Portal de tu Ciudad Alta
← Santiago de Compostela

Agenda

'Xentes', pinturas e tintas de Isaac Díaz Pardo
14 ABRIL 2010

'Xentes', pinturas e tintas de Isaac Díaz Pardo

📍 Galería de Arte Contemporánea José Lorenzo Praza do Toural, 9 1º

Una exposición en el que el intelectural galleguista muestra 15 obras de su propiedad, en las que muestra su compromiso con Galicia, mediante la representación de gentes del pueblo, personas anónimas, muestras del colectivo labrador y de masas alporizas.

Recital de Cecilia Bartoli
14 ABRIL 2010

Recital de Cecilia Bartoli

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.

Horario:  21:00 Entradas : Caixa Galicia Oquestra La Scintilla A cantante lírica máis coñecida do mundo visita por primeira vez Galicia. Cecilia Bartoli logrou coa súa última gravación, Sacrificium, colarse entre os primeiros postos das listas de ventas en competición cos ases do pop. Cecilia Bartoli, mezzosoprano Orquestra La Scintilla O fascinante mundo dos castrati. Arias de óperas de Hasse, Graun, Vinci, Porpora, Leo… En Santiago interpretará unha selección de arias de óperas de autores como Porpora, Vinci o Hasse, que se plegaron no seu día ós increíbles recursos vocais dos "castrati". Bartoli colabora coa sua orquestra habitual, La Scintilla, que a acompañará en moitos dos seus esperados concertos.

CORCOBADO
14 ABRIL 2010

CORCOBADO

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.

Horario: 21:30 Músico de culto, poeta e editor de soños, Javier Corcobado presenta novo disco en 2009. Excesiva e arriscada, a súa música evolucionou ao longo de distintas etapas, todas elas co denomindor común do compromiso. A Nadie foi gravado en México no verán do 2008 e editado en xaneiro de 2009 por PIAS Records e vén de recibir o Premio ao Mellor Disco de Rock Alternativo nos Premios da Música 2010. Desde marzo está en xira por España, acompañado da súa banda con piano, saxo, sintetizador, guitarra, baixo e batería. Esta é, sen dúbida, a obra máis atrevida e serena deste artista que provoca sorpresa, emoción, poesía e sonoridades inusuais sobre os escenarios.

Tertulia cultural sobre o Día das Letras Galegas
14 ABRIL 2010

Tertulia cultural sobre o Día das Letras Galegas

📍 Dado-Dadá Rúa Alfredo Brañas, 19

Horario: 20:00 A revista de pensamento e cultura Tempos Novos organiza unha nova tertulia cultural, que nesta ocasión se pregunta sobre o valor do Día das Letras Galegas como forma de promoción da lingua e a literatura galegas. Está a celebración do Día das Letras Galegas a devir unha conmemoración excesivamente institucional e afastada da sociedade? Que fórmulas poderían artellarse para facer desta necesaria homenaxe unha festa participativa e con continuidade todo o ano? Está a devir unha mera escusa comercial para editoras e produtoras culturais que cubren durante un ano a inconstante demanda de administracións locais e educativas? Estas son algunhas das cuestións que serán abordadas na tertulia polo editor Manuel Bragado; a escritora e profesora Mercedes Queixas; o dramaturgo, membro da RAG, Euloxio R. Ruibal; o técnico de normalización lingüística Nel Vidal ou a bailarina Branca Novoneyra, filla do homenaxeado deste ano, Uxío Novoneyra.

O segredo dos Hoffman
14 ABRIL 2010

O segredo dos Hoffman

📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.

Horario : 21:00 A compañía de Ernesto Chao e Rosa Álvarez pon en escena esta peza baseada na novela de Alejandro Palomas, que nos achega a un reencontro familiar. Autor: Alejandro Palomas Dirección: Rosa Álvarez Adaptación: Roberto Salgueiro Escenografía: Equipo Errol Son: Pórtico de Comunicación Iluminación: Alfonso Parra Vestiario: Saturna Música: Fran Pérez "Narf" Elenco: Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constenla, Rebeca Montero Catro membros dunha familia, rota por un segredo oculto durante anos, reúnense con motivo do falecemento da avoa Constanza. Os seus recordos, soños e anhelos describen un universo pechado, de enorme carga emotiva, nun texto coral que debulla unha historia intensa e envolvente.

