Agenda
'O jornalista da vossa beleza' no Festival de Teatro Universitario
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
Horario : 21:00 O Teatro Universitário do Minho, en activo desde hai vinte anos, presenta esta obra creada a partir de poemas de João Negreiros, que o ano pasado obtivo o Premio Internacional de Poesia Off Flip de Literatura 2009.
Meson Rio Ulla - A gaiola FS
📍 Pabellón Quiroga Palacios
Encuentro correspondiente al campeonato de copa femenino organizado por la Asociación de Veteranos de Santiago. El encuentro tendrá lugar a las 10: 45
BRANCA NOVONEYRA
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
Horario: 20:00 Dirección e coreografía: Kirenia Martínez. Interpretación e textos: Branca Novoneyra. Música: Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada. Vestiario: Nieves Sierra. Duración: 30 minutos. Game Over é unha peza na que a bailarina Branca Novoneyra, autora do libro Dentro do Labirinto publicado en Espiral Maior, traza un percorrido seguindo a orde dos poemas que o lector atopa na obra. A coreógrafa Kirenia Martínez dirixiu esta viaxe na que a escritora entra dentro do seu labirinto transformado nun videoxogo. Nel, a intertextualidade entre o movemento e a poesía chegan ó límite buscando unha saída. Kirenia Martínez é coreógrafa, bailarina e actriz. Formouse na Escola Nacional de Arte de La Habana. Participou en numerosos proxectos e festivais de carácter internacional. Integrante da Cía. Entremáns, foi bailarina de Danza Teatro Retazos (Cuba) e do Centro Coreográfico Galego. Ven de dirixir Kyra, o proceso de investigación coreográfica que pechou a última tempada do Centro. Branca Novoneyra é bailarina e coreógrafa. Posgraduada en Arte Dramático pola Universidade de Santiago de Compostela e Diploma de Estudios Avanzados en Didáctica da Educación Artística pola Universidade de Granada. Dende o 2002 colabora con poetas, músicos e vídeoartistas en proxectos interdisciplinares. No 2008 estrea Nexus 6, primeiro longo que dirixe.Escribe para diferentes revistas especializadas sobre historia e poética da danza. No 2009 publica en Espiral Maior o poemario Dentro do Labirinto.
Festival de Zarzuela coa Banda Municipal
Horario : 12:00 A Banda Municipal de Música celebra o Festival de Zarzuela cun programa no que se interpretarán La Pícara Molinera (intermedio) de P. Luna, La Pícara Molinera (fantasía) de P. Luna, Cantar, reir y bailar de M. San Miguel, El barberillo de Lavapiés de F. A. Barbieri, El Bateo de F. Chueca, El Caserío de J. Guridi e La Revoltosa de R. Chapí. A Banda Municipal é unha das máis antigas de Galicia, xa que se formou en 1849. Na actualidade conta con 38 compoñentese e entre as súas actividades destacan os concertos dominicais, os de verán e os didácticos.
'Romeo y Julieta' no Festival de Teatro Universitario
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
Horario: 21:00 O grupo In Vitro, da Universidad de Jaén, presenta unha nova versión da célebre obra de Shakespeare, na penúltima xornada do XVI Festival Internacional de Teatro Universitario.
Ilegales en concierto
📍 Sala Capitol, Santiago de Compostela
Este sábado Ilegales darán un concierto en la Sala Capitol a partir de las 21:30. Puntos de venta de entradas anticipada: - www.ticketmaster.es - Discos Gong - Centros Carrefour - Fnac - Tiendas Tipo - Halcón Viajes
Presentación do traballo desenvolvido no obradoiro de Teatro do Oprimido
📍 Biblioteca Caixa Madrid Rúa das Casas Reais, nº 14
Horario : 21:00 Nesta sesión presentarase a terceira edición deste obradoiro dirixido por Nuno Silva, e que se desenvolverá ao longo do venres 16 e sábado 17. O Teatro do Oprimido é un sistema de xogos e técnicas teatrais específicas dirixido a calquera persoa, sen que sexa necesariamente un actor.
'Contos de animais para os máis pequenos' con monicreques
📍 Gracia San Silvestre, 6
Horario: 19:00 O Centro Sociocultural A Gracia acolle esta función de Títeres Cachirulo na que mesturan contos clásicos e historias novas cos animais como protagonistas para introducir os nenos e nenas nun mundo imaxinario no que ir descobrindo pouco a pouco as semellanzas que comparten con nós.
Curso 'O intérprete diante da cámara'
📍 CSC Ensanche Frei Rosendo Salvado, 14-16
Horario: 19:30 - 21:30 O CSC O Ensanche organiza este curso de interpretación dentro do programa Escena-Club de Teatro. O actor Nathan Carter introducirá aos participantes nas últimas técnicas de actuación diante da cámara.
'Sálvese quen poida', de Lito Portela
📍 Metro Arte Contemporánea Rúa Nova, 24
El artista pontevedrés Lito Portela muestra algunos de sus últimos trabajos escultóricos. Las piezas toman como referente el orgánico, especialmente el ligado al mar, dando como resultado estruturas esenciales en las que prima el color y la luz.
PISANDO OVOS
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
Horario: 21:30 Interpretación: Janet Novás, Andrea Quintana, Rut Balbís. Dirección: Rut Balbís. Escenografía e iluminación: Afonso Castro. Son: David F. Vieites. Vestiario: Pisando Ovos. Pisando Ovos é unha compañía de danza contemporánea creada no 2005. A súa primeira obra é N8 0HX, estreada en Vigo no Teatro Ensalle no festival Isto Ferve do ano 2005 e seleccionada pola Rede de teatros e salas Alternativas no 2006. No 2007 estrean dous espectáculos máis: No intre 1800 e 30000, este último coproducido polo Centro Coreográfico Galego e dirixido por Damián Muñoz. No 2008 a compañía recibe o 1º premio no Certamen Coreográfico de Madrid cun extracto da súa peza No intre 1800. Pisando Ovos é compañía residente do Teatro Ensalle de Vigo. O tema de investigación desta peza é a muller, as mesmas intérpretes. Pero non existe a necesidade de reinvindicar o seu sexo, nen defender ou criticar ningún aspecto social ou histórico da muller, simplemente queren xogar co encontro de tres persoas, de tres mulleres que son condicionadas pola súa sexualidade á vez que das súas experiencias persoais sobre ela. Provocar encontros e desencontros das tres coas súas individualidades e os seus puntos en común. Un mundo por descubrir que se irá abrindo a medida que o proceso avance rescatando historias persoais e outras máis comúns.
Obradoiro de Teatro do Oprimido
📍 Biblioteca Caixa Madrid Rúa das Casas Reais, nº 14
Horario: De 10 a 14 h e de 16 a 20 h Terceira edición deste obradoiro dirixido por Nuno da Silva. O Teatro do Oprimido é un sistema de xogos e técnicas teatrais específicas dirixido a calquera persoa, sen que sexa necesariamente un actor. Esas técnicas axudan a usar unha linguaxe teatral, que permite a través dunha análise do pasado, a comprensión do presente, posibilitando a presentación de novas propostas para un futuro máis xusto. Os obxectivos que se buscan son profundizar no coñecemento sobre os principios e diferentes formas de Teatro do Oprimido, nomeadamente o Teatro da Imaxe, e traballar sobre o modelo de espectáculo de teatro fórum. Tentarase construír un espectáculo de raíz sobre un tema escollido polas persoas participantes: técnicas de ensaio, personaxes, estrutura do espectáculo...