa as súas ilusións. Xuntos iniciarán unha viaxe inesperada, tenra e surrealista a través da noite e do interior deles mesmos que transformará as súas vidas por completo…
Concerto benéfico SURVIVAL
📍 ULTRAMARINOS, Rúa Casas Reais, 34
Horario : 22.30 En todo o mundo existen 150 millóns de indíxenas que ven como a súa forma de vida, cultura e terra son destruidos e ameazados cada día. Madereiros, petroleiras e os propios gobernos dalgúns países son os perigos aos que se enfrontan. Survival traballa dende hai máis de 40 anos para darlle voz ás reivindicacións destes pobos e loitando polos seus dereitos humanos. Concertos benéficos como este que se celebra no Ultramarinos permiten a Survival obter financiación para as súas campañas e ao mesmo tempo seguir mantendo a súa independencia económica que se basea unicamente nas cotas de socios. Nesta noite actuará o grupo de jazz Xan Campos Trío. www.myspace.com/xancampos
Congreso internacional 'Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre nacionalidade'
📍 Consello da Cultura Galega Pazo de Raxoi, 2º andar.
Este congreso internacional reúne profesores universitarios, profesionais da xestión cultural e artistas de Galicia e Arxentina para reflexionar arredor da figura do intelectual galego Luís Seoane, do que este ano se cumpre o primeiro centenario do seu nacemento. Luís Seoane naceu en 1919 en Bos Aires (Arxentina) e faleceu en 1979 na Coruña, nas terras dos seus antepasados. A súa vida e obra estiveron consagradas á actividade cultural e artística, nun exercicio de dobre cidadanía, que o fixo sentirse membro das dúas patrias. Este congreso é a primeira das actividades promovidas pola Fundación Luís Seoane e o Consello da Cultura Galega durante o 2010 para celebrar o centenario do seu nacemento. O congreso pretende retratar a figura e as actividades creativas de Luís Seoane atendendo á súa dobre dirección territorial e cultural, entre a emigración e o exilio, entre as activas e diversas facetas como axente creativo e a construción dun proxecto cultural de intensa repercusión e influencia. Abrirase o día 6 ás 10 horas coa conferencia "Las Argentinas de Luís Seoane", a cargo de Beatriz Sarlo, profesora da Universidade de Buenos Aires, e finalizará o día 9 ás 17 horas na Fundación Luís Seoane, co relatorio "As Galicias de Luís Seoane", que pronunciará Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. Doutros aspectos do quefacer dunha figura poliédrica (artista, escritor, deseñador, comunicador) ocuparanse María Luísa Sobrino, Hernán M. Díaz, Xosé M. Núñez Seixas, Fernando Devoto, Luís Alberto Romero, Diana Wechsler, Rodrigo Gutiérrez Viñuales, Manuel Castiñeiras, Rosario Portela Yáñez, Arturo Casas, Xosé Luís Méndez Ferín, Xusto Beramendi e Antón Patiño. A asistencia está limitada a un máximo de cen persoas. A inscrición pode realizarse a través da web do Consello da Cultura Galega.
ATENCIÓN TSUNAMI
📍 Sala Moon, república Argentina, nº 35.
Horario : 22:00 ATENCIÓN TSUNAMI regresan a Galicia una año después de publicar El Lejano Oyente, su disco de debut. Lo hacen acompañados de uno de los grupos más originales del panorama nacional, WHY GO, con su flamante primer disco homónimo bajo el brazo.
Kenneth Weiss pecha o V Festival de Músicas Contemplativas
Horario: 20:00 O estadounidense Kenneth Weiss dirixe un cuarteto de órgano positivo, viola da gama e dúas sopranos no concerto que pecha a quinta edición do Festival de Músicas Contemplativas. Interpretará obras dos compositores barrocos franceses François Couperin, Jean-Henri D'Anglebert e Michel-Richard Delalande, no recital Leçons des Tenébres. Kenneth Weiss, órgano positivo e dirección Hasnaa Bennani & Camille Poul, sopranos Julián Leonard, viola da gamba Kenneth Weiss naceu en New York onde se graduou no instituto das Artes Escénicas. Licenciouse en música no "Oberlin Conservatory of Music" (USA) e continuou os seus estudos xunto a Gustav Leonhardt no Sweelinck Conservatorium de Amsterdam. De 1990 a 1993 foi o asistente musical de William Christie e Les Arts Florissants, participando en numerosas gravacións e producións operísticas. Desde entón centrouse nos recitais de clave e música de cámara barroca, actuando nun gran número de festivais de todo o mundo, entre eles Nüremburg, Montpellier, Dijon, Innsbruck, Saintes, Lanaudière, Estrasburgo ou Ambronay. Kenneth Weiss actua como solista xunto a Fabio Biondi e Europa Galante e xunto ao Collegium Vocale Ghent dirixido por Philippe Herreweghe e desde 2005 realiza numerosos recitais de J. S. Bach xunto a Fabio Biondi, no Festival Aix en Provence, e no Théâtre da Ville de Paris, entre outros. En colaboración coa coreógrafa Trisha Brown, Kenneth Weiss é director musical do M.O., ballet da obra Musical Offering de Bach, cuxa primeira representación tivo lugar na Monnaie de Bruxelas. En 1999 foi invitado por William Christie para dirixir Les Arts Florissants en Doux Mensonges polo coreógrafo Jiri Kylian na ópera de Paris, unha produción que desde entón se representou dúas veces máis, en marzo de 2001 e febreiro de 2004. Kenneth Weiss foi co-director xunto a William Christie do programa de Les Arts Florissants Jardin des Voix en 2002, 2005 e 2007. Actualmente é profesor no Conservatorio de Paris e foi nomeado recentemente profesor de clave na Julliard School of Music de New York.
