Agenda
Música de cámara cun cuarteto de corda
📍 Facultade de Xeografía e Historia (Paraninfo da Universidade) Praza da Universidade s/n
Horario :20:30 O ciclo de Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia 2009-2010 continúa con este recital no que o cuarteto de cordas formado por Rycel, Oltai, Sadykov e Switalska interpreta composicións de Beethoven e Shostakovich. Michal Ryczel, violín Ildikó Oltai, violín Timur Sadykov, viola Barbara Switalska, violonchelo L. v. Beethoven, Cuarteto de corda nº 2, en Sol M, op. 18 D. Shostakovich, Cuarteto de corda nº 2, en La M, op.68
'As cuñadas' no Festival de Teatro Universitario
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
Horario : 21:00 O XVI Festival Internacional de Teatro Universitario ábrese con esta comedia ácida onde as cousas non son o que semellan, ou semellan ser outra cousa. Autoría: Michel Tremblay Dirección: Roberto Salgueiro Deseño do espazo escénico, figurinos e iluminación: Roberto Salgueiro Arranxos musicais: Fernando Cabo Ambientada nun caloroso mes de maio de 1977 na cidade da Coruña, ten como personaxe principal a Amalita García, quen é premiada cun millón de cupóns Spar, cos que poderá solicitar todos os regalos do catálogo deste centro comercial. Co fin de pegar os cupóns reúne na súa casa a veciñas, cuñadas e familia, e nesta xuntanza, rodeadas de gaseosas, coca colas e vaixela Duralex, as mulleres falarán das súas preocupacións, dos seus desencontros e das súas esperanzas.
Xacobeo Blu:sens - Meridiano Alicante
📍 Mexillón Arena, Fontes do Sar
Horario: 12:30H
SD A Gaiola - Exc. Sta. María de Lamas
📍 Quiroga Palacios (Conxo)
Último partido de liga del futbol sala femenino organizado por la Asociación de Vetaranos de Santiago. El encuentro se disputará a las 10:00 de la mañana
III Festival Conéctate
Horario : 19:30 A Asociación Parkinson Compostela organiza este festival que ten por obxectivo recadar fondos para a asociación. Estará presentado pola xornalista Inés Dopazo, e contará co humor de Mucha e Nucha, a música de Vaamonde, Lamas & Romero e os números circenses de Pista Catro.
Super8
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
Horario: 18:00 A compañía luso-galega Voadora, con sede en Santiago de Compostela, coproduciu co Centro Dramático Galego esta peza sobre a memoria. Teatro, música en vivo, danza e maxia únense nun espectáculo onde os intérpretes se debaten entre a obsesión de recordar e a importancia de esquecer. Autoría: Voadora Dirección: Marta Pazos Asistente de dirección: Anabell Gago Apoio dramaturxia: Roberto Leal Colaboración dramaturxia: Natalia Outeiro Pajarito e Afonso Castro Espazo escénico: Sandra Varela Deseño de luces: Baltasar Patiño Música orixinal: Hugo Torres e Jose Díaz Elenco: Jose Díaz, Marta Pazos, Hugo Torres, Uxia P. Vaello e Sergio Zearreta Se os primeiros amores e os primeiros bicos seguen existindo só porque nós os lembramos, e de feito esta é a súa única existencia, entón todo o vivido vén ser unha novela en fase continua de corrección, un relato permanentemente reescrito. O mundo non existiría sen a memoria, en realidade, só existe a memoria. Non hai futuro, o presente pasa a ser memoria no instante seguinte, e un dos grandes descubrimentos deste século é o papel transcendental da memoria na configuración da nosa vida. A pegada que deixa no inconsciente unha experiencia individual en forma de recordo insírese no noso hardware. Por iso dicimos que estamos programados para ser únicos, e as nosas decisións van ser o resultado non só da xenética cerebral, senón das pegadas deixadas pola nosa experiencia individual. A memoria non é tan só un xigantesco almacén, senón un prodixioso disco duro, que nos dota de