'Noche de reyes' no Festival de Teatro Universitario
14 ABRIL 2010

'Noche de reyes' no Festival de Teatro Universitario

📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34

Horario : 21:00 O Festival Internacional de Teatro Universitario programa esta versión da obra de William Shakespeare, interpretada polos alumnos de 4º A de Interpretación da Escuela Superior de Arte Dramático y Profesional de Danza (ESAD) de Asturias. A adaptación do texto é de Miguel Cegarra, e Francisco Pardo encárgase da dirección.

Proxección de 'Historias domésticas' e 'Pode a dialéctica romper ladrillos'?
14 ABRIL 2010

Proxección de 'Historias domésticas' e 'Pode a dialéctica romper ladrillos'?

📍 Cineclube de Compostela Rúa Santa Clara, 21

Horario : 21:30 O Cineclube Compostela continúa o seu ciclo sobre a metraxe encontrada e a reutilización do material cinematográfico con dúas producións alemana e francesa que reaproveitan material de filmes de Hollywood e de kung-fu chinés respectivamente. * Historias domésticas. (Home Stories, Matthias Müller / Dirk Schaefer, Alemaña, 1990, 6', VO) * Pode a dialéctica romper ladrillos?. (La dialectique peut-elle casser des briques?, René Vienet / Kuang-chi Tu, Francia, 1973, 90', VOSG) A curtametraxe de Müller e Schaefer Historias domésticas é un collage de escenas de melodramas hollywoodianos dos 50 e 60. A montaxe fai que os movementos das actrices semellen unha coreografía mentres o filme xoga cos estereotipos do xénero e mostra o papel das mulleres como obxecto 'voyeurístico' do filme. No filme Pode a dialéctica romper ladrillos? René Vienet reapropiase das imaxes do filme de kung-fu chinés A aglomeración , de Kuang-chi Tu, no que os loitadores de taekwondo coreanos opostos ao invasor xaponés viran proletarios que tentan vencer a burocratas violentos e corrompidos por medio da dialectica e o subxectivitismo radical.

Curso de movemento corporal para actores e actrices
14 ABRIL 2010

Curso de movemento corporal para actores e actrices

📍 Berrobambán Teatro (Oito prazas dispoñibles) Avenida de Lugo, 12 baixo

Horario: Miercoles 19:30 - 21:00 Berrobambán ofrece esta primavera una oportunidad para actores y actrices de conocer mejor las posibilidades dramáticas de su cuerpo, en un curso de formación de tres meses. David Loira trabajará el cuerpo como herramienta interpretativa partiendo del concepto de danza como forma de expresión a través del movimiento, experimentando con juegos y ejercicios de acondicionamiento físico. Loira es licenciado en Ciencias de la Actividad Física y del Deponerte por la Universidad de la Coruña, y tiene también formación en teatro, clown y comedia de'll arte. ES también acróbata, y en el 2005 creó con Rut Balbís la compañía de danza contemporánea Pisando Huevos.

Actuación de Ángeles Dorrio Quartet
13 ABRIL 2010

Actuación de Ángeles Dorrio Quartet

📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

Horario: 21:00 A cantante ferrolá Ángeles Dorrio, influenciada por Erikah Badu, Whitney Houston e Rachelle Ferrell, encabeza o seu cuarteto neste concerto do ciclo Arteria Jazz. Ángeles Dorrio, voz Sergio Delgado, piano Miguel Cabana, batería Octavio Vargas Novoa, baixo Ángeles Dorrio conta con dilatada experiencia en formacións galegas de jazz e soul, é colaboradora habitual na formación de Carmen Rey e integrante do grupo de acid-jazz Venueconnection, entre outros traballos. Ángeles Dorrio Quartet practica un jazz renovado que bebe especialmente das fontes negras do soul ou o R&B contemporáneo. Completan o cuarteto a base rítmica dos coruñeses Miguel Cabana e Octavio Vargas e o piano do cubano Sergio Delgado.