Parissa no Festival de Músicas Contemplativas
📍 Hostal dos Reis Católicos (Capela do Hostal dos Reis Católicos)
Horario : 20:00 A vocalista iraniana Parissa presenta un recital de música e poesía persa. O repertorio clásico da música persa está formado por pezas que máis que obras en si, son fórmulas modais melódico-rítmicas sobre as que a intérprete improvisa. Por iso, unha mesma peza tocada ata polo mesmo músico nun mesmo concerto será diferente na súa melodía, forma, duración e impacto emocional. Parissa nace en 1950 en Shahsavar. Traballou a voz co seu pai, quen tivo moita importancia na súa educacion musical. Foi alentada a participar en varios concursos musicais onde atopou ao seu mestre, Mahmood Karimi ensinándolle música Persa (Dastgah, e Radif ) e presentándoa ao Ministerio de Cultura e Arte para actuacións profesionais, cantando en festivais tanto de Iran como do estranxeiro para presentar a tradición musical persa. En 1973, empeza a traballar no Centro de Conservación e Diseminación da Música fundado e dirixido por Dr. Daryoosh Safvat, e continua dando concertos por toda Europa. Durante estes anos concéntrase na interpretación de antigas cancións populares e tradicionais baixo a dirección do mestre Davami. As súas actuacións neste período tiveron lugar no Festival de Arte de Shiraz, a Television Iraniana, a Universidade de Teheran, Bagh Ferdows Hall, City Theatre, Artes tradicionais asiáticos organizado pola Fundación de Xapón. Tras a Revolución de 1978-1979, tivo que parar as súas actividades culturais. Con todo, en 1980, o Centro de Conservación e Difusión da Música solicítaa de novo para dar clases de canto persa para mulleres (xa que non se permitía que as mulleres tivesen actividades musicais e sobre todo que cantasen), proposición que acepta, xa que pensa que non a podía rexeitar. Traballa con eles ata 1995, ano en que, por primeira vez desde o principio da Revolución, decide marcharse do seu país para actuar en varios países de Europa, onde foi unanimemente aclamada. Á súa volta, deixa de traballar co Centro de Conservación e Difusión de Música para comezar a impartir clases privadas de música e para poder viaxar e cantar por todo o mundo.
Il Suonar Parlante no Festival de Músicas Contemplativas
📍 San Martiño Pinario Praza da Inmaculada s/n
Horario : 22:00 O grupo italiano Il Suonar Parlante presenta o programa Lamentos para a Paixón na Alemaña de Bach, no que soarán composicións de músicos xermanos dos séculos XVII e XVIII: J, Rosenmüller, C. Geist, D. Buxtehude, M. Weckmann, H. Bach e o propio J. S. Bach. Vittorio Ghielmi, director Graciela Gibelli, soprano Carlos Mena, contratenor Fulvio Bettini, baixo Il Suonar Parlante. Esta expresión, inventada por Nicolo Paganini, refírese a unha técnica de emisión de son especial grazas á cal os instrumentos musicais poden realmente imitar a voz humana. Esta técnica sobreviviu nalgunhas zonas de Europa e de fóra de Europa e é esencial na nova interpretación do noso patrimonio de música antiga. Desde fai uns anos a colaboración entre destacados solistas, dirixidos por Vittorio Ghielmi na formación de "Il Suonar Parlante", está axudando a revivir a imaxe destes sons, así como un enorme labor en producións artísticas, seminarios, congresos e a xestión dunha colección de documentos ((International Academy of Ancient Music, Milano; Hochschule Weimar; Conservatorio Superiore della Svizzera Italiana etc.). O ensemble creado por Ghielmi, Il Suonar Parlante, dedícase á investigación do repertorio antigo, e tamén á formación dunha nova realidade musical: colaborou con jazzistas como Kenny Wheeler, Uri Caine, Jim Black, Don Byron, Markus Stockhausen, Ernst Rejiseger, e cantautores como Vinicio Capossela, músico de tradición extraeuropea.