identidade e nos fai absolutamente únicos. En Super8 cuestiónase o papel da memoria e os seus mecanismos na nosa identidade. Voadora Con sede na cidade de Santiago de Compostela, a plataforma de creación Voadora xorde no verán de 2007 da vontade de potenciar a creación artística e o intercambio cultural entre creadores da área lusófona. A compañía pretende crear en cada proxecto un espazo activo de traballo onde os artistas poidan crear, investigar, reflexionar e debater sobre temas de carácter universal buscando nexos comúns xeracionais, estéticos, emocionais e artísticos, avogando por un achegamento -ao que eles se refiren como 'so far so close'- entre Galicia e Portugal. Voadora acolle propostas que utilizan a multidisciplinariedade de linguaxes e conxugan as diferentes sensibilidades da paisaxe escénica actual. O equipo formado por mozos creadores de diferentes disciplinas artísticas traballa na xestación de proxectos escénicos baseados na experimentación, o xogo e a busca de novas linguaxes. O seu primeiro espectáculo PeriFeria (2008), acadou o apoio do CDG e da AGADIC, así como unha residencia artística en Novo Ciclo-Teatro Acert de Tondela (Portugal). No ano europeo do diálogo intercultural, a fundación Euro-Mediterranea Anna Lindh escolleu o espectáculo como unha das '1001 Actions for Dialogue'.
JOSELE SANTIAGO E PABLO NOVOA
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
Horario : 20:00 Josele Santiago é compositor, cantante, letrista e guitarrista. Esa é a súa profesión e dedicado a isto leva vinte anos. Primeiro foi con Los Enemigos, banda que publicou catorce discos en dezasete anos de vida, e agora coa súa carreira en solitario, con tres discos publicados ata o momento: Las golondrinas etcétera (2004), Garabatos (2006) e Loco encontrao (2008). O traballo demostrou que o modelo de castizo crooner que se inventou ao comezar en solitario era un traxe feito á súa medida. Josele é un desess escasos ejemplos de artista persoal, imaxinativo e honesto, que emana pureza e coerencia. Un tipo que se fixo unha carreira intachable que, con cada referencia e tamén con cada actuación ao vivo vaise elevando á categoríaa de exemplar. Pablo Novoa incorporouse como guitarra ao grupo vigués Golpes Bajos, no que estivo ata a súa disolución en 1986. En 1993 incorporouse ao grupo La Marabunta, no que participou ata 1997. Entre 1998 e 1999 foi responsable da dirección musical do programa Xabarín Club da TVG. A partir de entón, dedicouse á produción e á colaboración con outros músicos, así como á composición de varias bandas sonoras, destacando a curtametraxe Pamela e a longometraxe Incautos. En 2003 publicou o seu primeiro disco en solitario Novoa cruza el Atlántico no selo Subterfuge Records. Os dous aniñan a cotío por Malasaña e as toman no bar de Nacho Mastretta, na Calle del Pez. Colaboraron en varios discos e centos de concertos. Agora crúzanse de novo e deciden compartir furgoneta. Que van tocar? O que lles saia das guitarras. Pero será bó, de certo.
A Banda Municipal interpreta aos compositores rusos
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
Dentro do ciclo de Grandes Compositores, a Banda Municipal de Música adicará un concerto aos compositores rusos. A agrupación interpretará Danzas Guerreiras do Príncipe Igor de A. Borodin, A Grande Pascua Rusa de N. Rimski-Korsakov, Stemka Razin de A. Glazunov e Boris Goudunov de M. Moussorgsky. A Banda Municipal é unha das máis antigas de Galicia, xa que se formou en 1849. Na actualidade conta con 38 compoñentese e entre as súas actividades destacan os concertos dominicais, os de verán e os didácticos.
Monicreques con 'A pequena Lúa'
📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.