Concerto de Diego Massimini
13 ABRIL 2010

Concerto de Diego Massimini

📍 Casa das Crechas Vía Sacra, 3.

Horario : 22:30 O músico arxentino Diego Massimini cultiva todas as facetas da música como intérprete, compositor e arranxista. Nestas distintas vertentes colaborou con máis dunha vintena de artistas, entre eles, Rogelio Botanz, Larry Jean Louis, Ismael Serrano, La Habana Abierta, Fito Paez, Andrés Molina ou Luis Pastor. Instalado nas Canarias dende principios dos anos noventa, trouxo na maleta a influencia da Nova Canción Latinoamericana, polo que nos seus concertos toca cancións de toda a vida, ademais dos seus propios temas. Tratado del escondite é o seu último disco.

Inauguración da mostra 'Caracteres herdados de Confucio'
12 ABRIL 2010

Inauguración da mostra 'Caracteres herdados de Confucio'

📍 Igrexa da Universidade Praza da Universidade, s/n.

Horario: 14:00 Exposición formada por 25 obras que se achegan á tradición milenaria da China a través de pintura abstracta de carácteres chineses do artista Liu Daxuan. A mostra poderá visitarse ata final de mes. Liu Daxuan (Chongqing, 1939) recibiu formación en pintura tradicional china e occidental, primeiro na Escola Secundaria adscrita ao Instituto de Belas Artes de Sichuan e, posteriormente, no mesmo Instituto. Ata 1999 traballou na Televisión Nacional de China (CCTV), ocupando cargos importantes como coreógrafo e editor artista sénior. Ata en oito ocasións foi escenógrafo da Gala da Festa de Primavera, a máis importante e de máis audiencia televisiva no seu país. Foi membro e instrutor, respectivamente, dos xurados académicos da CCTV e dos Premios de Artes Cinematográficas de Feitian e Jinying. Ademais, foi académico de Artes Televisivas e creador e director de distintas asociacións de pintores e de artes plásticas. Na actualidade é vicepresidente da Asociación de Pintores da Administración Nacional de Radio e Televisión de China e vogal do Instituto de Pintura ao Óleo de Beijing. En 1999 xubílase,e a súa vida toma un xiro importante ao entregarse totalmente á creación de cadros abstractos, Aínda que se basea na estética oriental, Liu Daxuan mira tamén cara a occidente, onde repara sobre todo na obra de Picasso, Miró e Dalí, dos que toma o colorido emocionante, que mestura cunha concepción profundamente arraigada na cultura china. Isto confire á súa produción un carácter singular e, asemade, ideas, técnicas e forzas expresivas de grande axilidade. Liu Daxuan pinta sobre papel de arroz Xuan Zhi, e inspírase nos seguintes sete temas: o ser humano, o deus e o obxecto; as cancións bucólicas dos tempos remotos; os carácteres chinos inscritos nos ósos oraculares dende 1400 a 1200 a.c.; a infinita maxestuosidade; o globo en todas as lonxitudes e latitudes; o ceo e a terra en branco e negro, e a cultura Dongba e o seu exotismo.

Conferencia de Javier Zaragoza
12 ABRIL 2010

Conferencia de Javier Zaragoza

📍 Fundación Caixa Galicia Rúa do Vilar, 19.

Horario : 20:00 O fiscal xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza, ofrece unha conferencia sobre 'Resposta xudicial ante a delincuencia organizada', dentro das actividades dos 'Luns do Ateneo'. Javier Zaragoza Augado naceu en 1955 en Alcorisa (Teruel). En 1982 ingresou na Carreira Fiscal e ocupou diversos cargos en Guipúzcoa e en Madrid. Foi xefe da Fiscalía Antidroga de abril de 2005 a maio de 2006, e ese mes foi nomeado fiscal xefe da Audiencia Nacional desde maio de 2006, cargo que ocupa na actualidade. É membro da Unión Progresista de Fiscais (UPF).