Monâjât Yultchieva no Festival de Músicas Contemplativas
📍 Igrexa da Universidade Praza da Universidade, s/n.
Horario : 23:55 Monâjât Yultchieva é a cantante máis famosa de Uzbekistán. Co seu amplo rexistro e rica tonalidade, que lle permite interpretar cancións que tradicionalmente estaban reservadas a voces masculinas, recuperou e puxo en valor o patrimonio musical uzbeko relacionado co sufismo. Monâjât Yultchieva naceu en 1960 nun kolkhoz do Val de Fergana, de pais campesiños. A súa meteórica carreira levouna a dar numerosos recitais en Asia Central e por todo o mundo, incluída Rusia, o Festival de Música Sacra de Fez e en París no Théâtre de la Ville. Considerada como un fada boa que devolveu á vida ás vellas cancións, a cantante máis famosa de Uzbekistán reparte o seu tempo entre concertos e a súa actividade docente no Conservatorio. O nome de Monâjât Yulchieva, a estrela máis brillante da escena musical clásica contemporánea de Uzbekistán, significa "ascensión a Deus", que reflicte a verdadeira esencia do Sufismo. Tamén representa o concepto sufista do sil-sila, a continuidade da cadea espiritual, como o gardián da tradición musical que lle foi transmitida polo seu murshid (profesor e mentor) espiritual e musical Shavkat Mirzaev. Esta tradición centenaria resistiu toda sorte de presións políticas e culturais. Na actualidade, Shavkat Mirzaev e Monâjât Yulchieva executan con frecuencia os ghazales sufistas de Alisher Naval, Fisuli, Mashrab, Huvaydo e outros grandes poetas do pasado, cuxos traballos foran silenciados. Os cantos clásicos uzbekos están próximos á tradición sufista, segundo a cal a música é unha forma de achegarse a Deus, paso a paso, para superar os obstáculos … ata alcanzar o sama, o triunfo da perfección. Monâjât Yulchieva e Shavkat Mizaev interpretan moi a miúdo os ghazales sufistas de Alisher Navai, Fisuli, Mashrab, Huvaydo e outros grandes poetas do pasado, reprobados durante moito tempo. Monâjât encarna a herdanza espiritual do canto clásico. A súa graza austera é o reflexo desta dignidade que forma parte do canto clásico awj e do seu magnífico estilo sobrio. Aínda que esta delicada e complexa música só pode apreciarse totalmente a través do coñecemento das súas implicacións relixiosas, Monâjât Yulchieva axudou a que gañase un seguimento considerable en Uzbekistán e fóra das súas fronteiras.
Helsinki Baroque Orchestra no Festival de Músicas Contemplativas
📍 San Martiño Pinario Praza da Inmaculada s/n
Horario:20:00 A Helsinki Baroque Orchestra, coa dirección de Aapo Häkinen e Teppo Lampela como contratenor, ofrece o recital Jubilate Domino: O barroco dos países bálticos, no que soará música da segunda parte do S. XVII das zonas bálticas, da colección de Uppsala Düben. Helsinki Baroque Orchestra, fundada en 1997 está composta por unha nova xeración de músicos finlandeses de moita calidade, que gozan ofrecendo concertos de música antiga con interpretacións moi frescas. O uso de instrumentos de época conxuntamente coa interpretación de antigas obras mestras, permite á Helsinki Baroque Orchestra descubrir unha forma de comunicarse hoxe en día. Aapo Häkinen incorpórase como director da Helsinki Baroque Orchestra en 2003. O seu gran traballo dotou á orquestra dun estilo de interpretación moi definido, polo que a converteu nun dos ensembles máis importantes de Finlandia. A Helsinki Baroque Orchestra ofreceu concertos, entre outros no Wigmore Hall de Londres, ou no Kölner Philharmonie de Köln, así como nos Festivais Helsinki, Vantaa, Sotckholm, Bruges, Bayreuth, Dresden, Palermo, Brezice, Zagreb e Varna. Varios solistas e directores invitados como Enrico Baiano, Patrick Gallois, Reinhard Goebel, Monica Groop, Paul Hillier, Manfredo Kraemer, Riccardo Minasi e Skip Sempé son colaboradores habituais da Helsinki Baroque Orchestra.