Horario: 11 de abril de 2010 12:30 Horario: 12 de abril de 2010 11:00 A compañía galega A Xanela do Maxín presenta este espectáculo, no que un gato viaxeiro coñece unha gatiña, chamada Lúa, con quen descobrerá os segredos da vida. Autoría: Celtia Figueiras Dirección: Luis Vallecillo Escenografía: Sergio David Perdiguero Son: Luis Vallecillo Iluminación: Luis Vallecillo Vestiario: A Xanela do Maxín Manipulación: Celtia Figueiras Unha proposta chea de tenrura e amor, na que os protagonistas, uns pequenos gatos, descubrirán que con comprensión, esforzo e moita ilusión se pode superar calquera dificultade. Para nenos e nenas a partir de 3 anos.
O home invisible
📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.
Horario : 18:00 Nesta longametraxe do ciclo Cine Cativo, dirixido aos máis pequenos, un superheroe adolescente utiliza os seus poderes para loitar contra un bandido obsesionado.
Inauguración da exposición 'In-gratas memórias'
📍 Gentalha do Pichel Centro Social O Pichel, Santa Clara 21.
Horario : 21:30 Exposición de obras pictóricas deste proxecto artístico creado en 1983 en Portugal por Paula Dacosta e Manuel António. Na inauguración haberá unha actuación musical a cargo de Siclo.
Super8
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
Horario: 20:30 A compañía luso-galega Voadora, con sede en Santiago de Compostela, coproduciu co Centro Dramático Galego esta peza sobre a memoria. Teatro, música en vivo, danza e maxia únense nun espectáculo onde os intérpretes se debaten entre a obsesión de recordar e a importancia de esquecer. Autoría: Voadora Dirección: Marta Pazos Asistente de dirección: Anabell Gago Apoio dramaturxia: Roberto Leal Colaboración dramaturxia: Natalia Outeiro Pajarito e Afonso Castro Espazo escénico: Sandra Varela Deseño de luces: Baltasar Patiño Música orixinal: Hugo Torres e Jose Díaz Elenco: Jose Díaz, Marta Pazos, Hugo Torres, Uxia P. Vaello e Sergio Zearreta Se os primeiros amores e os primeiros bicos seguen existindo só porque nós os lembramos, e de feito esta é a súa única existencia, entón todo o vivido vén ser unha novela en fase continua de corrección, un relato permanentemente reescrito. O mundo non existiría sen a memoria, en realidade, só existe a memoria. Non hai futuro, o presente pasa a ser memoria no instante seguinte, e un dos grandes descubrimentos deste século é o papel transcendental da memoria na configuración da nosa vida. A pegada que deixa no inconsciente unha experiencia individual en forma de recordo insírese no noso hardware. Por iso dicimos que estamos programados para ser únicos, e as nosas decisións van ser o resultado non só da xenética cerebral, senón das pegadas deixadas pola nosa experiencia individual. A memoria non é tan só un xigantesco almacén, senón un prodixioso disco duro, que nos dota de identidade e nos fai absolutamente únicos. En Super8 cuestiónase o papel da memoria e os seus mecanismos na nosa identidade. Voadora Con sede na cidade de Santiago de Compostela, a plataforma de creación Voadora xorde no verán de 2007 da vontade de potenciar a creación artística e o intercambio cultural entre creadores da área lusófona. A compañía pretende crear en cada proxecto un espazo activo de traballo onde os artistas poidan crear, investigar, reflexionar e debater sobre temas de carácter universal buscando nexos comúns xeracionais, estéticos, emocionais e artísticos, avogando por un achegamento -ao que eles se refiren como 'so far so close'- entre Galicia e Portugal. Voadora acolle propostas que utilizan a multidisciplinariedade de linguaxes e conxugan as diferentes sensibilidades da paisaxe escénica actual. O equipo formado por mozos creadores de diferentes disciplinas artísticas traballa na xestación de proxectos escénicos baseados na experimentación, o xogo e a busca de novas linguaxes. O seu primeiro espectáculo PeriFeria (2008), acadou o apoio do CDG e da AGADIC, así como unha residencia artística en Novo Ciclo-Teatro Acert de Tondela (Portugal). No ano europeo do diálogo intercultural, a fundación Euro-Mediterranea Anna Lindh escolleu o espectáculo como unha das '1001 Actions for Dialogue'.